Austria
Republik Österreich (de) Österreich (de) | |||||
Himno | Land der Berge, Land am Strome | ||||
---|---|---|---|---|---|
Lema | «Cyrraedd ac Adfer» | ||||
Epónimo | leste | ||||
Localización | |||||
| |||||
Capital | Viena | ||||
Contén a división administrativa | |||||
Poboación | |||||
Poboación | 8.979.894 (2022) (107,06 hab./km²) | ||||
Lingua oficial | lingua alemá língua de sinais austríaca (pt) | ||||
Xeografía | |||||
Parte de | |||||
Superficie | 83.878,99 km² | ||||
Auga | 1,7 % | ||||
Bañado por | Lago Constanza, Lago de Neusiedl (pt) , Río Rin, Río Danubio, Río Inn, Rio Salzach (pt) , Thaya (en) e río Morava | ||||
Punto máis alto | Grossglockner (pt) (3.798 m) | ||||
Punto máis baixo | Lago de Neusiedl (pt) (115 m) | ||||
Comparte fronteira con | |||||
Datos históricos | |||||
Precedido por | |||||
Creación | 12 de novembro de 1918 | ||||
Día festivo | Aninovo (1 de xaneiro) Epifanía (6 de xaneiro) Luns de Pascua (Easter + 1 day (en) ) Día Internacional dos Traballadores (1 de maio) Día da Ascensión (Easter + 39 days (en) ) Segunda-feira de Pentecostes (pt) (Easter + 50 days (en) ) Corpus Christi (Easter + 60 days (en) ) Asunción de María National Holiday (en) (26 de outubro) Festa da Inmaculada Concepción (8 de decembro) Día de Tódolos Santos (1 de novembro) Nadal (25 de decembro) Día de Santo Estevo (26 de decembro) | ||||
Organización política | |||||
Forma de goberno | república federal parlamentarista (pt) República semipresidencialista | ||||
• Presidente | Alexander Van der Bellen (2017–) | ||||
Órgano executivo | Austrian Federal Government (en) | ||||
• Chanceler | Karl Nehammer (2021–) | ||||
Órgano lexislativo | Parlamento Austríaco (pt) , | ||||
Máxima autoridade xudicial | Constitutional Court of Austria (en) | ||||
Membro de | |||||
PIB nominal | 480.368.403.893 $ (2021) | ||||
Orzamento | 123.488.300.000 € (2024) | ||||
Moeda | euro | ||||
Identificador descritivo | |||||
Fuso horario | |||||
Dominio de primeiro nivel | .at | ||||
Prefixo telefónico | +43 | ||||
Teléfono de emerxencia | 112, 122, 133, 144 (pt) , 140 (en) , 120 (pt) e 123 | ||||
Código de país | AT | ||||
Código NUTS | AT | ||||
Austria ( pronunciación (axuda · info)) (en alemán: Österreich, [ˈøːstɐˌʁaɪç] (axuda · info)), oficialmente República de Austria ( pronunciación (axuda · info)) (en alemán: Republik Österreich, [Republik Österreich] (axuda · info))), é un estado da Europa central sen saída cara ao mar, con máis de 9,0 millóns de habitantes. Fai fronteira con Alemaña e a República Checa ao norte, Eslovaquia e Hungría ao leste, Eslovenia e Italia ao sur, e Suíza e Liechtenstein ao oeste. O territorio de Austria abrangue 83.872 quilómetros cadrados e posúe un clima temperado e alpino. O terreo austríaco é altamente montañoso debido á presenza dos Alpes, polo que tan só o 32% do país se atopa por debaixo dos 500 metros, sendo o seu punto máis alto 3.798 metros.[1] A meirande parte da poboación fala en lingua alemá, a cal é o idioma oficial da República.[2][3] A parte do alemán, son linguas rexionais oficiais o croata, o esloveno e o húngaro.
