Saltar ao contido

Boris Diaw

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaBoris Diaw

(2011) Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento16 de abril de 1982 Editar o valor en Wikidata (42 anos)
Cormeilles-en-Parisis, Francia Editar o valor en Wikidata
ResidenciaCormeilles-en-Parisis Editar o valor en Wikidata
EducaciónINSEP (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Altura203 cm Editar o valor en Wikidata
Peso113 kg Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónbaloncestista Editar o valor en Wikidata
Período de actividade2001 Editar o valor en Wikidata - 2018 Editar o valor en Wikidata
Deportebaloncesto Editar o valor en Wikidata
LigaNational Basketball Association Editar o valor en Wikidata
Posición de xogoAla-pivote, Pivote, Ala, Escolta e Base Editar o valor en Wikidata
Convocado porAtlanta Hawks Editar o valor en Wikidata
Traxectoria Editar o valor en Wikidata
  Equipo Número de partidos xogados Puntos/goles/tantos anotados
Élan Béarnais Pau-Orthez
JSA Bordeaux Basket
2003–2005 Atlanta Hawks (Escolta)
2005–2008 Phoenix Suns (Ala-pivote)
2008–2012 Charlotte Hornets (Ala-pivote)
2012– San Antonio Spurs (Ala-pivote, Pivote)
Participou en
2017Campionato europeo de baloncesto de 2017
2016Xogos Olímpicos de 2016
2015Campionato europeo de baloncesto de 2015
2014Campionato do Mundo de Baloncesto de 2014
2013Campionato Europeo de Baloncesto Masculino de 2013
2012Xogos Olímpicos de 2012
2011Campionato europeo de baloncesto de 2011
2010Campionato do Mundo de Baloncesto de 2010
2009Campionato europeo de baloncesto de 2009
2007Campionato europeo de baloncesto de 2007
2006Campionato mundial de baloncesto de 2006
2005Campionato europeo de baloncesto de 2005
2003Campionato europeo de baloncesto de 2003 Editar o valor en Wikidata
Familia
NaiÉlisabeth Riffiod Editar o valor en Wikidata
IrmánsMartin Diaw Editar o valor en Wikidata
Premios

Twitter: theborisdiaw Olympic.org: boris-diaw Editar o valor en Wikidata

Boris Babacar Diaw-Riffiod, habitualmente coñecido como Boris Diaw, nado o 16 de abril de 1982 en Cormeilles-en-Parisis (Val do Oise, Illa de Francia), é un xogador profesional francés de baloncesto que actualmente xoga para o Levallois Metropolitans da LNB Pro A. Gañou o título de campión da NBA en 2014 cos San Antonio Spurs. Tras xogar no Pau-Orthez da Ligue Nationale de Basketball, foi seleccionado no Draft da NBA de 2003 polos Atlanta Hawks no posto 21. Na temporada 2005-06 recibiu o premio ao Xogador máis mellorado da NBA. Cunha altura de 2,03 metros xoga nas posicións ala-pivote e pivote.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Nado na vila de Cormeilles-en-Parisis, no departamento francés do Val do Oise, na Illa de Francia, Diaw é fillo de Élisabeth Riffiod, considerada como unha das mellores pivotes da historia do baloncesto feminino francés. O seu pai, Issa Diaw, era saltador de altura durante a súa mocidade para despois traballar como avogado no Senegal, o seu país de orixe. Foi Élisabeth quen se encargou de criar tanto a el como ao seu irmán Martin en Francia como nai solteira.[1] O seu irmán, Martin Diaw, xoga ao baloncesto en Francia, na Pro B, e Paco, o seu medio irmán, nado no Senegal, é membro do equipo de Georgia Tech. Boris comezou a xogar o baloncesto de alto nivel no Centro Fédéral (antigamente INSEP), unha escola de novos talentos.

Boris Diaw comezou a xogar profesionalmente ao baloncesto no Pau-Orthez da Ligue National de Basketball en 2001, equipo no que estivo até 2003. Na súa estancia alí logrou gañar dúas Ligas e dúas Copas, acompañado de xogadores como os irmáns Flórent e Mickaël Piétrus. Foi nomeado debutante do ano e participou no concurso de mates do All Star francés. Deixou a liga en 2003, sendo o francés máis destacado, para presentarse ao Draft da NBA. En global, fixo unha media de 6,3 puntos, 4,2 rebotes e 2,3 asistencias nos 93 partidos que disputou.

