Saltar ao contido

American Horror Story

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

American Horror Story
FormatoTerror
Suspense erótico[1]
Antolóxica
Ficción sobrenatural
Slasher
Comedia negra
Drama[2]
Creado por
Desenvolvido por
Intérpretesvéxase o apartado American Horror Story
Tema de apertura
País de orixeEstados Unidos de América Estados Unidos
Lingua(s)Inglés
Temporadas12
Episodios132 (Lista de episodios)
Produción
Produtor(es)
executivo(s)
Localización(s)
CámaraCámara única
Duración37–73 minutos[3]
Distribuidor20th Television
Emisión orixinal
Canle de orixeFX
Primeiro episodio5 de outubro de 2011
Derradeiro episodiopresente
Na rede
https://www.fxnetworks.com/shows/american-horror-story
IMDB: tt1844624 Allocine: 10001 Rottentomatoes: tv/american_horror_story Metacritic: tv/american-horror-story TV.com: shows/american-horror-story
Facebook: americanhorrorstory Twitter: AHSFX Instagram: ahsfx Youtube: UCw9l1DPgPBMVfdWC8VEdu4w Netlix: 70210884 Editar o valor en Wikidata
editar datos en Wikidata ]

American Horror Story é unha serie de televisión de terror creada e producida por Ryan Murphy e Brad Falchuk. Descrita como unha serie antolóxica, cada temporada está concibida como unha miniserie autónoma que segue a un conxunto dispar de personaxes e escenarios, e unha historia co seu propio principio, nó e desenlace. Algúns elementos do argumento de cada tempada están vagamente inspirados en feitos reais.[4][5][6] Os únicos actores presentes en tódalas tempadas son Evan Peters e Sarah Paulson, xunto con Lily Rabe e Frances Conroy que aparecen en todas agás nunha tempada.

A primeira temporada da serie, logo retitulada como American Horror Story: Murder House, transcorre en 2011 e céntrase na historia da familia Harmon, que se muda de Boston aos Ánxeles a unha mansión encantada polos habitantes anteriores. A segunda temporada, titulada American Horror Story: Asylum, sitúase en 1964 e narra as historias dos pacientes dunha institución para criminais dementes. A terceira temporada titulada American Horror Story: Coven, takes place in Nova Orleáns, Luisiana, durante o ano 2013, e conta a historia dun aquelarre de bruxas que se enfronta a todos aqueles que as queren destruír. A cuarta tempada, subtitulada Freak Show, ten lugar en Jupiter, Florida, durante o ano 1952, céntrase nun dos poucos espectáculos dos horrores que quedan nos Estados Unidos. A quinta tempada, subtitulada Hotel, ten lugar nos Ánxeles, California, durante o ano 2015, e céntrase no persoal e nos residentes dun hotel sobrenatural. A sexta tempada, subtitulada Roanoke, ten lugar en Carolina do Norte entre os anos 2014–16, e céntrase nos eventos paranormais que ocorren nunha illada casa encantada polos mortos da colonia Roanoke. A sétima tempada, subtitulada Cult, ten lugar no suburbio fiticio de Brookfield Heights, Míchigan, durante o ano 2017, e céntrase nunha seita que aterroriza ós residentes despois das eleccións presidenciais dos Estados Unidos de 2016. A oitava tempada, subtitulada Apocalypse, ten lugar na costa oeste durante o ano 2021, e conta a historia dos sobreviventes despois dun holocausto nuclear global.

A serie emítise a través da canle de televisión por cable FX nos Estados Unidos. O 3 de agosto de 2018, a serie foi confirmada para unha décima tempada.[7]

Malia que a recepción das diferentes tempadas foi variado, American Horror Story foi amplamente aclamado polos críticos de televisión, sendo especialmente eloxiado o elenco e as interpretacións, particularmente as de Jessica Lange, que gañou dous Premios Emmy, un Globo de Ouro e un Premio do Sindicato de Actores. Kathy Bates e James Cromwell tamén gañaron cadanseu Premio Emmy polas súas actuacións, xunto con Lady Gaga que recibiu un Globo de Ouro. A serie mantén altos índices de audiencia para a canle FX network, sendo a primeira tempada a serie máis vista en televisión por cable de 2011.