As orixes de Austria datan da época do Imperio Romano, cando un reino celta foi conquistado polos romanos ao redor do ano 15 a.C.. Ese territorio pasou a ser a mediados do século I a provincia romana de Noricum, nunha área que se correspondería aproximadamente ao actual país. No ano 788 d.C., o rei franco Carlomagno conquistou a area e introduciu o cristianismo. Baixo a dinastía Habsburgo, Austria converteuse nunha das principais potencias europeas.[4][5] En 1867, o Imperio Austríaco pasou a ser Austria-Hungría.
O Imperio Austro-Húngaro colapsou en 1918 co fin da primeira guerra mundial, sendo establecida en 1919 a Primeira República Austríaca. No Anschluss de 1938, Austria foi ocupada e anexionada pola Alemaña nazi.[6] Esta situación durou até a fin da segunda guerra mundial en 1945, despois de que o país fose ocupado polas forzas aliadas, sendo restaurada a súa antiga constitución democrática. En 1955, despois da restauración definitiva do Estado, Austria declarouse permanentemente neutral.
Hoxe, Austria é unha democracia parlamentaria composta por nove estados federais. A capital, e cidade maior do país, con 1,93 millóns de habitantes, é Viena. Austria é ademais un dos países máis ricos do mundo, cun PIB nominal per cápita de 43.723 dólares estadounidenses. O país desenvolveu pois un alto nivel de vida, e en 2008 era o número catorce do mundo en Índice de Desenvolvemento Humano. Austria é membro das Nacións Unidas dende 1955, forma parte da Unión Europea dende 1995 e é membro fundador da OCDE.[7] Austria tamén asinou o Acordo de Schengen en 1995,[8] adoptando como moeda o euro en 1999.
Etimoloxía
[editar | editar a fonte]O nome alemán de Austria, Österreich, deriva da lingua alto alemá antiga na que era denominada Ostarrîchi, cuxo significado é territorio ou dominio oriental. O primeiro manuscrito onde se rexistra esta denominación é o "Ostarrîchi document" de 996, subscrito polo emperador Otón III. A finalidade do texto foi determinar a área gobernada polo conde de Babenberg, Henrique I e, igualmente, sometela á xurisdición do bispo de Frisia. A zona indicada no documento corresponde maiormente ao actual estado austríaco (Land) chamado Burgenland. O nome Austria deriva dunha errónea latinización da palabra xermánica "Leste" (Öst) en "austrō" ou "auster" (metaforicamente significan austral, austrālis). O termo Ostarrîchi, de onde deriva Österreich/Austria, orixinouse probablemente na denominación latina do territorio: Marchia Orientalis.
A súa tradución é marca oriental ou límite oriental, xa que a súa situación xeográfica situábaa no límite sur-oriental do Sacro Imperio Romano. Isto motivo que un nome alternativo para o devandito territorio fose Ostmark. Con todo, o historiador austríaco Friedrich Heer, no seu libro Der kampf um die österreichische identität (A loita pola identidade austríaca), sostén que a denominación xermánica Ostarrîchi non foi unha tradución da denominación latina de Marchia Orientalis. A súa orixe remóntase a 2.500 anos antes de Cristo coa cultura celta de Hallstatt, que denominaron a zona como Norig, en que No- ou Nor- significa oriental e Rig, que é a orixe da palabra alemá Reich, pode traducirse como dominio ou territorio. A conquista romana latinizaría o nome como Noricum, pero sen perder o significado intrínseco. O que determinaría o nome primitivo de Ostarrîchi e, con iso, as actuais denominacións de Österreich e Austria.
Historia
[editar | editar a fonte]- Artigo principal: Historia de Austria.
Prehistoria e Idade Media
[editar | editar a fonte]Colonizada xa dende tempos prehistóricos, as terras centroeuropeas que hoxe son coñecidas como Austria foron habitadas por tribos prerromanas, incluíndo os celtas. Despois da caída do Imperio Romano, do cal a maior parte de Austria foi parte (todo o territorio baixo o Danubio), a área foi invadida por bávaros, eslavos e avaros. Carlomagno conquistou o territorio no ano 788 e promoveu a colonización e a cristianización da zona. Como parte do leste de Francia, as áreas do centro da actual Austria pertencían á casa dos Babenberg. O territorio era coñecido como marchia orientalis e fora dado a Leopoldo de Babenberg en 976.
