Anthony Mundine
(2012) | ||||||||||||||||||||
Biografía | ||||||||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Nacemento | 21 de maio de 1975 (49 anos) Sydney, Australia | |||||||||||||||||||
Relixión | Islam | |||||||||||||||||||
Educación | Canterbury Boys' High School | |||||||||||||||||||
Altura | 180 cm | |||||||||||||||||||
Actividade | ||||||||||||||||||||
Ocupación | boxeador, xogador de rugby league | |||||||||||||||||||
Nacionalidade deportiva | Australia | |||||||||||||||||||
Deporte | boxeo Rugby league | |||||||||||||||||||
Disciplina deportiva | super middleweight (en) peso médio (pt) light middleweight (en) | |||||||||||||||||||
| ||||||||||||||||||||
Páxina web | teammundine.com.au | |||||||||||||||||||
Anthony Mundine, nado o 21 de maio de 1975, é un boxeador profesional e antigo xogador de rugby league australiano. No boxeo, tivo dúas veces o título de campión en peso supermedio da WBA entre 2003 e 2008, así como o título de peso medio da IBO dende 2009 até 2010, e o título WBA ínterim en peso superwélter dende 2011 até 2012. Mundine é coñecido polas súas grandes rivalidades cos seus compañeiros australianos Danny Green e Daniel Geale.
Antes de comezar no boxeo, Mundine foi o xogador mellor pagado da NRL.[1] El considérase a si mesmo como o mellor atleta australiano da historia.[2] É o fillo do boxeador Tony Mundine que pertence ó pobo bundjalung da costa norte de Nova Gales do Sur.[3]
Mundine foi nomeado a persoa aborixe e insular de Torres do ano 2000. É o primeiro boxeador da historia en retransmitir todas as súas pelexas profesionais para televisión e en xerar máis pay-per-view que calquera outro boxeador australiano dende que se converteu en profesional.[4] Steve Bunce describiuno como "posiblemente o mellor atleta versátil da historia do boxeo".[5] Mundine tivo unha relación treboenta cos medios de comunicación:[6] e a súa conversión ó islam en 1999, a súa autopromoción e as súas opinións xeraron unha relación de amor-odio coa opinión pública australiana.[7] Mundine tamén foi descrito como "o atleta máis polarizante na historia deportiva de Australia".[8]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "Anthony Mundine Biography". Biography.jrank.org. Consultado o 14 de novembro de 2013.
- ↑ "Anthony Mundine convinced his achievements in league and boxing make him Australia's best all-round sportsman". Daily Telegraph. Consultado o 21 de xullo de 2015.
- ↑ Chap off the old Block is pushing hard for the new, John Ellicott, The Sydney Morning Herald, 18 de maio de 2009.
- ↑ Corbin Middlemas (6 de xuño de 2012). "Mundine versus Green: why bother? – ABC Grandstand Sport — ABC News (Australian Broadcasting Corporation)". Abc.net.au. Consultado o 14 de agosto de 2012.
- ↑ Steve Bunce (26 de novembro de 2012). "Bunce on Boxing: Freddie Flintoff has put hard yards in – but he's no Mundine – Others – More Sports". Londres: The Independent. Consultado o 14 de novembro de 2013.
- ↑ Smith, Amanda (2 de novembro de 2001). "Political Football". ABC. Arquivado dende o orixinal o 25 de maio de 2006. Consultado o 2 de febreiro de 2006.
- ↑ Makinde, Adeyinka. "The Politics of Anthony Mundine". East Side Boxing.com.
- ↑ Jeff Fenech looking forward to Wood turning out Mundine's lights, by Nick Walshaw, The Daily Telegraph, consultado o 13 de abril de 2011.