Saltar ao contido

Avery Bradley

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaAvery Bradley

Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento26 de novembro de 1990 Editar o valor en Wikidata (33 anos)
Tacoma, Estados Unidos de América Editar o valor en Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEstados Unidos de América Editar o valor en Wikidata
EducaciónUniversidade de Texas en Austin
Bellarmine Preparatory School (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Altura188 cm Editar o valor en Wikidata
Peso82 kg Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónbaloncestista Editar o valor en Wikidata
Período de actividade2010 Editar o valor en Wikidata -
Nacionalidade deportivaEstados Unidos de América Editar o valor en Wikidata
Deportebaloncesto Editar o valor en Wikidata
LigaNBA G League, Baloncesto masculino da División I da NCAA e National Basketball Association Editar o valor en Wikidata
Posición de xogoBase e Escolta Editar o valor en Wikidata
Número deportivo0 Editar o valor en Wikidata
Convocado porBoston Celtics, 19º (24 de xuño de 2010) Editar o valor en Wikidata
Traxectoria
  Equipo enllaç= enllaç=
2009-2010 Texas Longhorns men's basketball (en) Traducir
2010-2017 Boston Celtics
2011-2011cesión Maine Celtics
2011-2011 Hapoel Jerusalem B.C.
2017-2018 Detroit Pistons
2018-2019 Los Angeles Clippers
2019-2019 Memphis Grizzlies
2019- Los Angeles Lakers Editar o valor en Wikidata

Twitter: Avery0Bradley Editar o valor en Wikidata

Avery Antonio Bradley Jr., nado o 26 de novembro de 1990 en Tacoma, Washington, é un xogador estadounidense de baloncesto profesional.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Instituto

[editar | editar a fonte]

Bradley foi incluído como un dos mellores xogadores de instituto da nación da clase de 2009, no primeiro posto por ESPNU100,[1] no cuarto por Rivals.com,[2] e no quinto por Scout.com.[3] Bradley liderou ao Findlay College Prep ao campionato nacional de instituto ao derrotar na final á Oak Hill Academy por 56-53. Bradley xogou o McDonald's All-American Game de 2009 e gañou o concurso de mates do evento. Antes de ser trasladado ao Findlay Prep no seu segundo ano, Bradley asistiu durante tres anos ao Bellarmine Preparatory School, e xunto con Abdul Gaddy, liderou ao Bellarmine Prep á terceira praza no torneo estatal 4A WIAA.

Universidade

[editar | editar a fonte]

Bradley asistiu á Universidade de Texas en Austin.[4] Na súa única tempada, Bradley disputou os 34 partidos da tempada e fixo 11,6 puntos por partido.[5] Foi nomeado no mellor equipo de novatos do oeste da NCAA.

Profesional

[editar | editar a fonte]

Foi seleccionado na 19ª posición do Draft da NBA de 2010 por Boston Celtics, e o 2 de xullo de 2010 asinou o contrato de novato co equipo.[6]

En 2011, durante o lockout da NBA, xogou no Hapoel Jerusalem BC.[7] Volveu aos Celtics unha vez rematado o lockout.

O 7 de xullo de 2017, Bradley foi traspasado xunto a unha elección da segunda rolda do Draft de 2019 ós Detroit Pistons, a cambio de Marcus Morris.[8]

O 29 de xaneiro de 2018, Bradley foi traspasado ós Los Angeles Clippers xunto a Boban Marjanović, Tobias Harris e dúas futuras eleccións do Draft, a cambio de Blake Griffin, Willie Reed e Brice Johnson.[9]

O 7 de febreiro de 2019, Bradley foi traspasado ós Memphis Grizzlies a cambio de JaMychal Green e Garrett Temple.[10] O 6 de xullo de 2019, Bradley foi cortado polos Grizzlies.[11]

O 8 de xullo de 2019, Bradley asinou cos Los Angeles Lakers.[12]

O 23 de novembro de 2020, Bradley asinou cos Miami Heat.[13]

O 25 de marzo de 2021, Bradley foi traspasado xunto a Kelly Olynyk e un intercambio de eleccións do Draft de 2022 ós Houston Rockets, a cambio de Victor Oladipo.[14]

O 24 de setembro de 2021, Bradley asinou cos Golden State Warriors.[15] Foi cortado polos Warriors pouco antes do comezo da tempada.[16]

  1. "Bradley #1 by ESPNU". Arquivado dende o orixinal o 09 de febreiro de 2009. Consultado o 26 de outubro de 2010. 
  2. "Bradley #4 by Rivals". Arquivado dende o orixinal o 08 de agosto de 2009. Consultado o 26 de outubro de 2010. 
  3. Bradley #5 by Scout
  4. TCU men sign Maverick's brother; Texas among top classes[Ligazón morta]
  5. Avery Bradley statistics on ESPN.com
  6. Bradley signs, has surgery
  7. Avery Bradley joins to Hapoel Jerusalem
  8. "Detroit Pistons Acquire Guard Avery Bradley And 2019 Second Round Draft Pick From Boston Celtics". NBA.com. 7 de xullo de 2017. Consultado o 7 de xullo de 2017. 
  9. "Press Release: L.A. Clippers Acquire Harris, Bradley, Marjanović, First & Second-Round Picks". NBA.com. 29 de xaneiro de 2018. Consultado o 30 de xaneiro de 2018. 
  10. "Memphis Grizzlies acquire Avery Bradley from Los Angeles Clippers". NBA.com. 7 de febreiro de 2019. Consultado o 7 de febreiro de 2019. 
  11. "Grizzlies waive Avery Bradley". Arquivado dende o orixinal o 09 de xullo de 2019. Consultado o 09 de xullo de 2019. 
  12. "Lakers Sign Avery Bradley". NBA.com. 8 de xullo de 2019. Consultado o 9 de xullo de 2019. 
  13. "Avery Bradley Signs With HEAT". NBA.com. 23 de novembro de 2020. 
  14. "Rockets Complete Trade with Miami". NBA.com. 25 de marzo de 2021. 
  15. "Warriors Announce Roster for 2021-22 Training Camp, Fueled by Gatorade". NBA.com. 24 de setembro de 2021. Consultado o 26 de setembro de 2021. 
  16. "Warriors Waive Bell, Bradley, Mulder and Payton II". NBA.com. 15 de outubro de 2021. Consultado o 16 de outubro de 2021. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]