O primeiro documento que amosa o nome de Austria data do ano 996 onde está escrito Ostarrîchi, referíndose o territorio dos Babenberg. O termo Ostmark parece ser unha tradución do termo marchia orientalis.
Os séculos seguintes caracterizáronse pola colonización do país. En 1156 o Privilegium Minus elevou a Austria ó status de ducado. No ano 1192, os Babenbergs engadíronlle o ducado de Estiria.
Co asasinato de Frederico II en 1246, a liñaxe dos Babenbergers desaparece. Otakar III de Bohemia queda co control dos ducados de Austria, Estiria e Carintia trala súa morte. O seu reinado desborrallouse coa perda da batalla de Dürnkrut da man de Rudolfo de Habsburgo en 1278. A partir dese momento, ata a primeira guerra mundial, a historia de Austria pasará polas mans dos Habsburgo.
Ascenso de Austria a potencia mundial
[editar | editar a fonte]Nos séculos XIV e XV, os Habsburgo comezan a ampliar as terras do condado de Austria. No ano 1438, o Duque Alberte V de Austria foi elixido como herdeiro do seu padrasto, o Emperador Sexismundo. Aínda que Alberte só reinou durante un ano, foi a única excepción nunha longa dinastía de Habsburgos.
Os Habsburgo comezaron a expandi-las súas terras máis aló do seu condado. En 1477, o Arquiduque Maximiliano, fillo único do Frederico III, casa coa herdeira de Borgoña, adquirindo así a maioría das terras dos Países Baixos. O seu fillo Filipe I de Castela alcumado ¨o fermoso¨ faría crecer as terras da familia ó casar con Xoana I de Castela alcumada ¨a tola¨ engadindo ó condado as terras de España e as súas dependencias en Italia, África e no novo mundo.
En 1526, trala Batalla de Mohács, Austria expandiu as súas dependencias, engadindo ó seu reino Bohemia e a parte de Hungría non ocupada polos otománs. A expansión dos Habsburgo nas terras húngaras, tivo como consecuencia , a chamada a ¨Longa guerra¨ que durou dende 1593 a 1606.
Austria como potencia mundial
[editar | editar a fonte]- Artigos principais: Congreso de Viena, Ausgleich e Imperio Austrohúngaro.
O longo reinado de Leopoldo I (1657-1705) viu a fin do conflito entre Austria e o Imperio Otomán. Trala batalla de Viena en 1683 e tras unha serie de campañas, asínase o tratado de Carlowitz, polo que se incorpora en 1699 o territorio húngaro ó territorio austríaco.
Ó final do reinado de Carlos VI (1711-1740) viu como perigaba o futuro de Austria, debido ós receos de Carlos pola inminente desaparición da casa dos Habsburgo ó non ter herdeiros homes. Carlos estaba disposto a ofrecer todo tipo de vantaxes para poder publicar unha pragmática sanción que fixese a súa filla María Teresa a súa herdeira.
A guerra de Sucesión Austríaca (1740 - 1748) chegou a ser inevitable despois de que María Teresa de Austria sucedese en 1740 ó seu pai Carlos VI nos seus dominios, converténdose na raíña de Hungría e de Bohemia, arquiduquesa de Austria, duquesa de Parma, de Piacenza, e de Guastalla. Que unha muller herdase tan extensos territorios, na súa época, implicou moitas complicacións e o emperador Carlos VI anticipounas de longo, conseguindo aprobar a Pragmática sanción de 1713. O plan estaba en ser ela elixida para os dominios hereditarios dos Habsburgo e o seu marido, Francisco I, duque de Lorena, ser elixido emperador.
