Saltar ao contido

Batalla de Jena

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Napoleón revisando a Garda Imperial.
Avance dos dragóns franceses.

A batalla de Jena librouse o 14 de outubro de 1806 en Jena, Turinxia (actual Alemaña), e enfrontou o exército francés, baixo o mando de Napoleón contra o segundo exército prusiano comandado por Frederico Guillerme III de Prusia.

Esta batalla, xunto á batalla de Auerstädt, significou a derrota de Prusia a súa saída das guerras napoleónicas até 1813.

Desenvolvemento da batalla

[editar | editar a fonte]

A vangarda do exército francés chegou a Jena a últimas horas do 13 de outubro ás ordes do mariscal Jean Lannes, uníndose posteriormente a forza do Emperador, o que resultou nun exército de máis de 100 000 homes. Fronte a eles, os prusianos reuniron a uns 70 000 homes ao mando do Príncipe Friedrich Hohenloe.[1][2]

A batalla desencadeose por unha carga incontrolada do Mariscal Michel Ney, que se lanzou contra os prusianos, tendo que ser rescatado pola cabalaría francesa antes de que fora completamente aniquilado. O posterior avance do groso do exército francés, coa cabalaría ao mando de Joachim Murat, foi nese momento, ao redor das 13:00 horas, cando Napoleón decidiu dar o paso decisivo. Ordenou ao seus flancos que empuxaran con forza e intentaran atravesar os flancos prusianos e rodear ao exército central principal, mentres o centro francés intentaba esmagar ao centro prusiano. Os ataques polos flancos resultaron ser un éxito. Cos flancos rotos, o exército prusiano viuse obrigado a retirarse e Napoleón gañou outra batalla.[1]

En total, o exército prusiano perdeu 10 000 homes mortos ou feridos, tomou 15 000 prisioneiros de guerra e 150 canóns.[1], a mesmo tempo estaba sendo fortemente acosado polo Mariscal Davout na Batalla de Auerstädt.

Tras o combate principal, o exército francés avanzou, xa practicamente sen resistencia, tomando as cidades de Erfurt e, finalmente, Berlín, forzando o exilio da familia real prusiana.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]
  • Chandler, David G. (2009): The Campaigns of Napoleon. The mind and method of history's greatest soldier. Nova York: Simon and Schuster. ISBN 978-1-4391-3103-9.
  • Eggenberger, David (2012): An Encyclopedia of Battles: Accounts of Over 1,560 Battles from 1479 B.C. to the Present. Chelmsford, Massachusetts: Courier Corporation. ISBN 978-0-4861-4201-2.
  • Henri Houssaye (2006): Iéna, et la campagne de 1806. París: Bernard Giovanangeli Éditeur. ISBN 978-2-9090-3491-1.
  • Robert Ouvrard (2006): Iéna avec Napoléon: La campagne de Prusse par ceux qui l'ont vécue. Lausanne, Suíza: Histoire et voyages. ISBN 978-2-8463-0033-9.

Outros artigos

[editar | editar a fonte]