Amor romántico
O amor romántico é un dos modelos de amor baseados en relacións estables das culturas do moderna, principalmente as occidentais.
O amor romántico é considerado un sentimento diferente e superior ás puras necesidades fisiolóxicas, tales como o desexo sexual ou luxuria, e xeralmente implica unha mestura de desexo, emocional e sexual, dando, porén, máis énfase nas emocións que no pracer físico. As características máis significativas deste tipo de amor confírmanse e difúndense a través de contos literarios, filmes, cancións, debuxos animados e moitas outras fontes formas artísticas e culturais, mesmo con datas sinaladas, como o día dos namorados. É unha especie de afecto que, se presume, debe ser para toda a vida, exclusivo, incondicional e implica un alto grao de dependencia afectiva.
A cultura occidental salientou historicamente o amor romántico máis que outras culturas nas cales os matrimonios "arranxados" ou "de conveniencia" son a regra. Aínda así, a globalización estendeu as ideas occidentais sobre o amor e o romance.
En Galiza Amada Traba e Chis Oliveira na obra ám@me fan unha crítica do amor romántico.[1]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Uxía Castro (14 de febreiro de 2019). "Os 10 mitos do amor romántico na psicoloxía moderna". Sermos Galiza. Arquivado dende o orixinal o 14 de febreiro de 2019. Consultado o 14 de febreiro de 2019.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Amor romántico |