No final do século XVIII Austria enfrontouse coa Francia revolucionaria, conflito que finalizou no ano 1797 coa derrota de Austria. A derrota contra Napoleón significou a fin do Sacro Imperio Romano Xermánico en 1806. Dous anos antes da fin do reino, en 1804 o Imperio de Austria fora fundado, transformándose en 1867 na monarquía dual do Imperio Austrohúngaro. A pesar diso, en 1814 Austria formou parte das forzas aliadas invadindo Francia e conquistándoa. Tralas guerras contra Napoleón, Austria emerxeu do Congreso de Viena en 1815 como unha das tres potencias dominantes de Europa (xunto con Rusia e Prusia).
O Ausgleich de 1867 proveu ó Imperio de Austria e ó Reino de Hungría dunha dobre soberanía, baixo o mandato de Francisco Xosé I, quen gobernou ámbolos dous reinos ata a súa morte, o 21 de novembro de 1916. O reinado do Imperio Austrohúngaro, o que incluía terras alemás, checas, romanesas, serbias, entre outras, comezou a volverse cada vez máis difícil cos agromos dos sentimentos nacionalistas.
Austria na primeira guerra mundial
[editar | editar a fonte]O asasinato do arquiduque Francisco Fernando, por un radical serbio na cidade de Saraxevo, fixo que en 1914 estourase a primeira guerra mundial e a desintegración do Imperio Austrohúngaro. Durante a guerra, austrohúngara foi unha das Potencias Centrais xunto con Alemaña, Bulgaria, e Turquía, a guerra acabou deixando o país nun caos político e económico. Austria, unha vez separada de Hungría, convertíase nunha república en 1918. (Vexa tratado de Saint-Germain.)
Entre 1918 e 1919 Austria foi coñecida co nome de Austria alemá (Republik Deutschösterreich). Despois de que os aliados da segunda guerra mundial prohibiran a unión de Alemaña con Austria, prohibíndolle tamén o nome, sendo coñecida dende aquela co nome de República de Austria.
A monarquía disolveuse en 1919, sendo declarada a democracia parlamentaria e maila constitución o 10 de novembro de 1920.
Austrofascismo e o Terceiro Reich
[editar | editar a fonte]Esta república democrática, a primeira República Austríaca, durou ata 1933 cando o chanceler Engelbert Dollfuss estableceu un réxime autocrático orientado ó fascismo italiano (Austrofascismo) o chanceler Engelbert Dollfuss, foi asasinado polo Nazismo o 25 de xullo de 1934. Kurt Schuschnigg, o seu sucesor, tratou de manter o estado independente, pero o 12 de marzo de 1938, as tropas alemás ocuparon o país, e Hitler proclamou o seu Anschluss con Alemaña, uníndoo ó Terceiro Reich.
Despois da segunda guerra mundial, os Estados Unidos e o Reino Unido declararon a nova liberdade de Austria. Tras concluír o seu tratado coa Unión Soviética e os outros poderes ocupantes, Austria recuperou a súa independencia de novo o 15 de maio de 1955. A segunda República Austríaca, establecida o 19 de decembro de 1945, e baseada na constitución de 1920 (modificada no 1929), foi declarada polo parlamento federal como permanentemente neutral.
Historia recente
[editar | editar a fonte]Austria converteuse nun estado membro da Unión Europea en 1995, conservando a súa estrita constitución neutral e coa prohibición de tropas estranxeiras no seu territorio.
Política
[editar | editar a fonte]Austria é unha república federal e democrática gobernada segundo unha constitución que data de 1920, aínda que foi modificada máis tarde.
O poder executivo é exercido polo presidente, que é elixido por sufraxio universal cada seis anos, e polo Consello de Ministros que dirixe un chanceler, designado polo presidente para un período non superior a catro anos.
O parlamento é bicameral, composto por:
- Consello Nacional (Nationalrat), con 183 membros, e
- Consello Federal (Bundesrat), con 61 membros.