Episodios

[editar | editar a fonte]
Tempada Episodios Emisión orixinal
Inicio Final
  1 Murder House 12 5 de outubro de 2011 21 de decembro de 2011
  2 Asylum 13 17 de outubro de 2012 23 de xaneiro de 2013
  3 Coven 13 9 de outubro de 2013 29 de xaneiro de 2014
  4 Freak Show 13 8 de outubro de 2014 21 de xaneiro de 2015
  5 Hotel 12 7 de outubro de 2015 13 de xaneiro de 2016
  6 Roanoke 10 14 de setembro de 2016 16 de novembro de 2016
  7 Cult 11 5 de setembro de 2017 14 de novembro de 2017
  8 Apocalypse 10 12 de setembro de 2018 14 de novembro de 2018
  9 1984 9 18 de setembro de 2019 13 de novembro de 2019
  10 Double Feature 10 25 de agosto de 2021 20 de outubro de 2021
  11 NYC 11 19 de outubro de 2022 16 de novembro de 2022

Murder House (2011)

[editar | editar a fonte]

A primeira temporada, retroactivamente titulada American Horror Story: Murder House,[8][9][10] trata sobre a infidelidade. A historia acontece en 2011 e está protagonizada pola familia Harmon: o psiquiatra Ben (Dylan McDermott), a súa muller Vivien (Connie Britton) e a súa filla adolescente Violet (Taissa Farmiga). Os Harmon múdanse de Boston aos Ánxeles despois de que Vivien dese a luz un feto morto e Ben tivese unha relación extraconxugal. A familia trasládase a unha mansión restaurada e, axiña, atópanse cos habitantes anteriores da casa, o desfigurado Larry Harvey (Denis O'Hare) e os Langdon: Constance Langdon (Jessica Lange) e os seus dous fillos, Tate (Evan Peters) e Addie (Jamie Brewer). Mentres que Ben e Vivien intentan recuperar a súa relación, Violet, que sofre depresión, atopa consolo en Tate. Os Langdon e Larry inflúen frecuentemente nas vidas dos Harmon, á vez que a familia descobre que a casa está encantada polas pantasmas dos anteriores habitantes.

Asylum (2012–13)

[editar | editar a fonte]
Artigo principal: American Horror Story: Asylum.

A segunda temporada, titulada American Horror Story: Asylum, trata sobre a cordura. A historia sucede en 1964 e protagonízana os pacientes, doutores e monxas que traballan e residen na institución mental Briarcliff, fundada para tratar e albergar criminais dementes. Entre os gardiáns que levan a institución están a severa irmá Jude (Jessica Lange), a súa protexida irmá Mary Eunice (Lily Rabe) e o fundador da institución, monseñor Timothy Howard (Joseph Fiennes). Os doutores encargados de tratar os pacientes no manicomio son o psiquiatra Dr. Oliver Thredson (Zachary Quinto) e o cientítico sádico Dr. Arthur Arden (James Cromwell). Entre os pacientes, moitos dos cales afirman que foron inxustamente institucionalizados, están a xornalista lesbiana Lana Winters (Sarah Paulson), o acusado de asasinatos en serie Kit Walker (Evan Peters) e a presunta asasina Grace (Lizzie Brocheré).

Coven (2013–14)

[editar | editar a fonte]
Artigo principal: American Horror Story: Coven.

Ambientada no ano 2013, a tempada conta a historia das descendentes das bruxas que sobreviviron os xuízos de Salem e os seus problemas para agochar a súa identidade no mundo moderno. Aquelas persoas que comparten esta aflición xenética están sendo sometidos a ataques violentos de forzas externas, como os relixiosos e os cazadores de bruxas. Zoe Benson (Taissa Farmiga), é unha moza adolescente que descoñecía a existencia das bruxas e que descobre a súa identidade como descendente de Salem despois dun violento accidente que provoca a morte do seu mozo. É enviada a un internado para rapazas en Nova Orleáns que busca protexer e gorecer as bruxas novas dos perigos do mundo exterior. Alí, coñece a outras estudantes, como a narcisista estrela do cinema Madison Montgomery (Emma Roberts), a falangueira Queenie (Gabourey Sidibe), e a enigmática Nan (Jamie Brewer), ó tempo que se namora de Kyle Spencer (Evan Peters), un estudante non bruxo. A escola é rexentada pola directora Cordelia Foxx (Sarah Paulson), a xefa do Consello de Bruxas e excéntrica da moda Myrtle Snow (Frances Conroy), e o mordomo mudo Spalding (Denis O'Hare). A nai de Cordelia, Fiona Goode (Jessica Lange), é a Suprema e a máis poderosa das bruxas da súa xeración, aínda que regularmente desatende as súas responsabilidades, para desgusto de Cordelia e a súa rival Myrtle. Despois de que unha multitude descobre e case mata unha joven bruxa que vive nos pantanos chaamada Misty Day (Lily Rabe), Fiona regresa ó internado para garantir a a seguridade das outras mozas, pero tamén para cumprir os seus propios obxectivos ocultos. Os eventos revelan unha longa rivalidade entre as bruxas de Salem e as practicantes de vudú de Nova Orleáns, así como unha desavinza histórica entre a Raíña vudú Marie Laveau (Angela Bassett) e a asasina en serie Delphine LaLaurie (Kathy Bates).

