Auditorio de Tenerife
Auditorio de Tenerife | |
---|---|
Auditorio de Tenerife | |
Cidade | Santa Cruz de Tenerife |
País | España |
Inauguración | 2003 |
Na rede | |
http://www.auditoriodetenerife.com | |
[ editar datos en Wikidata ] |
O Auditorio de Tenerife "Adán Martín" é unha construción civil para eventos culturais, situada na Avenida da Constitución de Santa Cruz de Tenerife, nas Illas Canarias, á beira do océano Atlántico na zona sur do peirao da cidade.
Historia e características
[editar | editar a fonte]Foi deseñado polo arquitecto Santiago Calatrava Valls. A construción comezou en 1997 e rematou en 2003, e foi inaugurado o 26 de setembro deste ano coa presenza de Filipe de Borbón, Príncipe de Asturias; tamén foi visitado en 2005 polo expresidente dos EUA, Bill Clinton. O edificio insírese nos principios da arquitectura modernista tardía do século XX. A súa sala principal ten capacidade para 1.616 persoas.
O seu perfil moderno fixo que o Cabido de Tenerife[1][2] o considere un dos símbolos máis destacados da cidade de Santa Cruz e na illa de Tenerife. En marzo de 2008, o Servizo Postal emitiu seis selos para recoller as obras máis emblemáticas da arquitectura española e incluíu o auditorio debido á súa singularidade.[3] É o edificio máis moderno nas Illas Canarias e unha das atraccións de Tenerife.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "Ricardo Melchior y el Auditorio de Tenerife". Arquivado dende o orixinal o 30 de abril de 2010. Consultado o 14 de xuño de 2010.
- ↑ "Tenerife Convention Bureau (información sobre centros de congresos)". Arquivado dende o orixinal o 01 de marzo de 2012. Consultado o 14 de xuño de 2010.
- ↑ "Correos emite seis sellos con obras emblemáticas de la arquitectura española e incluye al Auditorio de Tenerife". Arquivado dende o orixinal o 11 de abril de 2008. Consultado o 14 de xuño de 2010.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]A Galipedia ten un portal sobre: Ópera |
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Auditorio de Tenerife |