Saltar ao contido

Ana de Kíiv

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaAna de Kíiv

Editar o valor en Wikidata
Nome orixinalAna Yaroslavna
Biografía
Nacementoc. 1025 Editar o valor en Wikidata
Kíiv, Ucraína Editar o valor en Wikidata
Mortedécada de 1070 Editar o valor en Wikidata (44/54 anos)
valor descoñecido Editar o valor en Wikidata
Rexente Filipe I de Francia
1060 – 1066
Raíña consorte de Francia
19 de maio de 1051 – 4 de agosto de 1060 Editar o valor en Wikidata
Datos persoais
RelixiónCristianismo Editar o valor en Wikidata
Actividade
Campo de traballoHistoria e casa real Editar o valor en Wikidata
Ocupaciónaristócrata Editar o valor en Wikidata
Outro
TítuloRaíña Editar o valor en Wikidata
FamiliaDinastía Rurícovich Editar o valor en Wikidata
CónxuxeHenrique I de Francia (1051, 1049, 1044 (Gregoriano)–1060)
Raúl IV de Valois Editar o valor en Wikidata
FillosFilipe I de Francia
 () Henrique I de Francia
Hugo de Vermandois
 () Henrique I de Francia Editar o valor en Wikidata
PaisIaroslav I de Kíiv Editar o valor en Wikidata  e Ingegerda de Suecia Editar o valor en Wikidata
IrmánsSabela de Kíiv
Anastasia de Kíiv
Vsevolod I of Kíiv
Iziaslav I de Kíiv
Igor I de Esmolensco
Sviatoslau II de Kíiv
Vladimir de Novgorod
Viacheslau I de Esmolensco Editar o valor en Wikidata
Sinatura Editar o valor en Wikidata

Descrito pola fonteRussian Biographical Dictionary (en) Traducir
Dicionario Enciclopédico Brockhaus e Efron
Pequeno Dicionario Enciclopédico de Brockhaus e Efron Editar o valor en Wikidata
WikiTree: Kiev-1

Ana de Kíiv ou Ana Yaroslavna, nada entre 1024 e 1032 e finada entre 1075 e 1089. Tamén coñecida como Ana de Rus (ou Agnés en Francia) ao longo dos séculos e como Ana de Kíiv desde finais do século XX. Foi a dona de Henrique I de Francia e polo tanto raíña consorte de Francia. Tras a morte do seu marido exerceu como rexente do seu fillo Filipe I de Francia.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Ana foi filla do gran príncipe Iaroslav I o Sabio e a súa dona, a princesa sueca Ingegerd Olofsdotter, filla de Olaf o Tesoureiro.

Tras a morte da raíña Matilde de Frisia, segunda esposa do rei Henrique II de Francia, este buscou unha nova pisto que Francia necesitaba unha raíña. A súa embaixada recorreu as cortes europeas na busca dunha candidata, e foi na corte de Kíiv onde atoparon a Ana, coa que casou na Catedral de Reims o 19 de maio do 1051. Deste matrimonio naceron tres nenos e unha nena:

Fresco da Catedral de Santa Sofía en Kíiv representando ás fillas de Iaroslav I o Sabio. Ana é probablemente a máis nova.

No 1054 produciuse o Cisma de Oriente, evento de mutua excomuñón que separou ao Papa e á cristiandade de Occidente, dos patriarcas e cristiandade de Oriente, especialmente do principal deles, o Patriarca Ecuménico de Constantinopla. Ana pertencía a esta última comunidade, mais seguiu ao seu esposo, que apoiou, como todos os príncipes europeos occidentais, ao Papa. Deste modo Ana perdeu todo contacto coa súa familia.

Ana edificou o mosteiro de San Vicente en Senlis (St. Vincent a Senlis) en 1060. Levou de Rusia a Francia o Evanxelario de Reims, famoso por ser o da consagración dos Reis de Francia.

Foi a primeira raíña de Francia alfabetizada; coñecía a lingua grega e o latín.[1]

Últimos anos

[editar | editar a fonte]

A morte do seu esposo no ano 1060 e o feito de que o seu fillo Filipe contara con 7 anos, levou a Ana á rexencia de Francia, sendo a primeira muller en exercer este cargo na corte francesa. O seu correxente foi o conde Balduíno V de Flandres.

En 1063 casou co conde Raúl III de Valois (Crépy-en-Valois, 1010/1015 - 1074), un dos Capetos, conde de Crépy, Vexin e Amiens. Raúl raptouna no 1062 do misterio de San Vicente, onde ela pretendía tomar os hábitos tras a morte de Henrique. As segundas nupcias encolerizaron á sociedade porque Raúl era un vasalo, mais o matrimonio foi feliz. Cando Raúl finou en 1074, Ana volveu á corte co título de raíña nai.

Despois de 1075 non se sabe nada de Ana. Segundo algunhas fontes Ana finou lonxe do poder o 5 de setembro do 1075 e foi enterrada na abadía de Villiers, La-Ferte-Alais, Essonne. Segundo outras fontes, Ana volveu co seu pai a Kíiv, onde viviu entre 7 ou 8 anos máis ata a súa morte no 1089.

  1. Horne, Alistair (2004). La Belle France. USA: Vintage. pp. 9–10. ISBN 978-1-4000-3487-1. Consultado o 7-12-2010.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]
Predecesor:
Matilde de Frisia
Raíña de Francia
1051-1060
Sucesor:
Berta de Holanda