Axeladas
Nome orixinal | (grc) Αγελάδας |
---|---|
Biografía | |
Nacemento | século VI a. C. Argos, Grecia |
Morte | século V a. C. |
Actividade | |
Campo de traballo | Escultura |
Ocupación | escultor |
Período de tempo | Antigüidade clásica |
Período de actividade | 520 a. C. - 450 a. C. |
Alumnos | Fidias |
Lingua | Grego antigo |
Obra | |
Obras destacables |
Axeladas (en latín Ageladas, e en grego Άγελάδας) ou Hagelaidas (esta última forma é a que aparece nas inscricións), é o nome de dous escultores gregos da escola de Argos e que un é o avó do outro[1] aínda que é algo que está en discusión.
Axeladas I
[editar | editar a fonte]Se estima que debeu nacer polo 540 a.C.[2] e que traballou entre o 520 e o 490 a.C.,[3] e os textos antigos atribúenlle as seguintes obras:
- Ofrendas votivas: cabalos de bronce e prisioneiros, cidadáns de Tarento en Delfos;[4] unha estatua dedicada por Praxíteles de Siracusa.[5]
- Estatuas de atletas: efixie de Anochos de Tarento, gañador do estadio e dobre estadio nos Xogos;[6] armadura de Cleóstenes Epidamno, vencedor na carreira de carros da 66ª Olimpiada (512 a.C.);[7] efixies de Timasiteo de Delfos que fora executado e de Anocos de Tarento, gañador de loita nos LXV Xogos Olímpicos e nos Xogos Délficos.[8]
- Un grupo de musas , en colaboración con Arístocles e Canachas.
Axeladas II
[editar | editar a fonte]O seu período de actividade abrangueu do 474 ao 430 a.C., data na que Plinio o Vello sitúa o seu apoxeo.[9] Fundou unha escola escultórica, na que se pensa que estudaron Mirón,[10] Fidias[2] e Policleto.[11] Malia que non se coñece gran cousa deste escultor, hai unha inscrición que sinala que o nome do seu fillo foi Argeiadas.
É moi coñecida a súa estatua representando a Zeus Ithomatas, feita para os mesenios de Naupactos,[12][13] e que foi reproducida nas moedas desa cidade, así como unha estatua de Zeus neno e un Heracles con barba, ámbolos dous encargados en Egio, Acaia.[14]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ A. Frickenhaus, «Hageladas», Jahrbuch des Deutschen Archäologischen Instituts no 26 (1911), p. 24-48.
- ↑ 2,0 2,1 Sillig (1836), p. 3-6
- ↑ Boardman (1994), p. 89
- ↑ Pausanias, Description de la Grèce (X, 10, 6); Fouilles de Delphes, t. III (1, 129 et 130).
- ↑ Dittenberg, W. e Purgold, K. (1897). Die Inschriften von Olympia, Berlin. Nº 266.
- ↑ Pausanias (VI, 14, 11).
- ↑ Pausanias (VI, 10, 6).
- ↑ Pausanias (VI, 8, 6).
- ↑ Plinio o Vello, Historia Natural (XXXIV, 49).
- ↑ Historia Natural (XXXIV, 57).
- ↑ Historia Natural (XXXIV, 55).
- ↑ Pausanias (IV, 33, 2).
- ↑ Alcock (2002), p. 159
- ↑ Pausanias (VII, 24, 4).
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Alcock, Susan E. (2002). Archaeologies of the Greek Past: Landscape, Monuments, and Memories (en inglés). Cambridge: Cambridge University Press. ISBN 0-521-89000-4.
- Boardman, John (1994). La Sculpture grecque archaïque. Col. L'Univers de l'art (en francés). París: Thames & Hudson. ISBN 2-87811-076-5.
- Jones, Henry S. (1966). Select Passages from Ancient Writers Illustrative of the History of Greek Sculpture (en inglés). Chicago: Argonaut.
- Martín, Roland (1972). Diccionario de la civilización griega. Barcelona: Ediciones Destino.
- Sillig, Julius (1836). Dictionary of the Artists of Antiquity: Architects, Carvers, Engravers... (en inglés). Londres: Black and Armstrong.