Saltar ao contido

Aston Butterworth

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Aston
Nome completo Aston Butterworth
Bandeira
Baseada en Inglaterra
Tempadas en activo 1 (1952)
Número de pilotos
Debut Gran Premio de Bélxica de 1952
Carreiras 4
Campionatos de Construtores 0
Campionatos de Pilotos 0
Vitorias 0
Pole positions 0
Voltas Rápidas 0
Puntos totais 0
Derradeiro GP Gran Premio de Italia de 1952

Aston Butterworth é un construtor de Fórmula 2 do Reino Unido, durante os anos 1952-3, cando o campionato mundial de pilotos disputabase baixo as regulación da Fórmula 2. Participaron en catro Grandes Premios do Campionato do Mundo.

O proxecto foi promovido por Bill Aston, que decidiu construír un coche de Fórmula 2. O chasis era unha copia dun Cooper de Fórmula 2, equipado cun Motor boxer de 4 cilindros ideado por Archie Butterworth. O coche fixo o seu debut en abril de 1952 na Copa de Lavant en Goodwood,[1] terminando oitavo con Aston ao volante. En maio, presentaron un segundo coche, pilotado por Robin Montgomerie-Charrington, que alcanzou o mellor resultado do equipo, un terceiro lugar en Chimay en xuño.

No Gran Premio de Alemaña de 1952 retirouse na segunda volta tras sufrir unha perda de presión de aceite.[2] Aston continuou aparecendo nas carreiras durante a tempada 1953, pero nunca houbo suficiente diñeiro para desenvolver o programa correctamente. Cando se introduciron as novas regulacións da F1 en 1954, Aston-Butterworth deixou de participar.

Resultados completos na Fórmula Un

[editar | editar a fonte]

(Chave) As carreiras en letra grosa indican pole position; as carreiras en cursiva indican volta rápida.

Ano Chasis Motor Pneu. Piloto 1 2 3 4 5 6 7 8
1952 Aston NB41 Butterworth F4 Dunlop SUI 500 BEL FRA RU ALE NED ITA
Bill Aston NP Ret NSC
Robin Montgomerie-Charrington Ret
  1. Motor Sport, May 1952, p.232.
  2. Motor Sport, September 1952, p.425.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]