Saltar ao contido

Angelika Kauffmann

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaAngelika Kauffmann

Editar o valor en Wikidata
Nome orixinal(de) Maria Anna Angelika Kauffmann Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento30 de outubro de 1741 Editar o valor en Wikidata
Coira, Suíza Editar o valor en Wikidata
Morte5 de novembro de 1807 Editar o valor en Wikidata (66 anos)
Roma, Italia Editar o valor en Wikidata
Lugar de sepulturaSant'Andrea delle Fratte (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Actividade
Campo de traballoPintura Editar o valor en Wikidata
Lugar de traballo Roma
Venecia
Londres Editar o valor en Wikidata
Ocupaciónpintora, artista, gravadora, artista visual Editar o valor en Wikidata
Período de actividade1756 Editar o valor en Wikidata - 1807 Editar o valor en Wikidata
Membro de
Xénero artísticoRetrato pictórico, Pintura de historia e Neoclasicismo Editar o valor en Wikidata
MovementoNeoclasicismo Editar o valor en Wikidata
Obra
Obras destacables
Familia
CónxuxeAntonio Zucchi (1781–1795) Editar o valor en Wikidata
PaiJoseph Johann Kauffmann Editar o valor en Wikidata
ParentesRudolf-Alois Kauffmann, curmán entregue Editar o valor en Wikidata
Sinatura Editar o valor en Wikidata

Descrito pola fonteWomen Painters of the World (Pintoras do Mundo) (pt) Traducir, (sec:Kauffman, Angelica, R.A.)
English Female Artists (en) Traducir, (sec:Kauffman, Angelica, i. 233)
Grande Enciclopedia Soviética 1969-1978, (sec:Кауфман Ангелика) Editar o valor en Wikidata
BNE: XX5431091 Musicbrainz: d0125202-4875-449d-b1ff-9d924f9b12d3 WikiTree: Kauffmann-256 Editar o valor en Wikidata

Maria Anna Angelika Katharina Kauffmann, nada en Chur (Grisóns) o 30 de outubro de 1741 e finada en Roma o 5 de novembro de 1807, foi unha pintora suíza do neoclasicismo que tivo unha carreira de éxito en Londres e Roma. Lembrada especialmente como pintora da historia, foi tamén unha destacada retratista e pintora de decoracións e paisaxes. Foi unha das dúas mulleres membros fundadores da Royal Academy de Londres en 1768.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]
Autorretrato (1780-1785), Ermitage.

Kauffman naceu en Chur (Suíza). A súa familia mudouse a Morbegno en 1742, e posteriormente a Como na Lombardía en 1752, nese tempo baixo o dominio austríaco. En 1757 acompañou o seu pai a Schwarzenberg en Vorarlberg (Austria), onde o seu pai estaba a traballar para o bispo local.[1] O seu pai, Joseph Johann Kauffmann, era un home relativamente pobre, mais un habilidoso muralista e pintor austríaco, que adoitaba viaxar polo seu traballo. Adestrou a Angelika e esta traballou como axudante seu. Axiña aprendeu varias linguas da súa nai, Cleophea Lutz, lía incesantemente e amosaba un destacado talento como música. O seu maior progreso, non obstante, era na pintura, e ao cumprir doce anos fixérase célebre, de tal xeito que bispos e nobres posaban para ela. En 1754 o seu pai levouna con el a Milán.[2] Posteriormente repetiron máis visitas a Italia, de longa duración,[3] e en 1762 converteuse en membro da Accademia di Belle Arti di Firenze.[4] En 1763 visitou Roma, regresando de novo en 1764. De Roma marchou a Boloña e Venecia, sendo celebrada en todos os lugares aos que ía, tanto polo seu talento como polo seu encanto persoal.

En agosto de 1764 Johan Winckelmann escribiu dende Roma ao seu amigo Franke mencionando a excepcional popularidade da pintora. Estaba entón Angelika pintando o seu retrato, de medio corpo, do que tamén fixo unha augaforte. Falaba italiano, ademais de alemán, di Winckelmann; e igualmente expresábase con facilidade en francés e inglés,[5] e como resultado disto, era unha retratista popular entre os ingleses que visitaban Roma. «Pode ser considerada bela», engade, «e cantando pode igualarse aos nosos mellores virtuosos».[3]

Estando en Venecia, Lady Wentworth, a esposa do embaixador inglés, pediulle que a acompañase a Londres. Unha das súas primeiras obras foi un retrato de David Garrick, exposto o ano da súa chegada no «Gran salón do Sr. Moreing en Maiden Lane». O rango de Lady Wentworth abriulle as portas da sociedade e foi ben recibida en todas as partes, mostrándolle especialmente un gran favor a familia real.

