Bilbo's Last Song
Bilbo's Last Song | |
---|---|
Título orixinal | Bilbo's Last Song |
Autor/a | J. R. R. Tolkien |
Ilustrador/a | Pauline Baynes |
Cuberta | Pauline Baynes |
Orixe | Reino Unido |
Lingua | Inglés |
Xénero(s) | Poesía |
Editorial | Houghton Mifflin Harcourt |
Data de pub. | 1974 como póster, 1990 como libro |
[ editar datos en Wikidata ] |
Bilbo's Last Song (at the Grey Havens) é un poema de J. R. R. Tolkien, escrito como parte da súa fantasía O Señor dos Aneis. Foi publicada orixinalmente na súa tradución neerlandesa no ano 1973, e posteriormente apareceu en carteis en inglés en 1974 e como libro de ilustracións en 1990. Foi ilustrado por Pauline Baynes, e con música composta por Donald Swann e Stephen Oliver. Os dereitos do poema eran propiedade da secretaria de Tolkien, a quen llos deu como agradecemento polo seu traballo.
Contido
[editar | editar a fonte]Sinopse
[editar | editar a fonte]O poema está escrito como se fose unha canción cantada polo hobbit Bilbo Bulseiro, portador do Anel Único, nos Portos Grises, xusto antes de embarcar cara ás Terras Imperecedoiras abandonando a Terra Media para sempre. Dentro da historia narrada polas obras de Tolkien, situaríase cronoloxicamente ao final do Regreso do Rei, último tomo do Señor dos Aneis, obra da que adoita considerarse un epílogo,[1] aínda que foi escrito por Tolkien moito máis tarde que esta novela, e nunca se incluíu nela.
Temática
[editar | editar a fonte]A canción expresa tanto o desexo do personaxe por embarcarse cara a esta última aventura, como a nostalxia polos amigos que quedan atrás.[1]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ 1,0 1,1 Tolkien 2010, nota de solapa
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]A Galipedia ten un portal sobre: Terra Media |
Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Tolkien, J. R. R. (outubro de 2010). La última canción de Bilbo. il. Pauline Baynes, trad. Manuel Mata. Barcelona: Minotauro. ISBN 978-84-450-7782-5.