Saltar ao contido

Buggles

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
OrixeWimbledon, Londres, Reino Unido
Período1977 - 1981
Xénero(s)New Wave, synthpop
Selo(s) discográfico(s)Island Records
MembrosGeoff Downes
Trevor Horn
Bruce Woolley
Na rede
Youtube: UC1xoifAuG0cayraGGNM2HTw Spotify: 057gc1fxmJ2vkctjQJ7Tal iTunes: 1534861 Last fm: The+Buggles Musicbrainz: 20278bbd-271a-4a1c-b6fd-43a13d43203d Songkick: 499536 Discogs: 41326 Allmusic: mn0000629417 Deezer: 149264 Editar o valor en Wikidata

Buggles foi unha banda de música pop/rock formada en 1977 por Geoff Downes (percusións, teclados) Trevor Horn (baixo, guitarra, percusións, voces) e Bruce Woolley. Antes do seu primeiro disco Wooley deixou a banda para formar Camera Club xunto con Thomas Dolby e Hans Zimmer.

Biografía

[editar | editar a fonte]

Buggles saltaron á fama co seu primeiro sinxelo publicado a finais de 1979: Video Killed the Radio Star, que chegou a estar no primeiro posto nas listas do Reino Unido. O valor novedoso da canción conduciunos a ser percibidos como unha banda dun só éxito: Co sinxelo The Plastic Age acadaron o número 16, pero o éxito foi suficiente para lanzar a ambos membros a carreiras exitosas. O videoclip da canción, dirixido por Russell Mulcahy, foi o primeiro emitido pola cadena MTV, o 1 de agosto de 1981. Esta canción tamén existe como unha gravación de Camera Club. A canción aparece no primeiro álbum do grupo, The Age of Plastic (1980)

Despois Horn e Downes comezaron a traballar nun segundo proxecto, co grupo Yes, que perderan ó vocalista Jon Anderson e ó tecladista Rick Wakeman.

Coa ruptura de Yes a principios de 1981, o traballo continuou co segundo álbum de Buggles, pero Downes axiña deixou ó grupo (uníndose á banda Asia co seu compañeiro Steve Hove). Horn continuou traballando no segundo álbum, Adventures in Modern Recording, con novos músicos. Este álbum incluíu a canción I am a Camera, unha versión alternativa de Into the Lens do disco de Yes Drama.

O son da banda estivo caracterizado por unha calidade sintética coa tecnoloxía como principal tema das súas cancións. Horn declarou que escolleu o nome "Buggles" para a súa banda porque "foi o nome máis repelente no que pensei naquel tempo".

Buggles nunca saíron de xira, sendo unha creación de estudio. Fixeron algunha actuación co propósito de promocionar o segundo álbum.

Discografía

[editar | editar a fonte]
  • "Video Killed the Radio Star" (1979) #1
  • "The Age Of Plastic" (1980) #16
  • "Clean Clean" (1980) #38
  • "Elstree" (1980) #55
  • "Adventures In Modern Recording" (1981)

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]