Bisaltes
Aparencia
Na mitoloxía grega, Bisaltes foi un rei de Tracia, epónimo dos Bisaltes, habitantes da rexión de Bisaltia, rexión histórica da antiga Grecia, pertencente ó Reino de Macedonia.
Era fillo de Helios, o Sol, e Xea, a Terra. E tiña unha filla, Teófane.
Poseidón namorouse dela e levouna a unha illa, Crumisa, para afastala dos outros pretendentes que a solicitaban. Para que estes non a atoparan, converteuse en carneiro e transformou a Teófane en ovella. Nesta forma, copulou con ela e enxendrou un carneiro con pel de ouro. Deste carneiro sacaron a pel que se coñecería despois como o vélaro de ouro, obxectivo da expedición dos Argonautas.
"Tamén a ti, Neptuno, cambiado en torvo xovenco, púxote xunto á doncela eolia..., como carneiro enganas á bisáltide...".(Ovidio: Metamorfosis VI, 115-117)
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Grimal, Pierre (1981). Diccionario de mitología griega y romana. Paidós. ISBN 9788449324574. (en castelán)
- Hixino (2009). Fábulas mitológicas. Alianza Editorial. ISBN 9788420650722. (en castelán)
- Ovidio (2015 (reimpr. 2017)). Metamorfosis. Tradución de Antonio Ramírez de Verger. Alianza Editorial. ISBN 9788420697208. (en castelán)