Saltar ao contido

Bobby Morrow

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaBobby Morrow

(1956) Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento15 de outubro de 1935 Editar o valor en Wikidata
Harlingen, Estados Unidos de América (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Morte30 de maio de 2020 Editar o valor en Wikidata (84 anos)
San Benito, Estados Unidos de América (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Causa da mortemorte natural Editar o valor en Wikidata
EducaciónAbilene Christian University (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Altura186 cm Editar o valor en Wikidata
Peso75 kg Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónvelocista (–1959), atleta (–1959), labrego, marceneiro (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Nacionalidade deportivaEstados Unidos de América Editar o valor en Wikidata
Deporteatletismo Editar o valor en Wikidata
Disciplina deportivaLanzamento de peso Editar o valor en Wikidata
Participou en
26 de novembro de 1956Atletismo nos Jogos Olímpicos de Verão de 1956 - 200 m masculino (pt) Traducir (1º) (medalla de ouro olímpica)
1956Atletismo nos Jogos Olímpicos de Verão de 1956 - 100 m masculino (pt) Traducir (1º) (medalla de ouro olímpica)
1956Atletismo nos Jogos Olímpicos de Verão de 1956 - 4 x 100 m estafetas masculino (pt) Traducir  (medalla de ouro olímpica) Editar o valor en Wikidata
Premios

Descrito pola fonteBobby Morrow, Who Ran to Stardom at the 1956 Olympics, Dies at 84 (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
IAAF: 14343423 Olympic.org: bobby-morrow Editar o valor en Wikidata

Bobby Joe Morrow, nado en Harligen (Texas) o 15 de outubro de 1935 e finado en San Benito o 30 de maio de 2020,[1] foi un velocista estadounidense que gañou tres medallas de ouro nos Xogos Olímpicos de 1956. Foi chamado o "velocista dominante da década de 1950" e "o velocista máis relaxado de todos os tempos, mesmo máis có seu heroe Jesse Owens".[2]

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Bobby Morrow naceu en Harlingen, Texas,[3] e creceu nunha granxa de San Benito, Texas. Antes de converterse en velocista, Morrow xogou ao fútbol americano no San Benito High School. Morrow tamén foi velocista na Universidade Cristiá de Abilene e membro do club masculino Frater Sodalis.

Morrow gañou o título das cen iardas da AAU en 1955. A súa tempada de máis éxito foi en 1956, cando foi escollido por Sports Illustrated como "Deportista do Ano". Morrow gañou o dobre sprint nos campionatos nacionais universitarios e defendeu o seu título da AAU. Participou entón nos Xogos Olímpicos de Melbourne, onde gañou tres medallas de ouro e foi o líder do equipo estadounidense de velocidade. Primeiro venceu nos 100 metros lisos e logo nos 200 metros, igualando o récord mundial da distancia con 20.6 segundos. Gañou o terceiro ouro co equipo de remudas 4×100, que tamén estableceu un récord do mundo.[3][4]

Morrow acadou gran sona tras gañar as tres medallas e apareceu nas portadas das revistas Life e SPORT, ademais de Sports Illustrated. Apareceu en The Ed Sullivan Show e Arthur Godfrey and His Friends, e presidiu unha sesión conxunta da lexislatura de Texas.[5]

O éxito de Morrow a nivel nacional continuou despois dos Xogos, mais retirouse en 1958 para converterse en granxeiro e ebanista. Fixo unha breve volta antes dos Xogos Olímpicos de 1960, mais non foi quen de clasificarse para o equipo olímpico.

En outubro de 2006, o San Benito High School nomeou a súa nova instalación deportiva de 11 000 asentos como Bobby Morrow Stadium.[6] Foi incluído no National Track and Field Hall of Fame en 1989[7] e no Texas Track and Field Coaches Hall of Fame en 2016.[8]

Vida persoal

[editar | editar a fonte]

Morrow casou con Jo Ann Strickland, que coñeceu no instituto,[9] no que describiu coma un "matrimonio de conto de fadas".[10] Instaláronse en Odessa e despois en Houston, onde recomezou a carreira na banca que deixara de lado para adestrar para os Xogos Olímpicos de 1960. Divorciáronse arredor de 1968.[10] Posteriormente mudouse a Ohio, onde coñeceu e casou con Judy.[10]

  1. Former ACU track star, Olympic gold medal winner Bobby Joe Morrow dies
  2. Sears, Edward Seldon (2001). Running Through the Ages (en inglés). Jefferson, North Carolina: McFarland & Company. pp. 236–238. ISBN 9780786409716. 
  3. 3,0 3,1 Bobby Morrow Arquivado 06 de febreiro de 2009 en Wayback Machine.. sports-reference.com
  4. Bobby Morrow. trackfield.brinkster.net
  5. Martin, William (agosto de 1984). "The Fastest Nice Christian Boy in the World: Then Bobby Morrow Lost His Speed and He Began to Have Certain Doubts". Texas Monthly (Austin, Texas). pp. 114–201. [Ligazón morta]
  6. Bobby Morrow Stadium – San Benito, Texas. Texasbob.com (14 de abril de 2013). Consultado o 21 de agosto de 2017.
  7. Bobby Morrow Arquivado 17 de setembro de 2018 en Wayback Machine.. USATF Hall of Fame
  8. Inductees – Name, Category, Year Arquivado 16 de xaneiro de 2017 en Wayback Machine.. TX TF Hall of Fame.
  9. "Bioperse: Bobby Morrow". SI.com (1 ed.). Sports Illustrated. 2 de xullo de 1956. p. 59. Arquivado dende o orixinal o 31 de maio de 2020. Consultado o 30 de maio de 2020. 
  10. 10,0 10,1 10,2 Martin, William (agosto de 1984). "The Fastest Nice Christian Boy in the World". Texas Monthly. Consultado o 30 de maio de 2020. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]