Bandeira de Libia
Bandeira de Libia | |
---|---|
Características | |
Uso | |
Proporción | 1:2 |
Adopción | 3 de agosto de 2011 |
Cores | Vermello Negro Verde Branco |
A bandeira de Libia (en árabe: علم ليبيا, en bérber: Acenyal n Libya) é o estandarte empregado polo Consello Nacional de Transición e as forzas anti-Muammar al-Gaddafi durante a guerra civil libia de 2011, recoñecida pola declaración constitucional interina do Consello o 3 de agosto de 2011. É idéntica á bandeira do Reino de Libia, que existiu entre os anos 1951 e 1969.
Historia
[editar | editar a fonte]A primeira bandeira nacional de Libia foi adoptada no ano 1951, cando o país se independizou de Italia. Esta primeira tea estaba formada por tres franxas horizontais de cores vermello, negro e verde, coa segunda o dobre de alta que as outras dúas. No centro da bandeira aparecía a lúa crecente islámica cunha estrela. O seu deseño baséase na bandeira dos senussís, un movemento islámico que apareceu a mediados do século XIX. Durante as revoltas libias de 2011 continúan usando esta bandeira como símbolo da súa oposición ao réxime de Muammar al-Gaddafi.
Despois do golpe de estado de 1969, que oficializa a República Árabe de Libia, substitúese a bandeira anterior por unha nova formada por tres franxas horizontais e da mesma altura coas cores vermello, branco e negro, propios do panarabismo. No ano 1972, cando Libia únese á Federación de Repúblicas Árabes con Exipto e Siria, adopta como oficial a bandeira formada polas cores do panarabismo e engade unha aguia dourada ou de Qureish no centro, co nome en árabe da federación.
En 1977 Libia abandone a unión e oficializa unha bandeira deseñada por Muammar al-Gaddafi. O verde reflectía o predominio da relixión do islam, sendo tamén a cor nacional oficial do estado durante eses anos. Consistía nun campo verde, sendo no seu momento a única bandeira nacional dunha soa cor e sen ningún tipo de deseño, escudo, ou calquera outro detalle.
Outras bandeiras
[editar | editar a fonte]-
Naval 2011-