Bergen
Localización | |||||
---|---|---|---|---|---|
| |||||
Estado | Noruega | ||||
Condado | Vestland (pt) | ||||
Concello | Bergen | ||||
Capital de | Bergen Søndre Bergenhus amt (en) (1763–década de 1830) Bergen amt (en) (1831–1918) Bergen County (en) (1919–1971) Hordaland (pt) (1972–2019) Vestland (pt) (2020–) | ||||
Poboación | |||||
Poboación | 291.189 (2023) (3.340,47 hab./km²) | ||||
Lingua oficial | lingua norueguesa | ||||
Xeografía | |||||
Superficie | 87,17 km² | ||||
Altitude | 5 m | ||||
Creación | 1070 | ||||
Organización política | |||||
• Xefe do goberno | Marit Warncke (en) (2023–) | ||||
Membro de | |||||
Identificador descritivo | |||||
Código postal | 5003–5098 | ||||
Fuso horario | |||||
Outro | |||||
Irmandado con | Seattle Mombasa Aarhus Callao Lübeck Turku (1946–) Gotemburgo (municipio) (1946–) Rostock (1965–) Newcastle upon Tyne (1968–) | ||||
Sitio web | bergen.kommune.no |
Bergen é a segunda cidade máis grande de Noruega. A cidade atópase situada na costa suroeste do país, no condado de Hordaland, cuxo centro está situado entre un grupo de montañas coñecidas como de Syv Fjell ("As Sete Montañas"). A poboación da cidade era de 242.854 habitantes a 1 de abril de 2006, segundo o Instituto Nacional de Estatística de Noruega (Statistisk sentralbyrå).
Bergen está recoñecida como a capital non oficial da rexión coñecida como Noruega occidental, e é coñecida tamén como a porta aos coñecidos fiordes noruegueses e por iso comezou a ser a un dos máis grandes portos cruceirísticos non só de Noruega se non tamén do mundo.
Bergen é a cidade máis chuviosa de Escandinavia con 235 días de precipitación ao ano (2248 mm).
Historia
[editar | editar a fonte]A cidade de Bergen foi fundada no s.XI polo rei Olav Kyrre no ano 1070. Celebrou o seu 9º centenario en 1970. Foi a capital de Noruega no s.XIII ata 1299. A finais dese século Bergen converteuse nunha das cidades máis importantes da Liga Hanseática. A principal razón da importancia de Bergen foi o comercio do bacallau seco da costa norte de Noruega, comezado sobre o ano 1100.
Os mercadores haseáticos alemáns viviron no seu propio barrio separado da cidades, onde o baixo alemán era a lingua común, gozando de dereitos exclusivos para o comercio cos mariñeiros do norte que cada verán navegaban ata Bergen. Hoxe, aínda se pode apreciar na zona costeira de Bergen chamada Bryggen, declarada Patrimonio mundial pola UNESCO.
En 1349, a peste negra foi introducida en Noruega pola tripulación dun barco inglés que atracou en Bergen. No s.XV a cidade foi varias veces atacada polos Victual Brothers, en 1429 conseguiron queimar o castelo real e gran parte da cidade. En 1536 o rei conseguiu forzar os mercadores alemáns a converterse en cidadáns noruegueses ou volver ao seu país, o que supuxo o declive da influencia alemá. En 1665 o porto da cidade foi o lugar da sanguinolenta batalla de Vågen, entre barcos ingleses por un lado e os barcos holandeses, apoiados polos cidadáns, do outro.
Aínda así durante os ss. XV e XVI Bergen seguiu sendo a cidade máis grande dos países nórdicos, e seguiu sendo a cidade máis grande de Noruega ata 1850, cando foi superada por Oslo. Bergen conservou o monopolio do comercio co norte de Noruega ata 1789.
En 1916 partes do centro da cidade foron destruídas por un devastador incendio, o último de dos moitos que sufriu a cidade ao longo da súa dilatada historia. Durante a segunda guerra mundial a cidade foi ocupada o primeiro día da invasión alemá, o 9 de abril de 1940, despois dunha breve batalla entre os barcos alemáns e a artillaría costeira norueguesa.
En 1972, Bergen uniuse cos concellos veciños (Arna, Fana, Laksevåg e Åsane), adquirindo así as súas actuais fronteiras.
Galería de imaxes
[editar | editar a fonte]Predecesor: Weimar |
Capital Europea da cultura xunto con Aviñón Praga Boloña Bruxelas Cracovia Helsinqui Reiquiavik Santiago de Compostela 2000 |
Sucesor: Países Baixos Rotterdam Porto |
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Bergen |