Bernaldo de Lippe-Biesterfeld
Bernaldo de Lippe-Biesterfeld,[1][2] nado en Jena o 29 de xuño de 1911 e finado en Utrecht o 1 de decembro de 2004, foi príncipe dos Países Baixos dende o 6 de setembro de 1948 até o 30 de abril de 1980, como marido da raíña Xiana. Tiveron catro fillas xuntos, incluíndo Beatriz, quen foi raíña dos Países Baixos dende 1980 até 2013.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Bernhard pertencía á casa alemá de Lippe-Biesterfeld e era sobriño do último príncipe de Lippe soberano, Leopoldo IV. Dende o seu nacemento ocupou o título de Conde de Biesterfeld; o seu tío elevouno a rango principesco como Alteza Serenísima en 1916. Estudou dereito e traballou como secretario executivo na oficina de París da IG Farben. En 1937 casou coa princesa Xiana dos Países Baixos, e inmediatamente recibiu o título de Príncipe dos Países Baixos como Alteza Real. Tras o acceso da súa muller ao trono en 1948, converteuse en príncipe consorte.
Bernaldo foi un dos primeiros membros do Partido Nazi (NSDAP) e serviu como oficial no Schutzstaffel. Cambiou a súa lealdade política aos Aliados despois da invasión dos Países Baixos. Ata a súa morte, Bernaldo negou ser membro do NSDAP ou ter unha tarxeta de membro do NSDAP. Foi respectado pola súa actuación como piloto de combate e as súas actividades como oficial de enlace e axudante persoal da súa sogra, a raíña Guillermina, durante o conflito, e polo seu traballo durante a reconstrución da posguerra. Durante a guerra, formou parte do consello de planificación de guerra aliado con sede en Londres, e viu un servizo de combate activo limitado como comandante de á honorario na Forza Aérea Real (RAF), pilotando avións de combate e bombardeiros.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Xunta de Galicia (ed.). "Ímoslle chamar..." (PDF). Arquivado dende o orixinal (PDF) o 04 de marzo de 2018. Consultado o 13 de xuño de 2017.
- ↑ Boullón Agrelo, Ana Isabel (coord.): Guía de nomes galegos A Coruña: Real Academia Galega.
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Bernaldo de Lippe-Biesterfeld |