Saltar ao contido

Apamea crenata

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Apamea crenata é unha avelaíña da familia Noctuidae. Está distribuída polo Paleártico. No norte cruza o círculo polar ártico, no Mediterráneo só se atopa en lugares fríos e montañas, evitando as áreas moi quentes. Nos Alpes, chega a altitudes duns 2000 metros.

Exemplar montado para exposición

Descrición

[editar | editar a fonte]

Ten unha envergadura alar de 36 a 44 mm. As ás anteriores son marón claras con manchas máis escuras polas beiras, xeralmente con marcas prominentes na base e tornus. As ás posteriores son cincentas con venación máis escura. Son bastante frecuentes as formas melánicas.

Descrición técnica e variacións

[editar | editar a fonte]

Ás anteriores de cor gris lila claro, a miúdo destinxidas con marrón claro; as veas son máis claras: a área costal tinguida de gris purpúreo; marxe interna de branco e cunha forte liña negra preto da base: liñas internas e externas dobres, pardas, a externa seguida dunha dobre ringleira de puntos nas veas marrón escuros cun punto branco entre eles; estigma marrón claviforme con perfil máis escuro; a vea orbicular xeralmente alongada e estreita, ás veces acurtada e máis redondeada, con centro marrón como na vea reniforme e perfil claro, a metade externa da reniforme máis clara que a interna, e o lobo inferior máis escuro; cela e vea mediana de tons marróns, esta última non chega baixo a cela; área marxinal alén da liña submarxinal marrón avermellada escura, emitindo grandes dentes cara a dentro nos dous lados; á posterior fuscosa, gris clara cara á base.

Describíronse as seguintes aberracións e formas: aberración (ab.) argentea Tutt ; forma ochrea Tutt; forma intermedia Tutt; forma flavorufa Tutt; forma putris Hbn.; forma combusta Haw.; ab. alopecurus Esp.; forma nigrorubida Tutt; ab. subrurea Petersen; ab. extincta Stgr.; ab. uniformis ab. nov.[Warren].[1]

Figuras.6, 6a, 6b, 6c larvas despois da muda final.

Bioloxía

[editar | editar a fonte]

Apamea crenata ocupa diversos hábitats. Coloniza desde zonas con abundante herba non curtada e húmida a sitios mesofílicos como praderías húmidas, pantanos, límites dos bosques ou claros, montañas e pradeiras de vales, tamén páramos, xardíns e parques. Nas Illas Británicas a etapa voadora é de maio a xullo. Atráea a luz e o azucre, especialmente as flores ricas en néctar. As eirugas adultas son de grises amarronadas a grises terrosas. Teñen unha liña dorsal amarela e branca. En cada segmento corporal hai puntos negros e verrugas en punta negras. A liña lateral é amarela e branca. Cabeza, escudo do colo e escudo anal marróns anegrados. Tres liñas lonxitudianis brillantes sobresaen do escudo do colo. A pupa granate está equipada con dúas espiñas e catro ganchos curtos no cremáster. A larva aliméntase de varias herbas, como Dactylis, Deschampsia, Festuca e Phalaris. Esta especie pasa o inverno como larva e aliméntase nos días de tempo suave durante toda a estación.[2]

  1. Seitz, A. Ed., 1914 Die Großschmetterlinge der Erde, Verlag Alfred Kernen, Stuttgart Band 3: Abt. 1, Die Großschmetterlinge des palaearktischen Faunengebietes, Die palaearktischen eulenartigen Nachtfalter, 1914
  2. "Robinson, G. S., et al. 2010. HOSTS – A Database of the World's Lepidopteran Hostplants. Natural History Museum, Londres.". 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]
  • Chinery, M. Collins Guide to the Insects of Britain and Western Europe. 1986 (Reimpreso en 1991)
  • Skinner, B. Colour Identification Guide to Moths of the British Isles. 1984

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]