Saltar ao contido

Anadolu Efes S.K.

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Anadolu Efes
Información xeral
Liga BSL / Euroliga
Fundación 1976
Historia Efes Pilsen (1976−2011)
Cores                     Azul, branco, vermello
Presidente Tuncay Özilhan
Adestrador Erdem Can
Patrocinador Anadolu Efes
Vestimenta Nike
Localización
Cidade Istambul, Turquía
Pavillón Sinan Erdem Spor Salonu
Capacidade 16 000
Inauguración 23 de abril de 2010
Campionatos
Euroliga 1 (2021, 2022)
C. Korać 1 (1996)
Liga 15 (1979, 1983−1984, 1992−1994, 1996−1997, 2002−2005, 2009, 2019, 2021)
Copa 11 (1994, 1996−1998, 2001−2002, 2006−2007, 2009, 2015, 2018)
Supercopa 12 (1986, 1992−1993, 1996, 1998, 2000, 2006, 2009, 2010, 2015, 2018, 2019)
efesbasket.org

O Anadolu Efes Spor Kulübü (antes coñecido como Efes Pilsen) é un equipo de baloncesto da cidade de Istambul (Turquía) que por palmarés é considerado como un dos equipos máis importantes na historia do baloncesto turco, xa que gañou o título de liga en 15 ocasións. A nivel europeo, destacan os seus título da Euroliga nos anos 2021 e 2022. O pavillón no que xoga os seus partidos como local é o Sinan Erdem Spor Salonu, cunha capacidade para 16 000 espectadores.

O club foi fundado no ano 1976 co nome de "Efes Pilsen Spor Kulübü" tras a compra dos dereitos do Kadıköyspor, equipo da Segunda División turca que contaba con numeroros problemas económicos.[1] Encabezados por Tuncay Özilhan, o corpo técnico do equipo estaría formado por Pano Natof na dirección xeral, Berna Sirmen na presidencia, Talat Öztoprak na administración e Faruk Akagün como adestrador. O seu primeiro patrocinador foi a cervexa Efes Pilsen, unha subsidiaría do Grupo Anadolu. En 1978, dous anos despois da súa fundación, o club gaña o título de campión da Segunda División turca, finalizando o campionato sen coñecer a derrota e ascendendo á máxima categoría do baloncesto turco, onde permanece desde aquela.

Na súa primeira tempada na elite (1978–79), o Efes Pilsen gaña o seu primeiro título de liga, situándose dende aquela como un dos equipos punteiros do baloncesto turco. Despois de finalizar como subcampións da Copa Saporta de 1993, o club gaña o seu primeiro título europeo en 1996, ano no que conseguen a Copa Korać tras vencer na final ao Stefanel Milano italiano. Este título supuxo o primeiro título continental para un club turco en calquera deporte. Posterioemte, o Efes Pilsen converteríase nun dos equipos fixos da Euroliga, sendo as súas mellores clasificación as acadadas en 2000 e 2001 ao acabar en terceiro lugar. En ambas ocasións perderían nas semifinais da Final Four ante o Panathinaikos grego, gañando posteriormente no partido polo terceiro lugar ao FC Barcelona (2000) e ao CSKA Moscova (2001).

Na ano 2006, o club converteuse no primeiro equipo turco convidado a xogar contra un equipo da NBA.[2] Os partidos foron contra os Denver Nuggets en Denver (Colorado) o 10 de outubro e contra os Golden State Warriors en Oakland (California) o 12 de outubro. Ambos encontros saldáronse con vitoria para os equipos estadounidenses. Ao ano seguinte sería un equipo da NBA o que visitaría a casa do Efes Pilsen. No encontro, disputado no Abdi İpekçi Arena, os Minnesota Timberwolves vencerían ao equipo local por 84–81. En 2011 o club vese obrigado a mudar ao seu nome a "Anadolu Efes Spor Kulübü" por mor da TAPDK, unha lei que prohibe o uso de publicidade de tabaco e alcol en equipos deportivos.

Na temporada 2018−19, o Efes tivo conseuguiu finalizar co cuarto lugar de cabeza de serie nos playoffs. Nas eliminatorias conseguiron eliminar ao FC Barcelona para pasar á súa primeira final a catro da Euroliga en 19 anos. Na semifinal, o Efes gañou aos seus grandes rivais, o Fenerbahçe por 92–73 para acadar a súa primeira final da Euroliga da historia. Porén, na final o Efes foiderrotado polo CSKA Moscova, ficando finalmente como subcampións. A nivel doméstico, con todo, gañaron o seu primeiro campionato da Basketbol Süper Ligi desde 2009. O destino na Euroliga mudaría nas temporadas 2020−21 e 2021−22, xa que o Anadolu Efes conseguiu dous campionatos consecutivos da Euroliga. No primeiro vingáronse en semifinais do CSKA Moscova (86−89) e na final venceron ao FC Barcelona por 86−81. No segundo venceron nas semifinais ao Olympiacos (77−74) e na final ao Real Madrid (58−57).

