Saltar ao contido

Bilurico maculado

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Bilurico maculado

Bilurico maculado.


Son do bilurico maculado.

Estado de conservación
Pouco preocupante (LC)
Pouco preocupante[1]
Clasificación científica
Reino: Animalia
Filo: Chordata
Clase: Aves
Orde: Charadriiformes
Familia: Scolopacidae
Xénero: Actitis
Especie: A. macularius
Nome binomial
'Actitis macularius'
(Linnaeus, 1766)
Sinonimia

Tringa macularia (Linnaeus, 1766)
Actitis macularia orth. err.

O bilurico maculado[2] (Actitis macularius) é unha ave de ribeira que cría en Norteamérica. Aparece esporadicamente como divagante en Europa. Co bilurico bailón, especie europea moi próxima coa que pode hibridar nas ocasións excepcionais nas que individuos illados dunha especie se atopan cos da outra, forma o xénero Actitis.

Nome científico

[editar | editar a fonte]

O seu nome científico orixinal era Tringa macularia[3]. Cando se lle mudou o xénero a Actitis, algúns autores conservaron o adxectivo na súa forma feminina (Actitis macularia), sen ter en conta que o correcto sería co xénero masculino de Actitis, polo que o correcto sería Actitis macularius. Outros autores incluíron a especie nos xéneros Tringoides, Totanus, e mesmo Actites ou Aetitis (orth. errs.)[4].

Descrición

[editar | editar a fonte]

Os adultos teñen as patas, máis axiña curtas, de cor amarelada e o bico laranxa coa punta negra. O corpo é castaño pola parte superior e branco con manchas negras por embaixo. Os exemplares adultos fora da época de cría non teñen manchas negras na parte inferior, e son moi semellantes ós do bilurico bailón, dos que se diferencian polo debuxo das ás, visible cando voan, que é menos definido, e pola cor das patas, que na especie europea son. As especies do xénero Acititis teñen un xeito característico de voar, a pouca distancia da tona da auga.

Distribución

[editar | editar a fonte]

Á súa zona de cría está situada en zonas preto de augas doces na maior parte do Canadá e nos Estados Unidos. Pasan o inverno no sur dos estados Unidos e en Suramérica. Coma a especie irmá non son aves gregarias e é raro velos formar grandes bandos.

Os biluricos maculados aliméntanse na auga ou na terra, localizando as presas pola vista e apañándoas co bico. Comen insectos (que en ocasións capturan en voo), pequenos crustáceos e outros invertebrados. Mentres se alimentan poden identificarse polos seus movementos característicos da cabeza, unha especie de reverencias, e polo aspecto bailópn do corpo.

As femias poden aparellarse con máis dun macho, ocupándose estes da incubación dos ovos.

Galería de imaxes

[editar | editar a fonte]

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]