Anders Sparrman
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 16 de febreiro de 1748 Lena Parish, Suecia (en) |
Morte | 9 de agosto de 1820 (72 anos) Storkyrkoförsamlingen, Suecia (en) |
Catedrático | |
Catedrático de universidade | |
Datos persoais | |
Educación | Universidade de Uppsala |
Director de tese | Carl von Linné |
Actividade | |
Campo de traballo | Botánica, Ornitoloxía e medicina |
Lugar de traballo | Uppsala |
Ocupación | explorador, naturalista, explorador cientifíco (pt) , botánico, ornitólogo, médico, debuxante |
Membro de | |
Influencias | |
Obra | |
Abreviación dun autor en botánica | Sparrm. |
Familia | |
Pai | Erik Sparrman |
Irmáns | Anna Magdalena Sparrman |
Descrito pola fonte | Svenskt biografiskt handlexikon (en) Dicionário Biográfico Sueco (pt) Obálky knih, |
Anders Erikson Sparrman, nado o 27 de febreiro de 1748 en Tensta (Condado de Uppsala), e finado o 9 de agosto de 1820 en Estocolmo, foi un naturalista, botánico e abolicionista sueco, un dos dezasete apóstolos de Linneo, que describiu numerosas especies novas para a ciencia.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Anders Sparrman era fillo dun clérigo. Aos nove anos entrou na Universidade de Uppsala, onde comezou os seus estudos de Medicina, e aos catorce converteuse nun dos pupilos máis destacados de Linneo.
En 1765 fixo unha viaxe a China como cirurxián a abordo, regresando dous anos máis tarde despois de realizar a descrición dos animais e plantas que encontrara.
En xaneiro de 1772 viaxou até o Cabo da Boa Esperanza, para ocupar un posto como titor. Cando máis tarde dese mesmo ano James Cook chegou alí ao comezo do seu segundo viaxe, Sparrman uniuse á expedición como naturalista axudante de Johann e Georg Forster. Despois da viaxe volveu á Cidade do Cabo en xullo de 1775, dedicándose a exercer de médico, conseguindo suficiente diñeiro para financiar unha viaxe ao interior do continente.
En 1776 volveu a Suecia, onde se premiara cun doutoramento honorario na súa ausencia. Foi elixido, ademais, como membro da Real Academia das Ciencias de Suecia. En 1780 foi o conservador das coleccións de historia natural de dita Academia, e en 1781 profesor de historia natural e farmacoloxía, e asesor do Collegium Medicum en 1790.
Obras
[editar | editar a fonte]Sparrman publicou numerosos traballos, o máis coñecido deles é o relación das súas viaxes en Suráfrica e con Cook, publicadas en 1789 co título de A voyage to the Cape of Good Hope, towards the Antarctic polar circle, and round the world: But chiefly into the country of the Hottentots and Caffres, from the year 1772 to 1776 (Unha viaxe ao Cabo da Boa Esperanza, cara ao círculo polar antártico, e ao redor do mundo: pero sobre todo cara ao país dos Hotentotes e Cafres, dos anos 1772 a 1776).
Tamén publicou, entre 1786 e 1789 o Catálogo do Museo Carlsonianum, no que describiu moitos dos espécimes que recollera en Suráfrica e no Pacífico Sur, algúns dos cales eran novos para a ciencia.
Así mesmo, publicou en 1806, unha Ornitoloxía de Suecia.
Abreviaturas
[editar | editar a fonte]A abreviatura Sparr. emprégase para recoñecer a Anders Sparrman como autoridade na descrición e clasificación científica en botánica.
A abreviatura Sparrman emprégase para recoñecer a Anders Sparrman como autoridade na descrición e taxonomía en zooloxía.