Apis (xénero)
Apis | |||||||||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Apis mellifera | |||||||||||||||||||||
Clasificación científica | |||||||||||||||||||||
| |||||||||||||||||||||
Especie tipo | |||||||||||||||||||||
Apis mellifera Linnaeus, 1758 | |||||||||||||||||||||
Especies | |||||||||||||||||||||
|
Apis é un xénero de insectos da orde dos himenópteros, suborde dos apócritos, superfamilia dos apoideos, familia dos ápidos e subfamilia dos apinos, o único que integra a tribo dos apini.[1]
O xénero inclúe varias especies de abellas produtoras de mel ou abellas melíferas.
Taxonomía
[editar | editar a fonte]Descrición
[editar | editar a fonte]O xénero foi descrito por Linneo na décima edición do seu Systema Naturae.[1]
Etimoloxía
[editar | editar a fonte]O nome Apis Linneo tomouno do latín apis, -is, "abella".[2]
Especies
[editar | editar a fonte]O xénero inclúe entre 7 e 9 especies, segundo os autores.[3] O ITIS considera as seguintes:[1]
- Apis andreniformis Smith, 1857, a abella melífera asiática pequena escura.
- Apis cerana Fabricius, 1793, a abella asiática ou abella melífera oriental.[4]
- Apis dorsata Fabricius, 1793, a abella melífera grande ou abella melífera asiática grande.
- Apis florea Fabricius, 1787, a abella melífera pequena ou abella melífera asiática pequena.
- Apis koschevnikovi Enderlein, 1906, a abella de Koschevnikov, distribuída en Borneo, Malaisia e Indonesia.
- Apis laboriosa Smith, 1871, a abella melífera do Himalaia
- Apis mellifera Linnaeus, 1758, a abella europea ou abella melífera occidental ou, simplemente, para nós, abella.[5]
- Apis nigrocincta Smith, 1860
Nota taxonómica
[editar | editar a fonte]- Algúns autores consideran a Apis laboriosa como unha subespecie de Apis dorsata.[6]
Grupos de especies do xénero Apis
[editar | editar a fonte]Polo tipo de niño de cría pódense dividir as especies de Apis en dous grupos:
- As que constrúen os seus favo ou panais en ocos, e que, polo tanto, son proclives a seren utilizadas polo home dentro de colmenas e préstanse para unha explotación racional mobilista (con cadros móbiles). Integran este grupo cinco especies: Apis mellifera, Apis cerana, Apis nigrocincta, Apis koschevnikovi e Apis nuluensis, das cales as dúas primeiras son explotadas na práctica da apicultura tradicional, podendo o resto seren explotadas polos nativos como apicultura cazadora-recolledora.
- As que constrúen os seus panais ao aire libre, xeralmente adheridos a ramas de plantas, como son os casos de Apis dorsata, Apis florea e Apis andreniformis (diferenciándose na altura dos sitios de nidificación), ou ben as que os constrúen en cantís rochosos, adheridos á pedra, como a especie Apis laboriosa.[7]
Orixe e distribución
[editar | editar a fonte]O xénero Apis parece ter a súa orixe no sur e o sueste de Asia, incluíndo as Filipinas. Todas as especies actuais, excepto Apis mellifera son nativas desa rexión. Os representantes viventes das primeiras liñaxes en diverxer, (Apis florea e Apis andreniformis) teñen o seu centro de dispersión nesta rexión.[8]
As primeiras abellas fósiles de Apis apareceron no límite Eoceno-Oligoceno (hai 34 millóns de anos) en xacementos europeos. A orixe destas abellas non indica que o lugar de orixn do xénero sexa Europa, só que xa estaban presentes nesa rexión nesa época. Coñécense moi poucos xacementos fósiles e están moi pouco estudados, así que a falta de fósiles non é de estrañar.
Non había especies de Apis no Novo Mundo antes da introdución da abella doméstica en Norteamérica polos colonos europeos a principios do século XVII.
Soamente un fósil está documentado no Novo Mundo, Apis nearctica, coñecido por un só espécime de 14 millóns de anos de antigüidade, encontrado no estado de Nevada.[9]
Galería
[editar | editar a fonte]-
Un punto de cor aplicado por un apicultor identifica a unha abella raíña
-
Apis cerana en Hong Kong
-
Apis dorsata
-
Apis mellifica visitando flores
-
Colonia de A. dorsata
-
Apis mellifica
-
Apis mellifica en Cistus, en Oakland, California
-
Apis mellifica colectando polen en flores de nabo en Oklahoma
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ 1,0 1,1 1,2 Apis Linnaeus, 1758 no ITIS.