O seu amigo máis fiel, non obstante, foi o pintor sir Joshua Reynolds. No seu caderno de notas, aparece con frecuencia o nome da pintora como Miss Angelica ou Miss Angel, e en 1766 pintouna, cumprido que ela devolveu co seu Retrato de Sir Joshua Reynolds. Outra proba da súa intimidade con Reynolds atópase na súa variación da obra de Guercino titulada Et in Arcadia ego, un tema que Reynolds repetiu uns anos máis tarde no seu retrato da Sra. Bouverie e da Sra. Crewe.[3]

Cando, arredor de novembro de 1767, ela foi vítima dun engano para casar clandestinamente cun aventureiro que pasaba por ser un conde sueco (o conde Frederick de Horn),[3][6] Reynolds axudou a liberala. É sen dúbida ningunha debido aos bos oficios de Reynolds que Angelika fose unha das fundadoras da Royal Academy, estando entre os que asinaron a célebre petición ao rei para que establecese unha Academia Real de Pintura e Escultura. No seu primeiro catálogo de 1769 ela aparece con «R. A.» despois do seu nome (unha honra que compartiu con outra muller, Mary Moser); e contribuíu coa pintura Entrevista de Héctor e Andrómaca, e outras tres composicións clásicas.

A súa amizade con Reynolds foi criticada en 1775 polo académico Nathaniel Hone no seu cadro satírico O prestidixitador, en que atacaba a moda a arte renacentista italianizado; ridiculizaba a Reynolds, e incluía unha caricatura espida de Kauffmann, que máis tarde Hone repintou. A obra foi rexeitada pola Royal Academy.

Dende 1769 ata 1782, Angelika exhibiu as súas pinturas na exposición anual, enviando ás veces ata sete cadros, xeralmente con temas clásicos (Ariadna abandonada por Teseo) ou alegóricos. Unha das máis salientables foi Leonardo expirando nos brazos de Francisco I, de 1778. En 1773 foi escollida pola Academia, con outros, para decorar a Catedral de San Paulo de Londres, e foi ela quen, con Biagio Rebecca, pintou a antiga sala de lectura da Academia en Somerset House.[7]

Ariadna abandonada por Teseo, 1774. Museo de Belas Artes de Houston.

Os seus mellores traballos eran os de pintura de historia, a categoría máis lucrativa dentro da pintura académica do século XVIII. Baixo a dirección de Reynolds, a Academia fixo un grande esforzo para promocionar a pintura de historia entre un público, o inglés, que estaba máis interesado en encargar e comprar retratos e paisaxes. A pesar da popularidade que Kauffmann gozaba na sociedade inglesa e o seu éxito como artista, estaba decepcionada pola relativa apatía que os ingleses sentían cara á pintura de historia. Ao final, abandonou Inglaterra e marchou ao continente, onde este xénero estaba mellor estimado e pagado.

É probable que a súa popularidade declinase un pouco como consecuencia do seu desafortunado primeiro matrimonio; mais en 1781, despois da morte do seu primeiro marido (do que estivo separada durante longo tempo), casou con Antonio Zucchi (1728-1795), un artista veneciano por entón residente en Inglaterra.[7] Pouco despois, ela retirouse a Roma, onde se fixo amiga, entre outros, de Goethe, que dixo que ela traballaba máis duro e lograba máis que ningún outro artista que el coñecese, mais sempre impaciente, quería facer máis.[8] Viviu durante 25 anos con gran parte do seu antigo prestixio.[7]

En 1782 morreu o seu pai e en 1795, o seu marido. Continuou a contribuír á Academia de xeito intermitente, expoñendo por derradeira vez en 1797. Despois diso, pouco máis produciu, e en 1807 faleceu en Roma, sendo honrada cun espléndido funeral dirixido por Antonio Canova. Toda a Accademia di San Luca, con numerosos eclesiásticos e virtuosos, foi tras ela ata onde foi soterrada, en Sant'Andrea delle Fratte, e, como no enterro de Rafael, dúas das súas mellores pinturas foron levadas en procesión.[7]

Valoración e crítica

[editar | editar a fonte]
Anna von Escher van Muralt, c. 1800, Museo do Prado.

Angelika Kauffmann foi unha artista extremadamente prolífica que conseguiu na súa época unha enorme popularidade e fortuna. Os temas que abordou nos seus cadros son na súa maioría retratos, aínda que tamén abundan os temas mitolóxicos e alegóricos, os históricos ou os relixiosos.

No seu tempo, leváronse a cabo multitude de reproducións da súa obra a través de gravados. Ademais, os seus deseños empregáronse en innumerables soportes decorativos como abanos, mobiliario pintado, floreiros, xogos de té, caixas de madeira, champañeiras ou porcelanas.

