Brother Bear 2
Brother Bear 2 | |
---|---|
Ficha técnica | |
Título orixinal | Brother Bear 2 |
Director | Ben Gluck |
Produtor | Carolyn Bates Jim Ballantine |
Guión | Rich Burns |
Intérpretes |
|
Música | |
Estudio | DisneyToon Studios[1] |
Distribuidora | Walt Disney Home Entertainment |
Estrea | 29 de agosto de 2006 |
Duración | 73 minutos[1] |
Orixe | Estados Unidos[1] |
Xénero | Musical e fantasía |
Filme seguinte | Brother Bear |
Na rede | |
http://movies.disney.com/brother-bear-2 | |
Brother Bear 2 é un filme estadounidense de 2006 dirixido por Ben Gluck e é a secuela de Brother Bear. Estreouse o 29 de maio de 2006. Melissa Etheridge contribuíu con tres cancións ao filme. A historia continúa as aventuras dos irmáns osos Kenai e Koda. Mentres que o primeiro filme trataba da relación de Kenai con Koda, este céntrase máis no seu vínculo cunha moza humana do seu pasado, Nita.
Só cinco dos personaxes orixinais regresan para a secuela (excluíndo Denahi): Kenai, Koda, Rutt, Tuke e Tug, xa que Jason Raize morreu o 3 de febreiro de 2004.[2] Só catro deses actores repetiron os seus papeis orixinais: Jeremy Suarez, Rick Moranis, Dave Thomas e Michael Clarke Duncan. Jason Marsden, que participou no primeiro tráiler, anunciouse orixinalmente para darlle voz a Kenai, mais finalmente foi Patrick Dempsey quen fixo a voz do personaxe. Porén, os créditos finais aínda sinalan a Marsden como unha das voces adicionais.[3]
Personaxes
[editar | editar a fonte]- Patrick Dempsey como Kenai
- Jack Weber como Kenai de neno
- Jeremy Suarez como Koda
- Mandy Moore como Nita
- Michaela Jill Murphy como Nita de nena
- Rick Moranis como Rutt
- Dave Thomas como Tuke
- Michael Clarke Duncan como Tug
- Andrea Martin como Anda
- Jeff Bennett como Atka
- Catherine O'Hara como Kata
- Wanda Sykes como Innoko
- Wendie Malick como Siqiniq
- Kathy Najimy como Taqqiq
- Tress MacNeille como Hoonah
- Jim Cummings como Bering e Chilkoot
Produción
[editar | editar a fonte]O filme foi producido por DisneyToon Studios,[4] Disney Animation Australia[5] e Project Firefly, unha empresa de animación fundada por antigos empregados de Disney Feature Animation Florida.[6]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ 1,0 1,1 1,2 "Brother Bear 2 (2006)". Allmovie. Consultado o 18 de maio de 2020.
- ↑ Sutton, Candace (15 de febreiro de 2004). "Mystery over stage star's death in bush". www.smh.com.au. The Sydney Morning Herald. Consultado o 30 de novembro de 2016.
- ↑ Modelo:"-'Brother Bear' DVD Press Release". Walt Disney Home Entertainment. 26 de maio de 2006. Consultado o 27 de maio de 2006
- ↑ Baisley, Sarah (21 de xuño de 2007). "Disneytoon Studios Prexy Morrill Steps Down". Animation World Network. Consultado o 19 de abril de 2012.
- ↑ "Disney to axe Sydney studio". The Sydney Morning Herald (Fairfax Media). 26 de xullo de 2005. Consultado o 12 de marzo de 2013.
- ↑ Moore, Roger (31 de xaneiro de 2006). "Drawn to the light". Orlando Sentinel (en inglés) (Tribune Publishing). Arquivado dende o orixinal o 25 de novembro de 2014. Consultado o 6 de marzo de 2018.