Baeza
Localización | |||||
---|---|---|---|---|---|
| |||||
Estado | España | ||||
Comunidade autónoma | Andalucía | ||||
Provincia | Provincia de Xaén | ||||
Capital de | |||||
Capital | Baeza (en) | ||||
Poboación | |||||
Poboación | 15.723 (2023) (80,96 hab./km²) | ||||
Xeografía | |||||
Parte de | |||||
Superficie | 194,2 km² | ||||
Altitude | 769 m | ||||
Comparte fronteira con | |||||
Organización política | |||||
• Alcaldesa | Lola Marín Torres (2015–) | ||||
Membro de | |||||
Identificador descritivo | |||||
Código postal | 23440 | ||||
Fuso horario | |||||
Código INE | 23009 | ||||
Outro | |||||
Irmandado con | |||||
Sitio web | baeza.net |
Baeza é unha vila andaluza pertencente á provincia de Xaén. En 2008 tiña 16 197 habitantes. É coñecida polo seu legado monumental, sendo declarada, xunto a Úbeda, cidade Patrimonio da humanidade pola Unesco e ser unha das tres sedes da Universidade Internacional de Andalucía.
Historia e características
[editar | editar a fonte]Coñecida no romancero popular como Nido Real de Gavilanes, foi un punto clave na conquista de Al-Andalus polos reis cristiáns, ao servir de atalaia sobre o río Guadalquivir. A súa posesión asegurou as costas castelás e a ameaza para os reinos que estaban na ribeira esquerda do Gran Río.
Tanta importancia tivo a súa conquista, (1227), que o rei Fernando III decide que a partir dese momento a bandeira real, que logo sería a española, teña sobre si a aspa ou cruz de Santo André, pois atribúe ao apóstolo e á súa intercesión a milagrosa conquista. E durante séculos, ata Carlos III, será o símbolo distintivo das bandeiras españolas, e aínda hoxe o rei Xoán Carlos apoia todo o seu escudo na Cruz de Santo André, en cuxa festividade, 30 de novembro se conquistara a cidade de Baeza. Tres séculos despois a raíña Isabel I, medorenta de que a nobreza lle discutise o seu poder, mandou derrubar o seu Alcázar, do que só queda algún resto.
Galería
[editar | editar a fonte]-
Palacio de Jabalquinto
-
Igrexa dla Santa Cruz
-
Igrexa de San Pablo
-
Fonte dos Leóns
-
Fonte de Santa María
-
Catedral
-
Concello
-
Claustro do Seminario do Concello, da sede Antonio Machado da Universidade Internacional de Andalucía
-
Santa María fonte e catedral de Baeza
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Baeza |
Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Páxina oficial (en castelán)