Produción

[editar | editar a fonte]
O que se veu no final foi o remate coa casa Harmon. A segunda tempada da serie estará nunha nova casa ou edificio que enmeigar. Ó igual que este ano, cada tempada desta serie terá un comezo, unha etapa intermedia e un final. [A segunda tempada] non será nos Ánxeles. Obviamemente será en América, mais nunha localización completamente diferente.[11]

—Murphy sobre o formato antolóxido da serie.[12]

Os creadores Murphy e Falchuk comezaron a traballar en American Horror Story antes de que a serie de Fox Glee comezase a produción. Murphy quería facer o oposto ó que fixera con anterioridade e por iso comezou a traballar na serie. Declarou: "Pasei de Nip/Tuck a Glee, así que tiña sentido que quixese facer algo escuro e desafiante. E eu sempre amei, ó igual que Brad, o xénero de terror. Así que foi algo natural para min."[13] Falchuk estaba intrigado pola idea de explorar unha perspectiva diferente no xénero de terror, afirmando que o seu obxectivo principal na creación da serie era arrepiar ós espectadores. "Queres que a xente se desequilibre un pouco despois," declarou.[14]

En febreiro de 2011, FX anunciou oficialmente que encargou o piloto para unha posible serie de Ryan Murphy e Brad Falchuk, cos propios Murphy e Falchuk como guionista e con Murphy como director. Dante Di Loreto foi anunciado como produtor executivo. A produción da serie comezou en abril de 2011.[15] En xullo de 2011, FX anunciou oficialmente que o proxecto se convertería nunha serie.[16]

Dende o comezo, Murphy e Falchuk pensaron que cada tempada da serie debería ser unha historia diferente.[12] Despois da emisión da primeira tempada, Murphy falou da súa intención de cambiar o elenco de actores e a localización para a segunda tempada.[17] Porén, dixo que algúns dos actores que protagonizaron a primeira tempada poderían regresar. "As persoas que regresen intepretarán personaxes, criaturas e monstros completamente diferentes. As historias dos [Harmons] acabaron. As persoas que volverán farán personaxes completamente novas", anunciou.[12] En novembro de 2012, o director executivo de FX, John Landgraf, describiu o formato único da serie dicindo: "A noción de facer unha serie de miniseries antolóxicas cun só elenco foi innovadora, tremendamente exitosa e demostrará ser unha tendencia."[8]

No PaleyFest de 2013, Falchuk comparou a serie cos filmes de terror: "Esixe un pouco de compaixón ó final porque namoras destes personaxes dun xeito diferente a como o farías nun filme," declarou. "Se nun filme queres matar a todos agás a unha persoa, pode sairte coa túa, pero se queres facer unha serie de televisión de terror, tes unha responsabilidade diferente cos personaxes porque a audiencia ten un afecto diferente con eles."[18]

Murphy explicou despois que o proceso de planificación dunha tempada da serie leva arredor dun ano. "Primeiro creamos unha historia e despois creamos as personaxes", dixo. "É unha elenco de compañía, polo que moveremos á xente e, ás veces, non haberá un papel para alguén. Ó igual que cando comezamos [a segunda temporada], realmente non tiña idea de que Dylan [McDermott] sería a persoa que interpretaría ó fillo de Sarah, pero canto máis afondabamos, pensei, funcionaría moi ben."[18]

Nun artigo de 2015 para Entertainment Weekly, Murphy revelou que a serie estaba pensando en producir dúas tempadas. A primeira emitiríase en primavera e a segunda no outono. Explicou, "Estamos a facer algo que nunca antes fixeramos e onde estamos facendo dous grupos diferentes de salas de guionistas. Algúns dos nosos guionistas irán rotando, pero un grupo completamente diferente chegará a finais de agosto. O seguinte que estamos elaborando é moi diferente a [ Hotel ]. Non máis pequeno. Pero simplemente non é opulento. Máis pícaro e máis escuro."[19]

