Saltar ao contido

Bárbara Latorre

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaBárbara Latorre

(2019) Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento14 de marzo de 1993 Editar o valor em Wikidata (31 anos)
Zaragoza, España Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
Altura163 cm Editar o valor em Wikidata
Peso54 kg Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónfutbolista Editar o valor em Wikidata
Período de actividade2011 Editar o valor em Wikidata -
LinguaLingua castelá Editar o valor em Wikidata
Deportefútbol Editar o valor em Wikidata
Posición de xogoDianteira Editar o valor em Wikidata
Traxectoria
  Equipo enllaç= enllaç=
2011-2013 Zaragoza Club Deportivo 60(33)
2013-2015 RCD Espanyol (fútbol feminino) 55(19)
2015-2019 FC Barcelona 95(28)
2019-2021 Real Sociedad 42(10)
2021- Club Atlético de Madrid Femenino 7(0) Editar o valor em Wikidata
  Selección nacional enllaç=
2016-   selección feminina de fútbol de España 22(1) Editar o valor em Wikidata

Facebook: barbara.latorrevinals Twitter: barbaralatorre7 UEFA: 250090560 Editar o valor em Wikidata

Bárbara Latorre Viñals, nada en Zaragoza o 14 de marzo de 1993, é unha futbolista española que xoga como dianteira no Deportivo da Coruña, da Primeira División. Anteriormente xogou no Prainsa Zaragoza, Real Sociedad, Espanyol, Barcelona, Atlético de Madrid, Roma e Levante.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Criada en Fabara, comezou a xogar ao fútbol sala nesta localidade zaragozana e máis tarde en Caspe. De aí deu o salto ao Zaragoza FS, co que chegou a xogar na Primeira División de Fútbol Sala.[1]

As súas habilidades goleadoras chamaron a atención do Prainsa Zaragoza, equipo de fútbol herba polo que fichou en 2011 para xogar no seu filial. Militou dous anos no club, subindo rapidamente ao primeiro equipo da Primeira División e na súa segunda tempada proclamouse subcampioa da Copa da Raíña, tras perder a final contra o Barcelona.[2]

En 2013 fichou polo Espanyol,[2] sendo na súa primeira campaña a máxima goleadora do equipo.

En 2015 fichou polo Barcelona. Na súa primeira campaña en Cataluña, a pesar de ser habitualmente suplente, anotou 12 goles e debutou na Liga de Campións.[3] O equipo foi subcampión de liga por detrás do Athletic Club, situación que se repetiu na 2016/17, na que Latorre contou con menos minutos. Con todo, tivo un papel importante na Copa da Raíña que conquistou o seu equipo, sendo a autora do único gol nos cuartos de final ante a Real Sociedad, posibilitando así o pase ás semifinais.

Militou dous anos máis no Barcelona, gañando unha nova Copa da Raíña e obtendo dous subcampionatos de liga máis.

A continuación xogou dúas campañas na Real Sociedad e outras dúas no Atlético de Madrid, sufrindo neste último equipo unha rotura do ligamento cruzado anterior do seu xeonllo esquerdo.

En 2023 fichou pola Roma, onde contou con poucas oportunidades, polo que en xaneiro de 2024 saíu cedida ao Levante.[4]

No verán de 2024 anunciouse a súa fichaxe polo Deportivo da Coruña, que viña de ascender á máxima categoría do fútbol español.

Selección nacional

[editar | editar a fonte]

O 15 de setembro de 2016 debutou coa selección española nun encontro de clasificación para a Eurocopa de 2017 ante Montenegro, partido que acabou nunha ampla goleada por 13-0.

  1. "Bárbara Latorre: «Una escapada a Fabara me da energía para seguir adelante»" (en castelán). 12 de agosto de 2021. Consultado o 20 de agosto de 2024. 
  2. 2,0 2,1 "Primera: Bárbara Latorre es nueva jugadora del Espanyol" (en castelán). 2 de xullo de 2013. Arquivado dende o orixinal o 4 de agosto de 2013. Consultado o 20 de agosto de 2024. 
  3. "Así son los nuevos fichajes del Barça femenino" (en castelán). 1 de xullo de 2015. Consultado o 20 de agosto de 2024. 
  4. "Bárbara Latorre regresa a España para jugar en el Levante Las Planas" (en castelán). 30 de xaneiro de 2024. Consultado o 20 de agosto de 2024.