Principais partidos:
- Partido Socialdemócrata de Austria (SPÖ)
- Partido Popular Austríaco (ÖVP)
- Os Verdes - Alternativa Verde (Die Grünen)
- Partido da Liberdade de Austria (FPÖ)
- NEOS
- Partido Comunista de Austria (KPÖ)
Dereitos humanos
[editar | editar a fonte]En materia de dereitos humanos, respecto á pertenza nos sete organismos da Carta Internacional de Dereitos Humanos, que inclúen o Comité de Dereitos Humanos (HRC), Austria firmou ou ratificou:
Austria | Status dos principais instrumentos internacionais de dereitos humanos[9] | ||||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
CESCR | CCPR | CERD | CED | CEDAW | CAT[10] | CRC | MWC | CRPD | |||||||||
CESCR | CESCR-OP[11] | CCPR | CCPR-OP1 | CCPR-OP2-DP | CEDAW | CEDAW-OP[12] | CAT | CAT-OP | CRC | CRC-OP-AC | CRC-OP-SC | CRPD | CRPD-OP[13] | ||||
Pertenza | |||||||||||||||||
Firmado e ratificado, firmado pero non ratificado, nin firmado nin ratificado, sen información, accedeu a firmar e ratificar o órgano en cuestión, pero tamén recoñece a competencia de recibir e procesar comunicacións individuais por parte dos órganos competentes. |
Divisións administrativas
[editar | editar a fonte]Como república federal, Austria está subdividida en nove estados (Bundesländer en alemán). Cadanseu estado está dividido en distritos (Bezirke) e cidades (Statutarstädte). Os distritos están divididos en municipios (Gemeinden). As cidades teñen as competencias dos estatutos de municipio e distrito. Os estados non constitúen divisións só administrativas; dispoñen de autoridade lexislativa autónoma en relación ó goberno federal.
En galego | En alemán | ||
---|---|---|---|
Estado | Capital | Bundesland | Landeshauptstadt |
1 Burgenland | Eisenstadt | Burgenland | Eisenstadt |
2 Carintia | Klagenfurt | Kärnten | Klagenfurt am Wörthersee |
3 Baixa Austria | St. Pölten | Niederösterreich | St. Pölten |
4 Alta Austria | Linz | Oberösterreich | Linz |
5 Salzburgo | Salzburgo | Salzburg | Salzburg |
6 Estiria | Graz | Steiermark | Graz |
7 Tirol | Innsbruck | Tirol | Innsbruck |
8 Vorarlberg | Bregenz | Vorarlberg | Bregenz |
9 Viena | Viena | Wien | Wien |
Xeografía
[editar | editar a fonte]- Artigo principal: Xeografía de Austria.
A maior parte do territorio de Austria está dentro da sección oriental dos Alpes[14] que acadan alturas de máis de 3.000 m. Os Alpes Orientais Centrais, os Alpes Orientais-Norte e os Alpes Orientais-Sur forman todos parte de Austria. Da área total do país, 84.000 km², só un cuarto é considerado de baixa altitude, e tan só o 32% do país está por debaixo dos 500 m de altitude. Os Alpes do oeste de Austria ceden nas terras baixas e as chairas da parte oriental.
A montaña máis elevada é o Grossglockner, con 3.798 metros sobre o nivel do mar. A poboación se concentra nos vales dos ríos entre os que destaca o máis importante, o Danubio, que entra en Austria por Passau, na fronteira con Alemaña; pasando por Linz e Viena, ata Bratislava, na fronteira con Eslovaquia. En Alemaña recibe o Inn, que pasa por Innsbruck, co seu afluente o Salzach, que pasa por Salzburgo. O lago Constanza é o maior do país e forma a fronteira oeste con Liechtenstein e Suíza. O clima austríaco é temperado e caracterízase polos seus invernos fríos e veráns frescos.
