Saltar ao contido

Antoni Asunción

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaAntoni Asunción

(2015) Editar o valor en Wikidata
Nome orixinal(ca) Antoni Asunción Hernández Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento12 de xullo de 1951 Editar o valor en Wikidata
Manises, España Editar o valor en Wikidata
Morte5 de marzo de 2016 Editar o valor en Wikidata (64 anos)
Valencia, España Editar o valor en Wikidata
Causa da mortecancro Editar o valor en Wikidata
Voceiro do Grupo Parlamentario Socialista nas Cortes Valencianas
9 de xullo de 1999 – 20 de setembro de 1999
← Antonio Moreno Carrasco (en) TraducirAntonio Moreno Carrasco (en) Traducir →
Deputado nas Cortes Valencianas
13 de xuño de 1999 – 20 de setembro de 1999 (renuncia)Nuria Espí de Navas (en) Traducir →
Circunscrición electoral: Valencia (en) Traducir, Valencia

Ministro do Interior de España
25 de novembro de 1993 – 6 de maio de 1994
← José Luis Corcuera (en) TraducirJuan Alberto Belloch →
Nomeado por: Felipe González
Deputado no Congreso dos Deputados
25 de xuño de 1993 – 9 de xaneiro de 1996

Circunscrición electoral: Valencia

Presidente da Deputación de Valencia
6 de xuño de 1983 – 7 de setembro de 1988
← Manuel Girona RubioFrancisco Blasco Castany (en) Traducir →
Alcalde de Manises
19 de abril de 1979 – 7 de maio de 1983 – Rafael Tos Viala (en) Traducir → Editar o valor en Wikidata
Datos persoais
EducaciónUniversidade de Valencia Editar o valor en Wikidata
Actividade
Lugar de traballo Madrid Editar o valor en Wikidata
Ocupaciónpolítico Editar o valor en Wikidata
Partido políticoPartido Socialista Obrero Español (valor descoñecido–2013) Editar o valor en Wikidata
Membro de
Premios

Antoni Asunción Hernández, nado o 12 de xullo de 1951 en Manises e finado na mesma cidade o 5 de marzo de 2016[1], foi un político valenciano.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Enxeñeiro industrial e militante do PSOE, foi elixido alcalde de Manises, a súa vila natal, nas primeiras eleccións municipais da democracia, en 1979. Posteriormente repetiu a vitoria nos comicios de 1983, pero ao ser designado días despois presidente da Deputación de Valencia abandonou a alcaldía. Continuou no cargo de presidente da Deputación ata 1988, logo de revalidar o posto despois das eleccións municipais de 1987. Nese ano é nomeado director de Institucións Penintenciarias por José Luis Corcuera, e permaneceu nese posto precisamente até que substitúe a este á fronte do Ministerio do Interior, en 1993. Como director de Institucións Penitenciarias acometeu a dispersión dos presos de ETA e tivo que facer fronte a unha folga de fame dos presos do GRAPO[2]. Recibiu fortes críticas dende diferentes asociacións de presos (como APRE ou antigos membros da COPEL ) debido ao silencio administrativo fronte as denuncias contra os malos tratos, torturas e illamentos que se levaron a cabo nos penais españois durante a súa dirección, así como a dispersión de presos non asociados o agrupacións terroristas.

Nos comicios xerais dese ano, 1993, foi elixido deputado. Só uns meses máis tarde, e durante un período de crise dos gobernos socialistas presididos por Felipe González, dimite do seu cargo de Ministro do Interior, logo da fuga de Luis Roldán, quen daquela era antigo director da Garda Civil. Con todo, continuou no seu posto como deputado ata 1996.

Despois de abandonar a política a nivel estatal regresou no nivel autonómico. En 1998 preséntase como candidato ás primarias do seu partido, o PSOE da Comunidade Valenciana, pero foi derrotado por moi estreita marxe por Joan Romero. Mais só uns meses despois Romero dimite, e el pasa a ser o candidato nas eleccións autonómicas de 1999. Nos comicios o PP obtén maioría absoluta, e Asunción pasa a ser o voceiro da oposición. Perde as eleccións internas pola secretaría xeral do seu partido só catro meses despois, e dimite de todos os seus postos no PSOE, co que abandona a vida política e regresa á vida empresarial para impulsar un negocio de acuicultura.

En 2010 quixo tentalo de novo nas primarias socialistas á candidatura á Comunidade Valenciana, pero os órganos da súa formación estiman que parte dos avais que presenta non son válidos e desestima o seu nome. Asunción cuestionou a limpeza do proceso, e foi suspendido da militancia no PSOE.[Cómpre referencia] Dous anos máis tarde, en 2013 apoiou publicamente a Ciudadanos.[Cómpre referencia]

  1. Muere el exministro del Interior socialista Antonio Asunción a los 64 años, nova en El Diario o 5 de marzo de 2016. (en castelán)
  2. "Antonio Asunción, exministro valenciano del Interior, muere a los 64 años". Las provincias (en castelán). 5 de marzo de 2016. Consultado o 5 de marzo de 2016.