Atanarjuat
Atanarjuat | |
---|---|
Ficha técnica | |
Título orixinal | ᐊᑕᓈᕐᔪᐊᑦ |
Director | Zacharias Kunuk |
Produtor |
|
Guión | Paul Apak Angilirq |
Intérpretes | |
Música | Chris Crilly |
Fotografía | Norman Cohn |
Montaxe |
|
Distribuidora | Odeon Films |
Estrea | Festival de Cannes: 13 de maio de 2001 12 de abril de 2002 |
Duración | 172 minutos |
Orixe | Canadá |
Xénero | Drama |
Orzamento | 1 960 000 CA$ (est.) |
Recadación | 5 998 310 dólares |
Na rede | |
Atanarjuat (en inuktitut: ᐊᑕᓈᕐᔪᐊᑦ) é un filme canadense de 2001 dirixido polo inuit Zacharias Kunuk e producido pola súa empresa Isuma Igloolik Productions. Foi a primeira longametraxe en ser escrita, dirixida e actuada completamente en lingua inuktitut. Ambientado no pasado antigo, o filme conta unha lenda inuit transmitida durante séculos a través da tradición oral. Conta a historia do personaxe do título, cuxo matrimonio coas súas dúas mulleres acarréalle a animosidade do fillo do líder do campamento, quen mata ó irmán máis vello de Atanarjuat e forza a Atanarjuat a fuxir a pé.
O filme estreouse no Festival Internacional de Cinema de Cannes de 2001 en maio de 2001, e estreouse no Canadá o 12 de abril de 2002. Un grande éxito da crítica, Atanarjuat gañou a Caméra d'Or en Cannes, seis Premios Genie, incluíndo o premio a mellor filme. Foi escollido como candidato do Canadá para o Óscar ó mellor filme internacional na 74ª edición dos premios, mais finalmente non foi nomeado. Atanarjuat tamén foi un éxito comercial, converténdose no filme con maior recadación do Canadá no ano 2002, superando a comedia comercial Men with Brooms. Recadou máis de 5 millóns de dólares en todo o mundo. En 2015, unha enquisa de directores e críticos no Festival Internacional de Cinema de Toronto considerouno un dos mellores filmes canadenses de tódolos tempos.
Personaxes
[editar | editar a fonte]Familia de Atanarjuat
[editar | editar a fonte]- Natar Ungalaaq como Atanarjuat, "o corredor veloz"
- Pakak Innuksuk como Amaqjuaq, "o forte", irmán máis vello de Atanarjuat
- Neeve Irngaut como Uluriaq, muller de Amaqjuaq
- Felix Alaralak como Tulimaq, pai de Atanarjuat
- Stephen Qrunnut como Tulimaq de mozo
- Kumaglaq, o fillo de Atanarjuat e Atuat; homónimo do antigo líder do campamento
Familia de Oki
[editar | editar a fonte]- Peter-Henry Arnatsiaq como Oki, rival de Atanarjuat
- Lucy Tulugarjuk como Puja, a irmá malcriada de Oki
- Apayata Kotierk como Kumaglak, o vello líder do campamento
- Madeline Ivalu como Panikpak, muller de Kumaglak, nai de Sauri, avoa de Oki e Puja, e irmá de Qulitalik
- Mary Angutautuk como Panikpak de moza
- Pauloosie Qulitalik como Qulitalik, irmá de Panikpak
- Charlie Qulitalik como Qulitalik de moza
- Mary Qulitalik como Niriuniq, muller de Qulitalik
- Eugene Ipkarnak como Sauri, líder do campamento
- Eric Nutarariaq como Sauri de mozo
Outros
[editar | editar a fonte]- Sylvia Ivalu como Atuat, pretendente como esposa de Atanarjuat e Oki
- Abraham Ulayuruluk como Tungajuaq, o xamán malvado
- Luke Taqqaugaq como Pittiulak, compañeiro de Oki
- Alex Uttak como Pakak, compañeiro de Oki
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Outros artigos
[editar | editar a fonte]- Filmes do Canadá propostos ó Óscar ó mellor filme internacional
- Filmes propostos ó mellor filme internacional na 74ª edición dos Óscar
Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Alioff, Maurie (setembro de 2001). "From the Edge of the Earth: Zacharias Kunuk's Atanarjuat". Take One.
- Chun, Kimberly (inverno de 2002). "Storytelling in the Arctic Circle: An Interview with Zacharias Kunuk". Cineaste 28 (1).
- d'Anglure, Bernard Saladin (2002). "An Ethnographic Commentary: The Legend of Atanarjuat, Inuit and Shamanism". En Paul Apak Angilirq; Norman Cohn; Bernard Saladin d'Anglure. Atanarjuat, the Fast Runner. Coach House Books and Isuma Publishing. ISBN 1-55245-113-5.
- Eber, Dorothy Harley (2008). Encounters on the Passage: Inuit Meet the Explorers. University of Toronto Press. ISBN 0802092756.
- Evans, Michael Robert (2010). 'The Fast Runner': Filming the Legend of Atanarjuat. University of Nebraska Press. ISBN 978-0803222083.
- Kunuk, Zacharias (2002). Atanarjuat, the Fast Runner. Coach House Books and Isuma Publishing. ISBN 1-55245-113-5.
- Maltin, Leonard (2014). Leonard Maltin's 2014 Movie Guide. Penguin Press. ISBN 9780451418104.
- Melnyk, George (2007). Great Canadian Film Directors. The University of Alberta Press.
- Wise, Wyndham (marzo-maio de 2003). "2002 Survey of Canadian Cinema". Take One.
Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Atanarjuat na IMDb (en inglés).
- Ficha en RottenTomatoes (en inglés)
- Ficha en Metacritic (en inglés)
- Ficha en AllMovie (en inglés)