As seis montañas máis altas de Austria son:
# | Nome | Altura | Cordilleira |
---|---|---|---|
1 | Großglockner | 3.798 m | Hohe Tauern |
2 | Wildspitze | 3.772 m | Alpes de Ötztal |
3 | Kleinglockner | 3.770 m | Hohe Tauern |
4 | Weißkugel | 3.739 m | Alpes de Ötztal |
5 | Pöschlturm | 3.721 m | Hohe Tauern |
6 | Hörtnagelturm | 3.719 m | Hohe Tauern |
Dende o punto de vista fitoxeográfico, Austria pertence á zona central europea da Rexión Circumboreal, no Reino Holártico. Segundo WWF, o territorio de Austria pode subdividirse en catro ecorexións: a de bosques mixtos da Europa central, bosques mixtos de Panonia, coníferas dos Alpes e bosques mixtos de folla caduca de Europa occidental.
-
Vista de Krems no val de Wachau
-
Vista de Hallstatt
-
Área rural de Schoppernau no verán
-
Vista de Großglockner dende Heiligenblut
-
Chairas de Weinviertel
-
Clima de montaña dos Alpes Austríacos
-
Ferrocarril de Semmering nos Alpes Orientais
Clima
[editar | editar a fonte]A maioría de Austria atópase na zona climática fría/temperada, onde predominan os ventos húmidos do oeste. Con tres cuartas partes do país baixo a influencia dos Alpes, o clima alpino é o dominante. Na chaira panónica do leste e no val do Danubio o clima é continental, con menos choiva que nas zonas alpinas. Malia que Austria é fría no inverno (−10 a 0 °C), as temperaturas do verán son relativamente altas,[15] con temperaturas medias de 20º, e coa máxima 40,5 °C rexistrada en agosto de 2013.[16]
Economía
[editar | editar a fonte]- Artigo principal: Economía de Austria.
Austria posúe unha desenvolvida economía social de mercado e un alto nivel de vida. Ata a década de 1980 moitas das grandes firmas austríacas foron nacionalizadas; esta tendencia virou nas últimas décadas coa chegada das privatizacións, axustándose así á media europea. Os movementos laborais son particularmente fortes en Austria e teñen unha grande influencia nas políticas de traballo.
Alemaña é dende tempos históricos, o maior socio comercial de Austria, facendo que a economía austríaca sexa vulnerable ós cambios da economía alemá. Dende que Austria se converteu en membro da Unión Europea o país viu reforzado as súas relacións económicas con outros países membros , reducindo a súa dependencia da economía alemá. Ademais, a estratéxica situación xeográfica de Austria preto dos países aspirantes á unión europea fixo que moitos investidores estranxeiros, atraídos polas economías emerxentes, investisen no país. As estimacións de crecemento do país para o 2006 (sobre un 3%) son moito máis favorables que as da economía veciña alemá.
A moeda oficial de Austria é o Euro.
Demografía
[editar | editar a fonte]Os austríacos son un grupo homoxéneo, aínda que nas últimas décadas, a forte inmigración a Austria está a cambiar a composición étnica do país.
Segundo o censo do 2001, o 88.6% da poboación son falantes nativos de alemán (96% Bávaro e 4% Alemánico) mentres que o 11.4% restante fala diferentes linguas minoritarias. Os falantes non alemáns de Austria pódense dividir en dous grupos: as minorías tradicionais, relacionados cos antigos territorios do Imperio dos Habsburgo, e as novas minorías, resultantes da nova inmigración.
Cultura
[editar | editar a fonte]Austria foi a terra natal de varios compositores famosos, como Wolfgang Amadeus Mozart, Johann Strauss (pai e fillo), Arnold Schoenberg, Anton Webern, Alban Berg. Outros austríacos famosos foron os físicos Ludwig Boltzmann e Erwin Schrödinger, os filósofos Ludwig Wittgenstein e Kurt Gödel, o psicanalista Sigmund Freud, o poeta Peter Rosegger, e o pintor Gustav Klimt.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "Austria". The World Factbook. Central Intelligence Agency. 14 de maio de 2009. Arquivado dende o orixinal o 10 de xuño de 2009. Consultado o 31 de maio de 2009.
- ↑ "Die Bevölkerung nach Umgangssprache, Staatsangehörigkeit und Geburtsland" (PDF). Statistik Austria. Arquivado dende o orixinal (PDF) o 13 de novembro de 2010. Consultado o 17 de novembro de 2010.