- ↑ Apis no Merriam-Webster Dictionary.
- ↑ Michael S. Engel (1999). "The taxonomy of recent and fossil honey bees (Hymenoptera: Apidae: Apis)". Journal of Hymenoptera Research 8: 165–196.
- ↑ Deborah R. Smith; Lynn Villafuerte; Gard Otisc; Michael R. Palmer (2000). "Biogeography of Apis cerana F. and A. nigrocincta Smith: insights from mtDNA studies" (PDF). Apidologie 31 (2): 265–279. doi:10.1051/apido:2000121. Arquivado dende o orixinal (PDF) o 29 de febreiro de 2012. Consultado o 17 de xuño de 2021.
|archiveurl=
e|urlarquivo=
redundantes (Axuda);|archivedate=
e|dataarquivo=
redundantes (Axuda);|deadurl=
e|url-morta=
redundantes (Axuda);|accessdate=
e|data-acceso=
redundantes (Axuda) - ↑ abella no Dicionario da RAG.
- ↑ Engel, Michael S. (1999): "The taxonomy of recent and fossil honey bees (Hymenoptera: Apidae: Apis)". Journal of Hymenoptera Research 8: 165–196.
- ↑ Ahmad, F; et al. (2003). Indigenous Honeybees of the Himalayas: The Himalayan Cliff Bee.
- ↑ Smith, Deborah R., Lynn Villafuerte, Gard Otisc & Michael R. Palmer (2000). "Biogeography of Apis cerana F. and A. nigrocincta Smith: insights from mtDNA studies" (PDF). Apidologie 31 (2): 265–279. Arquivado dende o orixinal (PDF) o 29 de febreiro de 2012. Consultado o 17 de xuño de 2021.
|archiveurl=
e|urlarquivo=
redundantes (Axuda);|archivedate=
e|dataarquivo=
redundantes (Axuda);|deadurl=
e|url-morta=
redundantes (Axuda);|accessdate=
e|data-acceso=
redundantes (Axuda) - ↑ Engel, Michael S., I. A. Hinojosa-Diaz & A. P. Rasnitsyn (2009). "A honey bee from the Miocene of Nevada and the biogeography of Apis (Hymenoptera: Apidae: Apini)". Proceedings of the California Academy of Sciences 60 (3): 23–38.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Apis |
Wikispecies posúe unha páxina sobre: Apis |
Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Aguiar, Alexandre P. et al. (2013): "Order Hymenoptera". En Zhang, Z.-Q. (ed.): "Animal Biodiversity: An Outline of Higher-level Classification and Survey of Taxonomic Richness (Addenda 2013)". Zootaxa 3703: 1–82.
- Arnett, R. H. Jr. (2000): American insects, 2ª ed. Boca Ratón, Londres, Nova York, Washington DC: CRC Press. ISBN 0-8493-0212-9.
- Borror, D. J., DeLong, D. M. & Triplehorn, C. A. (1976): An introduction to the study of insects, 4ª ed. Nova York, Chicago: Holt, Rinehart and Winston. ISBN 0-0308-8406-3.
- Grimaldi, D. & Engel, M. S. (2005): Evolution of the Insects. Cambridge: Cambridge University Press. ISBN 978-0-5218-2149-0.
- Huber, John T. (2009): "Biodiversity of Hymenoptera". Capítulo 12. En Robert G. Foottit & Peter H. Adler: Insect Biodiversity: Science and Society. Hoboken, New Jersey: Blackwell Publishing. ISBN 978-1-4051-5142-9.
- O'Toole, Christopher & Raw, Anthony (1999): Bees of the world. Londres: Cassell & Co. ISBN 0-8160-5712-5.
- Sharkey, Michael J. (2007): "Phylogeny and Classification of Hymenoptera". Zootaxa 1668: 521–548.
- Sharkey, M. J.; Carpenter, J. M & Vilhelmsen, L. (2012): "Phylogenetic relationships among superfamilies of Hymenoptera". Cladistics 28 (1): 80–112.
- Michener, Charles D. (2007): The Bees of the World. 2ª ed. Baltimore: The Johns Hopkins University Press. ISBN 978-0-8018-8573-0.
- Vilhelmsen, Lard (2001): "Phylogeny and classification of the extant basal lineages of the Hymenoptera (Insecta)". Zoological Journal of the Linnean Society 131: 393–442.
Outros artigos
[editar | editar a fonte]- Ápidos
- Apócritos
- Apoideos
- Colapso das colonias de abellas (en inglés CCD)
- Himenópteros
- Neonicotinoides