Arco formeiro
Aparencia
O arco formeiro[1] é un elemento arquitectónico curvo (arco), que discorre paralelo ao eixe lonxitudinal da nave; a súa función é soster os muros superiores de separación entre as naves dunha estrutura. Se o edificio é dunha soa nave, os arcos formeiros irán encaixados no muro, é dicir, serán arcada cega. Os arcos formeiros van de piar en piar coincidindo cos tramos da bóveda.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "Dicionario visual da construción" (PDF). Consultado o 25 de xullo de 2016.