Antonomasia
A antonomasia (do grego anti "no lugar de" e onoma "nome") ou pronominatio é un tropo que consiste en substituír un nome propio por unha perífrase ou por un apelativo. Tal é o sentido deste tropo que vén sendo, aplicada aos nomes propios, unha variante da perífrase e da sinécdoque. Isto é o concepto que tiñan os antigos da antonomasia. En tempos modernos G.J. Vossius traspuxo a reversibilidade posíbel na sinécdoque (species pro genere) analogamente para a antonomasia (individuum pro specie), conservando o nome de antonomasia, que hoxe se coñece como antonomasia volssiana que, polo tanto, consiste na substitución dun apelativo por un nome propio (tamén pode ser común), o cal posúe algunha relación co inicial nome común, é dicir, o inverso da antonomasia antiga.
Exemplos
[editar | editar a fonte]- Arribéi unha noite
- á cidade infernal,
- Sodoma irrespirábel,
- Gomorra dos bruídos, caos rodante
- que brama no amencer e non ten pálpebras.