- ↑ "Austria". Encyclopædia Britannica. 31 de maio de 2009. Arquivado dende o orixinal o 19 de abril de 2009. Consultado o 31 de maio de 2009.
- ↑ Market Liberalism: A Paradigm for the 21st Century, page 247, David Boaz, Edward H. Crane, Cato Institute, Washington D.C. 1993, ISBN 978-0-932790-98-9
- ↑ The Transformation of European Politics, 1763–1848, Oxford History of Modern Europe, page 209, Paul W. Schroeder, Oxford University Press, 1996, ISBN 978-0-19-820654-5
- ↑ "Anschluss". Encyclopædia Britannica. 24 de setembro de 2009. Consultado o 31 de maio de 2009.
- ↑ "Austria About". OECD. Arquivado dende o orixinal o 06 de maio de 2009. Consultado o 20 de maio de 2009.
- ↑ "Austria joins Schengen". Migration News. maio de 1995. Consultado o 30 de maio de 2009.
- ↑ Oficina do Alto Comisionado para os Dereitos Humanos. "Status by country" (en inglés). Oficina do Alto Comisionado das Nacións Unidas para os Dereitos Humanos. Arquivado dende o orixinal o 14 de agosto de 2013.
- ↑ Convención contra la Tortura y Otros Tratos o Penas Crueles, Inhumanos o Degradantes (Resolución) (en castelán). Oficina do Alto Comisionado das Nacións Unidas para os Dereitos Humanos. 10 de decembro de 1984. 39/46. Arquivado dende o orixinal o 7 de marzo de 2013.
- ↑ Protocolo Facultativo del Pacto Internacional de Derechos Económicos, Sociales y Culturales (PDF) (Resolución) (en castelán). Oficina do Alto Comisionado das Nacións Unidas para os Dereitos Humanos. 10 de decembro de 2008. A/RES/63/117. Arquivado dende o orixinal (PDF) o 9 de febreiro de 2014.
- ↑ Protocolo Facultativo de la Convención sobre la eliminación de todas las formas de discriminación contra la mujer (Resolución) (en castelán). Oficina do Alto Comisionado das Nacións Unidas para os Dereitos Humanos. 6 de outubro de 1999. A/54/4. Arquivado dende o orixinal o 7 de marzo de 2013.
- ↑ Protocolo facultativo de la Convención sobre los derechos de las personas con discapacidad (Resolución) (en castelán). Oficina do Alto Comisionado das Nacións Unidas para os Dereitos Humanos. Arquivado dende o orixinal o 2 de agosto de 2014.
- ↑ "Alps". Encyclopædia Britannica. Encyclopædia Britannica Online. 11 de xuño de 2009. Arquivado dende o orixinal o 01 de xuño de 2009. Consultado o 12 de xuño de 2009.
- ↑ "Average Conditions, Vienna, Austria". British Broadcasting Corporation. 2006. Arquivado dende o orixinal o 02 de decembro de 2010. Consultado o 24 de maio de 2009.
- ↑ Klima. Central Institute for Meteorology and Geodynamic
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Austria |
Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Brook-Shepherd, Gordon (1998). The Austrians: a thousand-year odyssey. Nova York: Carroll & Graf Publishers, Inc. ISBN 0-7867-0520-5.
- Jelavich, Barbara (1987). Modern Austria: empire and republic 1815–1986. Cambridge: Cambridge University Press. ISBN 0-521-31625-1.
- Johnson, Lonnie (1989). Introducing Austria: a short history. Riverside, Calif.: Ariadne Press. ISBN 0-929497-03-1.
- Rathkolb, Oliver. The Paradoxical Republic: Austria, 1945–2005 (Berghahn Books; 2010, 301 pages). Translation of 2005 study of paradoxical aspects of Austria's political culture and society.
- Schulze, Hagen (1996). States, nations, and nationalism: from the Middle Ages to the present. Cambridge, Mass.: Blackwell. ISBN 0-631-20933-6.
Outros artigos
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Goberno Federal de Austria (en alemán).