Xogadores

[editar | editar a fonte]

Cadro actual

[editar | editar a fonte]
Anadolu Efes 2022–2023
Xogadores Adestradores
Pos. # Nac. Nome Altura Peso Procedencia
B 0 Larkin, Shane 1,83 m (6 ft 0 in) 79 kg (174 lb) 32 anos − 01992-10-02 2 de outubro de 1992
E 1 Francia Beaubois, Rodrigue 1,88 m (6 ft 2 in) 84 kg (185 lb) 36 anos − 01988-02-24 24 de febreiro de 1988
B 4 Balbay, Doğuş (C) 1,85 m (6 ft 1 in) 82 kg (181 lb) 35 anos − 01989-01-21 21 de xaneiro de 1989
A 6 Bryant, Elijah 1,96 m (6 ft 5 in) 95 kg (209 lb) 29 anos − 01995-04-19 19 de abril de 1995
B 10 İlyasoğlu, Ömercan 1,95 m (6 ft 5 in) 85 kg (187 lb) 23 anos − 02001-01-01 1 de xaneiro de 2001
B 11 Gazi, Erten 1,91 m (6 ft 3 in) 93 kg (205 lb) 27 anos − 01997-06-15 15 de xuño de 1997
A 12 Clyburn, Will 2,01 m (6 ft 7 in) 95 kg (209 lb) 34 anos − 01990-05-17 17 de maio de 1990
P 15 Güven, Egemen 2,13 m (7 ft 0 in) 100 kg (220 lb) 28 anos − 01996-09-25 25 de setembro de 1996
A 18 Arna, Egehan 2,03 m (6 ft 8 in) 93 kg (205 lb) 27 anos − 01997-01-05 5 de xaneiro de 1997
E 19 Tuncer, Buğrahan 1,93 m (6 ft 4 in) 90 kg (198 lb) 31 anos − 01993-03-23 23 de marzo de 1993
P 21 Alemaña Pleiß, Tibor 2,21 m (7 ft 3 in) 116 kg (256 lb) 35 anos − 01989-11-02 2 de novembro de 1989
B 22 Micić, Vasilije 1,96 m (6 ft 5 in) 92 kg (203 lb) 30 anos − 01994-01-13 13 de xaneiro de 1994
AP 24 Francia M'Baye, Amath 2,06 m (6 ft 9 in) 102 kg (225 lb) 35 anos − 01989-12-14 14 de decembro de 1989
AP 33 Italia Polonara, Achille 2,03 m (6 ft 8 in) 90 kg (198 lb) 33 anos − 01991-11-23 23 de novembro de 1991
P 41 Croacia Žižić, Ante 2,11 m (6 ft 11 in) 121 kg (267 lb) 27 anos − 01997-01-04 4 de xaneiro de 1997
P 42 Dunston, Bryant 2,03 m (6 ft 8 in) 114 kg (251 lb) 38 anos − 01986-05-28 28 de maio de 1986
Adestrador
  • Ergin Ataman
Asistente(s)
  • Croacia Tomislav Mijatović
  • Yakup Sekizkök
  • Cenk Yıldırım
Director deportivo
  • Alper Yılmaz

Lenda
  • (C) Capitán
  • Lesionado Lesionado

Cadro
Actualizado: 28−082022

Adestradores

[editar | editar a fonte]
  • Turquía Rıza Erverdi (1983–1984)
  • Turquía Aydan Siyavuş (1984–1986)
  • Serbia Rusmir Halilović (1986–1987)
  • Turquía Aydan Siyavuş (1987–1990)
  • Turquía Halil Üner (1990–1992)
  • Turquía Aydın Örs (1992–1999)
  • Turquía Ergin Ataman (1999–2001)
  • Turquía Oktay Mahmuti (2001–2007)
  • Estados UnidosIsrael David Blatt (2007–2008)
  • Turquía Ekrem Memnun (2008)
  • Turquía Ergin Ataman (2008–2010)
  • Croacia Velimir Perasović (2010–2011)
  • Turquía Ufuk Sarıca (2011–2012)
  • Grecia Ilias Zouros (2012)
  • Turquía Oktay Mahmuti (2012–2013)
  • Grecia Vangelis Angelou (2013–2014)
  • Serbia Dušan Ivković (2014–2016)
  • Turquía Ahmet Çakı (2016)
  • Croacia Velimir Perasović (2016–2017)
  • Turquía Ergin Ataman (2017–presente)
Partido do Anadolu Efes fronte o Fenerbahçe (2018).

Campeticións europeas

[editar | editar a fonte]

Euroliga

  • Campións (2): 2021, 2022
  • Subcampións (1): 2019

Copa Saporta

  • Subcampións (1): 1993

Copa Korać

  • Campións (1): 1996

Competicións domésticas

[editar | editar a fonte]

Liga de Turquía

  • Campións (15): 1979, 1983, 1984, 1992, 1993, 1994, 1996, 1997, 2002, 2003, 2004, 2005, 2009, 2019, 2021
  • Subcampións (12): 1986, 1998, 1999, 2000, 2001, 2006, 2007, 2010, 2012, 2015, 2016, 2022

Copa de Turquía

  • Campións (12): 1994, 1996, 1997, 1998, 2001, 2002, 2006, 2007, 2009, 2015, 2018, 2022
  • Subcampións (4): 2004, 2014, 2017, 2019

Supercopa de Turquía

  • Campións (12): 1986, 1992, 1993, 1996, 1998, 2000, 2006, 2009, 2010, 2018, 2019
  • Subcampións (11): 1994, 1997, 1999, 2001, 2002, 2003, 2004, 2005, 2007, 2012, 2016

Partidos fronte equipos da NBA

[editar | editar a fonte]
10 de outubro de 2006 Denver Nuggets 118–102 Efes Pilsen Estados Unidos Pepsi Center, Denver
12 de outubro de 2006 Golden State Warriors 120–66 Efes Pilsen Estados Unidos Oracle Arena, Oakland
6 de outubro de 2007 Minnesota Timberwolves 84–81 Efes Pilsen Turquía Abdi İpekçi Arena, Istambul
  1. "Tarihçe". efesbasket.org (en turco). Arquivado dende o orixinal o 29 de xuño de 2015. Consultado o 13 de setembro de 2015. 
  2. "Turkish power Efes Pilsen no match for Warriors". ESPN (en inglés). 13 de outubro de 2006. Consultado o 13 de setembro de 2015. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]