Saltar ao contido

Arfaxad

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaArfaxad

Editar o valor en Wikidata
Nome orixinal(he) אַרְפַּכְשַׁד‎, ʾArpaḵšaḏ Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento2103 a. C. Editar o valor en Wikidata
Ur, Iraq Editar o valor en Wikidata
Morte1665 a. C. Editar o valor en Wikidata (437/438 anos)
Familia
FillosCainan, Selá Editar o valor en Wikidata
PaiSem Editar o valor en Wikidata
IrmánsLud
Assur
Elão bíblico
Aram Editar o valor en Wikidata

Descrito pola fonteOrthodox Theological Encyclopedia (en) Traducir
Small Brockhaus and Efron Encyclopedic Dictionary (en) Traducir
Enciclopédia Bíblica de Archimandrita Nicéforo (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata


Arfaxad (hebreo: אַרְפַּכְשָׁד בן-שֵׁם; árabe: ارفکشاد بن سام) é un personaxe bíblico, o fillo de Sem e xerou a Xélah á idade de trinta e cinco anos. Entón viviu catrocentos tres anos[1]. No Libro dos Xubileos (11:3) noméanse outros dous descendentes de Arfaxad, Ura e Kesed. Os fillos destes dous foron os fundadores de Ur Kasdim: e Ura, fillo de Kesed, construíu a cidade de Ur dos caldeos e chamoulle polo seu nome.

Os caldeos, mesopotámicos do Golfo Pérsico, os hebreos, os israelitas, os árabes, os beduínos, os moabitas, os xordanos, os palestinos, os sabeos e outros grupos do Próximo Oriente considéranse tradicionalmente descendentes de Arfaxad. Nalgunhas versións da Biblia[onde?] o seu fillo é Cainam, que sería o pai de Xélah. Actualmente os estudosos[quen?] tenden a consideralo un erro e este Cainam sería unha confusión de Quenán, fillo de Enox.[2]

No Libro de Xudit (1:1-5; 1:13; 1:15; 3:36) menciónase un Arfaxad, e dise que foi rei dos medos en Ecbatana. Construíu murallas arredor da cidade para defendela dos ataques de Nabucodonosor II, de trinta e cinco metros de alto e vinte e cinco de ancho. Pero Nabucodonosor enfrontouse a Arfaxad e derrotouno, destruíndo o seu exército. Arfaxad conseguiu escapar ás montañas, pero o rei atopouno e atravesouno coas súas frechas.

  1. Xénese. 11:10; 11:12
  2. Redford, Donald B (1992). Egypt, Canaan, and Israel in ancient times. O Cairo: The American University in Cairo Press. p. 405. ISBN 9789774243226.