Apotema
A apotema[1] dun polígono regular é a liña que partindo do centro xeométrico da figura é perpendicular a un dos seus lados. No caso dos triángulos, é máis habitual chamala altura.
Explicación
[editar | editar a fonte]Dadas as propiedades xeométricas dun polígono regular, a apotema pode tamén ser definida como o segmento de recta que une o centro do polígono co punto central dun dos seus lados. A lonxitude da apotema é tamén o raio do círculo que pode ser inscrito no polígono. Pola mesma lóxica, para un círculo dado e unha corda, a apotema é o segmento de recta ao longo do cal se mide a distancia entre o punto medio da corda e o centro do círculo.
Fórmula
[editar | editar a fonte]Nun n-polígono regular con apotema r, raio do círculo circunscrito R e lonxitude dun dos lados z:
A fórmula da área A dun polígono regular de perímetro p sería:
- .
Etimoloxía
[editar | editar a fonte]A palabra apotema deriva do francés apothème (1751), neoloxismo creado a partir do radical apoth- de apóthesis, que significa acción de colocar ao lado, de depositar, con influencia do grego hypóthema, base, para o sufixo -ema (f. hist. 1789 apotema).
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Shaneyfelt, Ted V. "德博士的 Notes About Circles, ज्य, & कोज्य: What in the world is a hacovercosine?". Hilo, Hawaii: University of Hawaii. Arquivado dende o orixinal o 2015-09-19. Consultado o 2015-11-08.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Outros artigos
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Apothem of a regular polygon interactiva
- Apotema dunha pirámide ou pirámide truncada Arquivado 2021-04-21 en Wayback Machine.
- Pegg, Ed Jr. "Sagitta, Apothem, and Chord". The Wolfram Demonstrations Project.