Andrej Plenković
Andrej Plenković, nado en Zagreb o 8 de abril de 1970, é un político croata. Dende o 19 de outubro de 2016 é o Primeiro Ministro de Croacia.[1]
Traxectoria
[editar | editar a fonte]En 1992, graduouse en Dereito na Facultade de Dereito da Universidade de Zagreb. Mentres estivo na universidade, Plenković participou activamente na ELSA da que foi presidente en 1991. Como estudante, traballou no bufete de avogados de Londres Stephenson Harwood. No Ministerio de Asuntos Exteriores completou un programa para converterse nun diplomático e en 1992 pasou o exame de consulta na Academia Diplomática en Zagreb. Na Facultade de Dereito da Universidade de Zagreb terminou a súa mestría en dereito público e dereito internacional privado e obtivo unha mestría na Facultade de Ciencias Políticas na Universidade de Zagreb no ano 2002.
De 1994 a 2002 ocupou diversos cargos no Ministerio de Asuntos Exteriores, incluído o de xefe do Departamento de Integración Europea e asesor do ministro de Asuntos Europeos. De 2002 a 2005 traballou para a Unión Europea en Bruxelas. Tamén foi responsable de coordinar as actividades políticas e, posteriormente, até 2010, exerceu como embaixador adxunto en Francia, onde estivo involucrado en cuestións políticas e de organización. De 2011 a 2013 foi membro da Unión Democrática Croata para o Parlamento de Croacia.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ (Reuters/EP) (10 de outubro de 2016). "La presidenta de Croacia nombra primer ministro al líder del partido conservador HDZ". Consultado o 11 de octubre de 2016.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Andrej Plenković |
Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Páxina oficial (en croata)