Apocynaceae
Apocynaceae | |||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Un exemplo na familia: Alyxia stellata - Hawái (U.S.A.) | |||||||||||
Clasificación científica | |||||||||||
| |||||||||||
Subfamilias | |||||||||||
As Apocynaceae son unha familia das dicotiledóneas que inclúe árbores, arbustos, herbas, ou lianas. Moitas especies son grandes árbores que se atopan na selva tropical, e a maioría son de procedencia dos trópicos e os subtrópicos. Algunhas son herbas perennes da zona tépeda. Estas plantas teñen saiba leitosa e moitas especies son velenosas se se inxiren
Taxonomía
[editar | editar a fonte]A familia, no seu sentido actual, está dividida en 366 xéneros aceptados[1] (dos 585 descritos[2] a familia Asclepiadaceae esta agora incluída na de Apocynaceae.) que inclúen unhas 4500-5500 especies aceptadas
Hai cinco subfamilias:
- Rauvolfioideae, 79 xéneros;
- Apocynoideae, 82 xéneros;
- Periplocoideae, 33 xéneros;
- Secamonoideae, 8 xéneros;
- Asclepiadoideae, 164 xéneros.
Distribución
[editar | editar a fonte]As especies desta familia distribúense primordialmente nas rexións tropicais:
- Nas selvas e zonas pantanosas da India e Malaisia: Árbores de porte pequeno a moi grande de follas perennes, frecuentemente con raíces de contraforte, tales como Alstonia e Dyera.
- No Norte de Australia: Árbores de porte pequeno de folla perenne como Cérbera e Ochrosia.
- Nas selvas de folla caduca de África e a India: Árbores de porte pequeno tales como Carissa, Wrightia e Holarrhena.
- Na América tropical, India, Myanmar e Malaisia: Árbores de folla perenne e arbustos, tales como Rauwolfia, Tabernaemontana e Acokanthera.
- En América Central: Plumeria, ou frangipani, cos seus céreas flores de cor branca ou rosáceo e doces fragrancias.
- En América do Sur, África e Madagascar: Moitas lianas tales como Landolphia.
- Na rexión Mediterránea: Nerium, coa ben coñecida adelfa, o arbusto (Nerium oleander). Tamén as vincas (Vinca major e Vinca minor).
- En América do Norte: Apocynum inclúe Apocynum cannabinum, unha fonte tradicional de fibra.
Características
[editar | editar a fonte]As follas son simples, normalmente decusadas, ou verticiladas; carecendo de estípulas. As flores son normalmente espectaculares, simétricamente radiais (actinomorfica), reunidas en inflorescencias cimosas ou racemosas (raramente en fascículos ou solitarias). Son hermafroditas, con (cáliz de 5 lóbulos) ou sen sépalos. As inflorescencias son terminais ou axiales. Os estames están insertos no interior do tubo da corola. O ovario está normalmente situado na parte superior.
A froita é unha drupa, ou baga, unha cápsula ou un folículo.
Fitoquímica
[editar | editar a fonte]As apocináceas teñen as seguintes características fitoquímicas: Presentan na maioría das veces alcaloides carbolínicos e outros alcaloides indólicos. Detectáronse iridoides nalgúns xéneros (Plumeria, Rauwolfia e Allamanda) Tamén presentan proantocianidinas, cianidina e delfinidina. Poden presentar kaempferol e/ou quercetina. Atopouse ácido ursólico. Os azucres son transportados como sacarosa ou como oligosacáridos. A fisioloxía C3 reportouse en Apocynum, Nerium, Pachypodium, Plumeria e Rhazya. O metabolismo CAM foi reportado directamente en Carissa (non-suculenta) e Pachypodium.[3]
Usos
[editar | editar a fonte]Algunhas plantas desta familia tiveron unha importancia económica no pasado.
Os xéneros Carpodinus, Landolphia, Hancornia, Funtumia e Mascarenhasia foron unha fonte secundaria de caucho.
O mollo leitoso da Namibia Pachypodium foi usado como veleno para impregnar as puntas das frechas.
Os xéneros seguintes son plantas ornamentais: Amsonia (estrela azul), Nerium (adelfa), Vinca (pervinca), Carissa, Allamanda (trompeta dourada), Plumeria (frangipani), Thevetia (noz afortunada), Mandevilla (flor da sabana).
Rauvolfia cafra é a "árbore da Quinina", de Suráfrica. Rauvolfia serpentina ou "raíz de serpe" da India fornece os alcaloides reserpina e rescinamina.
Algúns son fontes de drogas, tales como glicosida, relacionado co funcionamento do corazón: Acokanthera, Apocynum, Cérbera, Nerium, Thevetia e Strophanthus.
O xénero Apocynum usouse como fonte de fibras polos nativos americanos.
- Asclepiadaceae,
- Carissaceae,
- Cerberaceae,
- Cryptostegiaceae,
- Cynanchaceae,
- Ophioxylaceae,
- Pacouriaceae,
- Periplocaceae,
- Plumeriaceae,
- Stapeliaceae,
- Vincaceae e
- Willughbieaceae.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Endress M.E., Liede-Schumann S. & Meve U., An updated classification for Apocynaceae, Phytotaxa, vol. 159, pp. 175-194, 2014
- ↑ "Apocynaceae en The Plant List, vers. 1.1, 2013". Arquivado dende o orixinal o 18 de xuño de 2017. Consultado o 30 de marzo de 2017.
- ↑ L. Watson &M. J. Dallwitz: Families of flowering plants
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Apocynaceae |
Wikispecies posúe unha páxina sobre: Apocynaceae |