Arnulfo II de Flandres
Nome orixinal | (fr) Arnoul II de Flandre |
---|---|
Biografía | |
Nacemento | 961 valor descoñecido |
Morte | 30 de marzo de 987 (25/26 anos) Gante, Bélxica |
Lugar de sepultura | Saint Peter's Abbey (en) |
Actividade | |
Ocupación | político |
Orde relixiosa | Orde de San Bieito |
Outro | |
Título | Conde |
Familia | Casa de Flandres |
Cónxuxe | Susana de Italia (980 (Gregoriano)–) |
Fillos | Mathilde of Flanders, Balduíno IV da Flandres |
Pais | Balduíno III de Flandres e Matilde da Saxônia, Condessa de Flandres |
Irmáns | Frederick, Count of Verdun Herman of Ename Godfrey II, Duke of Lower Lorraine Gozelon I de Verdun Adalbero II of Verdun Ermengarde of Verdun |
Descrito pola fonte | Allgemeine Deutsche Biographie (pt) |
Arnulfo ou Arnaldo II de Flandres [1], nado sobre 961 e finado en Gante o 30 de marzo de 987, chamado o Novo, foi Conde de Flandres desde 965 a 987. Fillo de Balduíno III e Matilde Billung (ca. 942 - Gante, 25 de maio de 1008). Foi o neto e sucesor do conde Arnulfo I de Flandres.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Aínda non era máis que un neno á morte do seu pai (962). O seu avó Arnulfo I recuperou o posto como conde, ata a súa morte en 965.
Á súa chegada ao cargo,aproveitando a súa mocidade e prevaléndose da rexencia como señor feudal, o rei Lotario I de Francia invadiu Flandres, apoderouse dos condados de Thérouanne e Saint-Pol-sur-Ternoise, de Douai e Arras (Artois e Ostrevant). Inquieto, o bispo de Cambrai e Arras apelou ao emperador Otón I e Lotario retirouse, pero deixou un país devastado.
Á morte de Lois V de Francia (21 de maio de 987), debido á solidariedade carolinxia, Arnulfo apoiou a Carlos da Baixa Lotarinxia e ao seu fillo Otón fronte a Hugo Capeto (coroado o 3 de xullo de 987)[2], e non recoñeceu ao rei escollido. Hugo invadiu entón Flandres ata o río Lys e ocupou Arras. Arnulfo refuxiouse xunto ao duque Ricardo I de Normandía: o capeto retirouse, pero o conde de Flandres recoñeceuno como rei. Arnulfo morreu un mes despois, afectado por unhas febres. O seu corpo foi enterrado na abadía de Sant Pedro de Gante.
A súa viúva, Rozala de Ivrea [3] filla de Berengario II rei de Italia, volveuse a casar un ano despois (antes do 1 de abril de 988) con Roberto II o Piadoso, fillo do rei Hugo Capeto.
Deixou dous nenos pequenos:
- Matilde (m. 995 ou antes).
- Balduíno IV (c. 980 - 1035) que o sucedeu.
Devanceiros
[editar | editar a fonte]16. Balduíno I de Flandres | ||||||||||||||||
8. Balduíno II de Flandres | ||||||||||||||||
17. Xudit de Francia | ||||||||||||||||
4. Arnulfo I de Flandres | ||||||||||||||||
18. Alfredo o Grande | ||||||||||||||||
9. Ælfthryth | ||||||||||||||||
19. Ealhswith de Gaini | ||||||||||||||||
2. Balduíno III de Flandres | ||||||||||||||||
20. Heriberto I de Vermandois | ||||||||||||||||
10. Heriberto II de Vermandois | ||||||||||||||||
5. Adela ou Alix de Vermandois | ||||||||||||||||
22. Roberto I de Francia | ||||||||||||||||
11. Adela de Francia | ||||||||||||||||
23. Adela do Maine | ||||||||||||||||
1. Arnulfo II de Flandres | ||||||||||||||||
6. Herman I de Saxonia | ||||||||||||||||
3. Matilde Billung | ||||||||||||||||
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Arnoul de Flandre sur le site Foundation for Medieval Genealogy
- ↑ Histoire générale de la province d'Artois, page 171 (books.google.fr)
- ↑ Généalogie de Rozala sur le site Medieval Lands
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Arnulfo II de Flandres |
Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Biografías nacionais de Bélxica
- Historiador xeral da provincia de Artois, tomo 2 de Jean Baptiste François Hennebert - 1788 (ligazón)