Saltar ao contido

BAE Systems

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
BAE Systems

Editar o valor en Wikidata
Tipocompañía pública limitada
Fundación30 de novembro de 1999
LocalizaciónLondres e Farnborough
Industriaaeroespacial, armamentística, seguridade
Na rede
https://www.baesystems.com
Facebook: baesystemsplc Twitter: baesystemsplc Youtube: UCs9HTncy2FLGgj00WY2k2JQ Editar o valor en Wikidata
editar datos en Wikidata ]

BAE Systems plc é unha compañía multinacional de defensa, seguridade e aeroespacial británica. A súa sede atópase en Londres e opera en todo o mundo. É o contratista de defensa máis grande de Europa[1] e está entre as máis grandes do mundo; foi clasificada como a terceira maior en función dos ingresos de 2017.[2][3] As súas principais operacións son no Reino Unido e nos Estados Unidos, onde a súa subsidiaria BAE Systems Inc. é un dos seis principais provedores do Departamento de Defensa estadounidense. Outros grandes mercados son Australia, India e Arabia Saudita, que xuntan ao redor do 20% das vendas totais de BAE.[4] É o fabricante máis grande do Reino Unido.[4] A compañía formouse o 30 de novembro de 1999 pola fusión de dúas empresas británicas: Marconi Electronic Systems (MES), a subsidiaria de General Electric Company plc (GEC) dedicada á electrónica de defensa e á construción naval, e British Aerospace (BAe), un fabricante de avións, munición e sistemas navais.

BAE Systems é a sucesora de varias compañías de fabricación de aeronaves, barcos, vehículos armados, armamento e electrónica de defensa, como Marconi Company, a primeira compañía comercial dedicada ao desenvolvemento e uso da radio; A.V. Roe and Company, unha das primeiras compañía do mundo de fabricación de aeronaves; de Havilland, fabricante do Comet, o primeiro reactor comercial do mundo; British Aircraft Corporation, cofabricante do Concorde; Supermarine, fabricante do Spitfire; Yarrow Shipbuilders, construtor dos primeiros destrutores da Royal Navy; Fairfield Shipbuilding and Engineering Company, pioneira no motor de expansión triplo e construtor do primeiro acoirazado do mundo; e Vickers Shipbuilding and Engineering, contrutor dos primeiros submarinos da Royal Navy. Dende a súa formación realizou varias compras, destacando as das compañías estadounidenses United Defense e Armor Holdings, e vendeu as súas accións en Airbus, Astrium, AMS e Atlas Elektronik.

BAE Systems está involucrada en varios grandes proxectos de defensa, incluído o Lockheed Martin F-35 Lightning II, o Eurofighter Typhoon, o submarino clase Astute e os portaavións clase Queen Elizabeth. BAE Systems está listada na bolsa de Londres e é un integrante do índice FTSE 100.

  1. "Top 10 Defence Companies: BAE Systems #3". Defence IQ (en inglés). 2013-06-12. Consultado o 2018-11-28. 
  2. Thompson, Loren. "BAE Systems, Third Biggest Global Military Contractor, Approaches Major Leadership Change". Forbes (en inglés). Consultado o 2018-11-28. 
  3. "Top 100 | Defense News, News about defense programs, business, and technology". people.defensenews.com. Consultado o 2018-11-28. 
  4. 4,0 4,1 "BAE Systems sheds 2,000 jobs in Britain". The Economist (en inglés). Consultado o 2018-11-28. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]