Bend It Like Beckham
Bend It Like Beckham | |
---|---|
Ficha técnica | |
Título orixinal | Bend It Like Beckham |
Director | Gurinder Chadha |
Produtor | Gurinder Chadha Deepak Nayare |
Guión | Gurinder Chadha Guljit Bindra Paul Mayeda Berges |
Intérpretes | Parminder Nagra Jonathan Rhys Meyers Keira Knightley Archie Panjabi Shaznay Lewis Anupam Kher Preeya Kalidas |
Música | Craig Pruess |
Fotografía | Jong Lin |
Montaxe | Justin Krish |
Estudio | British Sky Broadcasting British Screen Productions Helkon Media AG |
Distribuidora | Redbus Film Distribution (RU) Fox Searchlight Pictures (USA) |
Estrea | 12 de abril de 2002 1 de agosto de 2003 |
Duración | 112 minutos |
Orixe | Reino Unido India Estados Unidos |
Xénero | Romance, drama |
Orzamento | $6.000.000 (estimado) |
Recadación | $76.583.333[1] |
Na rede | |
http://www.foxsearchlight.com/benditlikebeckham/ | |
Bend It Like Beckham é un filme dirixido por Gurinder Chadha que se estreou no 2002. Está protagonizado por Parminder Nagra, Keira Knightley, Jonathan Rhys Meyers, Anupam Kher, Shaznay Lewis e Archie Panjabi. O título do filme fai referencia ó xogador de fútbol David Beckham e á súa habilidade de marcar nos tiros de falta "dobrando" o balón sobre a barreira de defensa.
O filme conta a historia dunha moza de dezaoito anos de orixe punxabí en Londres. É unha apaixonada do fútbol pero os seus pais prohíbenlle xogar porque é unha rapaza.
Sinopse
[editar | editar a fonte]Os pais de Jess (Parminder Nagra) queren que sexa unha convencional rapaza india, pero ela só desexa xogar ó fútbol como David Beckham, a estrela do Manchester United. Un día, Jules (Keira Knightley), unha rapaza da súa idade, convídaa a unirse ó equipo feminino local. Os seus pais non entenden porqué xoga ó fútbol no canto de estudar Dereito. Ademais, a Jules e a Jess gústalles o mesmo rapaz, o seu adestrador Joe (Jonathan Rhys Meyers).
Personaxes
[editar | editar a fonte]- Parminder Nagra como Jesminder Kaur "Jess" Bhamra
- Keira Knightley como Juliette "Jules" Paxton
- Archie Panjabi como "Pinky" Bhamra
- Jonathan Rhys Meyers como Joe
- Shaznay Lewis como Marlena "Mel" Goines
- Anupam Kher como Mohaan Singh Bhamra
- Shaheen Khan como Mrs. Bhamra
- Juliet Stevenson como Paula Paxton
- Frank Harper como Alan Paxton
- Ameet Chana como Tony
- Kulvinder Ghir como Teetu
- Pooja Shah como Meena
- Preeya Kalidas como Monica
- Trey Farley como Taz
- Saraj Chaudhry como Sonny
- Paven Virk como Bubbly
- Nithin Sathya como Waiter
- Emma Daly como Xogadora do equipo
Galardóns e nomeamentos
[editar | editar a fonte]Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "Bend It Like Beckham (2002)". Box Office Mojo. IMDb. Consultado o 26 de setembro de 2014.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Bend It Like Beckham na IMDb (en inglés).
- Ficha en AllMovie (en inglés)
- Ficha en BoxOfficeMojo (en inglés)
- Ficha en RottenTomatoes (en inglés)
- Filmes de 2002
- Filmes en lingua inglesa
- Filmes en lingua hindi
- Filmes en lingua punjabi
- Filmes en lingua alemá
- Filmes do Reino Unido
- Filmes da India
- Filmes dos Estados Unidos de América
- Filmes dirixidos por Gurinder Chadha
- Filmes de Fox Searchlight Pictures
- Filmes independentes do Reino Unido
- Filmes sobre inmigración
- Filmes sobre temática LGBT dos Estados Unidos de América