As súas obras consérvanse nalgunhas das máis relevantes pinacotecas do mundo como o MET de Nova York, o Museo do Prado de Madrid,[9] a Tate Britain,[10] a National Portrait Gallery e o Victoria and Albert Museum de Londres, a Royal Collection Trust (Palacio de Buckingham), a Gemäldegalerie Alte Meister de Dresden,[11] a Galería Uffizi en Florencia, a Accademia di San Luca en Roma, o Museo do Louvre, a Österreichische Galerie de Viena, a Klassik Stiftung en Weimar, o Nationalmuseum Stockholm, o Ermitage de San Petersburgo, o Puschkin-Museum en Moscova, o Museo Nacional de Varsovia, o Museum of Fine Arts de Houston, o Virginia Museum of Fine Arts de Richmond, o National Museum of Women in the Arts en Washington, D.C.,[12] o Denver Art Museum (Colorado) ou o Art Institute de Chicago.[13][14][15][16][17][18]

Na localidade austríaca de Schwarzenberg, de onde era oriúnda a súa familia, atópase un museo dedicado enteiramente á súa figura.[19]

En 1911 podían verse cuartos decorados polo seu pincel en varias mansións privadas. En Hampton Court había un retrato da duquesa de Brunswick; tamén na National Portrait Gallery e no Museo Thyssen-Bornemisza.[20] Outros cadros consérvanse en París, Dresden, no Ermitage de San Petersburgo e na Alte Pinakothek de Múnic.[21] O cadro de Múnic é outro autorretrato, e hai un terceiro na Galería Uffizi en Florencia.[22] Porén, quizais sexa máis coñecida polos numerosos gravados a partir dos seus debuxos feitos por Schiavonetti, Bartolozzi e outros. Os de Bartolozzi especialmente aínda contan cun favor considerable entre os coleccionistas.[23]

Charles Willson Peale (1741-1827), artista, patriota e fundador dunha das principais dinastías artísticas dos Estados Unidos, puxo os seus fillos nomes de grandes artistas europeos, incluíndo unha filla, Angelica Kauffman Peale. A súa vida foi escrita en 1810 por Giovanni de Rossi. A artista tamén serviu como inspiración para unha novela romántica de Leon de Wailly (1838) e baseou a novela de Mrs. Richmond Ritchie na revista The Cornhill Magazine en 1875 titulada Miss Angel.

En 2007, o correo austríaco emitiu un selo postal coincidindo co 200 aniversario do seu falecemento, ilustrado co seu Selbstbildnis in Wäldertracht ("Autorretrato con traxe típico de Vorarlberg") de 1781, que se atopa no Museo Provincial do Tirol, en Innsbruck.[24]

  1. AKRP: Chronology.
  2. Ratiner 2005.
  3. 3,0 3,1 3,2 3,3 Dobson 1911, p. 697.
  4. Roworth 2004.
  5. AKRP: Biography.
  6. Roworth 2013.
  7. 7,0 7,1 7,2 7,3 Dobson 1911, p. 698.
  8. Recoñido na Viaxe italiana de Goethe, 1786-1788
  9. "Kauffmann, Angelica - Museo Nacional del Prado". www.museodelprado.es. Consultado o 30 de outubro de 2017. 
  10. Tate. "‘Portrait of a Lady’, Angelica Kauffman, c.1775 | Tate". Tate (en inglés). Consultado o 30 de outubro de 2017. 
  11. "Angelica Kauffmann - Artworks". www.the-athenaeum.org. Consultado o 30 de outubro de 2017. 
  12. "Angelica Kauffman | National Museum of Women in the Arts". nmwa.org (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 06 de xaneiro de 2020. Consultado o 30 de outubro de 2017. 
  13. "Kauffmann, Angelica | The Art Institute of Chicago". www.artic.edu (en inglés). Consultado o 30 de outubro de 2017. 
  14. "Angelica Kauffmann | The Sorrow of Telemachus | The Met". The Metropolitan Museum of Art, i.e. The Met Museum. Consultado o 30 de outubro de 2017. 
  15. "Angelica Kauffmann - Person - National Portrait Gallery". www.npg.org.uk (en inglés). Consultado o 30 de outubro de 2017. 
  16. "Accademia di San Luca". www.royalcollection.org.uk (en inglés). Consultado o 30 de outubro de 2017. 
  17. "FONDAZIONE ZERI | CATALOGO : Kauffmann Angelica Maria, Autoritratto di Angelica Kauffmann". catalogo.fondazionezeri.unibo.it (en inglés). Consultado o 30 de outubro de 2017. 
  18. "Ariadne Abandoned by Theseus | The Museum of Fine Arts, Houston". www.mfah.org. Arquivado dende o orixinal o 07 de novembro de 2017. Consultado o 30 de outubro de 2017. 
  19. "Aktuelle Ausstellung | Angelika Kauffmann Museum Schwarzenberg". angelika-kauffmann.com (en alemán). Consultado o 30 de outubro de 2017. 
  20. "Retrato de una mujer como una Vestal". Museo Nacional Thyssen-Bornemisza (en castelán). Consultado o 30 de outubro de 2017. 
  21. "Angelica Kauffmann - Artworks". www.the-athenaeum.org. Consultado o 30 de outubro de 2017. 
  22. "Autorretrato (1787) Angelica Kauffmann". www.epdlp.com. Consultado o 2024-01-25. 
  23. "The Judgment of Paris". British Museum. Consultado o 30 de outubro de 2017. 
  24. Österreichische Post AG. Briefmarken: Berühmte Gemälde aus österreichischen Sammlungen 4.Wert: Angelika Kauffmann - Selbstportrait. Consultado o 24 de novembro de 2008

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]