Diaw foi elixido no vixésimo primeiro posto da primeira rolda do Draft da NBA de 2003 polos Atlanta Hawks. Alí pasou as súas dúas primeiras tempadas no baloncesto profesional estadounidense, onde deixou mostras da súa facilidade para colaborar en todos os apartados estatísticos do xogo. Na súa primeira campaña fixo unha media de 4,5 puntos, 4,5 rebotes e 2,4 asistencias, xogando 25,3 minutos. Con todo, na temporada 2004-05 disputou só 18,3 minutos de media, nos que, obviamente, baixou as súas prestacións, aínda que mellorando en puntos: 4,8 puntos, 2,6 rebotes e 2,3 asistencias.

Os Phoenix Suns, conscientes do seu potencial, fixéronse con Diaw a cambio de por entón un dos seus mellores xogadores, Joe Johnson, e dúas futuras primeiras roldas do Draft. No equipo de Arizona, Diaw explotou grazas, principalmente, á lesión de Amar'e Stoudemire. Converteuse así nun xogador cunha facilidade infrecuente para un home do seu tamaño para moverse en torno ao triplo-dobre, e cunha versatilidade que lle permitiu xogar de ala, ala-pivote e pivote. Debido a esa circunstancia gañouse o alcume de "3D", no que tamén tiña que ver o seu número 3. Naquela temporada 2005-06 Diaw fixo unha media de 13,3 puntos, 6,9 rebotes, 6,2 asistencias e 1,05 tapóns por partido, mellorando ostensiblemente o seu rendemento en playoffs con 18,7 puntos, 6,7 rebotes, 5,2 asistencias e 1,1 tapóns. Fronte a Dallas Mavericks no primeiro partido da Final de Conferencia, Diaw logrou o seu récord persoal en anotación con 34 puntos, ademais de dar a canastra gañadora aos Suns. Con todo, o equipo non puido pasar ás Finais. Diaw asinou o seu primeiro triplo-dobre ese ano, o 31 de xaneiro de 2006, na vitoria ante os Philadelphia 76ers con 14 puntos, 11 rebotes e 13 asistencias, converténdose no primeiro francés da NBA en logralo. Esa mesma tempada lograría 4 máis. Debido a esta mellora, levaría o premio de Xogador máis mellorado da NBA.

Durante o verán de 2006, Diaw liderou á selección francesa de baloncesto no Mundial do Xapón 2006 en ausencia de Tony Parker, anotando 107 puntos e 22 asistencias en 9 partidos. O equipo quedou en cuartos de final, onde caeu derrotado por Grecia. Ao ano seguinte, coa volta de Amar'e Stoudemire, Diaw perdeu protagonismo e non puido repetir unha tempada igual que a anterior, quedándose en 9,7 puntos, 4,3 rebotes e 4,8 asistencias nunha tempada con moitos altibaixos. O equipo quedou en semifinais de Conferencia, onde foron derrotados por San Antonio Spurs.

O 10 de decembro de 2008, Diaw foi traspasado xunto a Raja Bell e Sean Singletary aos Charlotte Bobcats a cambio de Jason Richardson, Jared Dudley e unha segunda rolda de draft de 2010. Alí permanece até o ano 2012, destcando a súa primeira temporada onde fixo unha media de 15,1 puntos por partido. Esta estancia nos Bobcats viuse interrompida o 28 de setembro de 2011 polo paro da NBA, asinando co JSA Bordeaux da segunda división francesa. En decembro de 2011, trala reanudación do campionato regresou cos Bobcats. O 21 de marzo de 2012, Diaw foi descartado polos polo equipo de Carolina do Norte, asinando dous días máis tarde cos San Antonio Spurs polo resto da temporada. Tras acabar o ano, o 12 de xullo , renova co equipo texano cun contrato de 2 anos e 9,2 millóns do dólares. O 15 de xuño de 2014, Diaw gañou o seu primeiro anel da NBA despois de que os Spurs derrotaron aos Miami Heat 4-1 nas Finais de 2014. En setembro de 2014, Diaw renova de novo o seu contrato cos Spurs por tres tempadas e 22 millóns.

  1. Robbins, Liz (13 de maio de 2007). "Thanks for Everything, Mom (the Jumper, Too)". New York Times (en inglés). Consultado o 29 de abril de 2015. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]