Personaxes

[editar | editar a fonte]

Clave

  • Unha cela gris escuro indica que o actor non apareceu na temporada.
  • Os actores que apareceron en varias temporadas están en orde segundo o número de episodios totais nos que apareceron.
  • Os personaxes que aparecen en cursiva son personaxes recorrentes na temporada correspondente.
Actor Personaxe(s)
Murder House
(2011)
Asylum
(2012)
Jessica Lange Constance Langdon Irmá Jude Martin
Lily Rabe Nora Montgomery Irmá Mary Eunice McKee
Sarah Paulson Billie Dean Howard Lana Winters
Evan Peters Tate Langdon Kit Walker
Zachary Quinto Chad Warwick Dr. Oliver Thredson
Dylan McDermott Dr. Ben Harmon Johnny Morgan
Frances Conroy Moira O'Hara (vella) O anxo da morte / Shachath
Connie Britton Vivien Harmon
Taissa Farmiga Violet Harmon
Denis O'Hare Larry Harvey
Joseph Fiennes Monseñor Timothy Howard
Lizzie Brocheré Grace Bertrand
James Cromwell Dr. Arthur Arden
  1. Droesch, Paul. "American Horror Story (TV Series) 2011". Allmovie. Consultado o 26 de novembro de 2012. 
  2. Droesch, Paul. "American Horror Story TV Series (2011)". AllMovie. Consultado o 13 de decembro de 2015. 
  3. Amazon.com (ed.). "American Horror Story 6 Seasons 2011". Consultado o 24 de xullo de 2016. 
  4. Pehanick, Maggie (24 de abril de 2016). "The True Stories Behind 18 American Horror Story Characters". Popsugar.com. Consultado o 8 de maio de 2016. 
  5. Wood, Lucy (18 de outubro de 2015). "DID YOU KNOW THESE AMERICAN HORROR STORY PLOTLINES ARE BASED ON TRUE EVENTS?". Sugarscape.com. Consultado o 8 de maio de 2016. 
  6. Gennis, Sadie (20 de outubro de 2015). "The Real-Life Inspirations Behind American Horror Story: Hotel". TV Guide. Consultado o 8 de maio de 2016. 
  7. Andreeva, Nellie (3 de agosto de 2018). "‘American Horror Story’ Renewed For Season 10 by FX". Deadline. Consultado o 13 de agosto de 2018. 
  8. 8,0 8,1 de Moraes, Lisa (15 de novembro de 2012). The Washington Post, ed. "FX picks up third season of 'American Horror Story'". Consultado o 15 de novembro de 2012. 
  9. Lesley Goldberg (15 de novembro de 2012). "FX Renews 'American Horror Story' for Third Season". The Hollywood Reporter. 
  10. Harnick, Chris (15 de novembro de 2012). "'American Horror Story' Renewed: FX Orders Season 3 With Jessica Lange". The Huffington Post. Consultado o 15 de novembro de 2012. 
  11. Traducido do orixinal: "What you saw in the finale was the end of the Harmon house. The second season of the show will be a brand-new home or building to haunt. Just like this year, every season of this show will have a beginning, middle and end. [The second season] won't be in L.A. It will obviously be in America, but in a completely different locale".
  12. 12,0 12,1 12,2 Mullins, Jenna (22 de decembro de 2011). E! Online, ed. "American Horror Story Season Two Scoop: New House and (Mostly) New Faces". NBCUniversal. Consultado o 12 de novembro de 2015. 
  13. Stack, Tim (5 de outubro de 2011). Entertainment Weekly, ed. "'American Horror Story' co-creator Ryan Murphy talks premiere, his favorite scene, and identity of Rubber Man – EXCLUSIVE". Consultado o 10 de novembro de 2015. 
  14. Juergens, Brian (3 de outubro de 2011). "Ryan Murphy and Brad Falchuk Talk "American Horror Story": Blood, Infidelity, and Zachary Quinto". NewNowNext. Consultado o 12 de novembro de 2015. 
  15. Fienberg, Daniel (17 de febreiro de 2011). "FX orders 'American Horror Story' from 'Glee' pair". HitFix. Arquivado dende o orixinal o 01 de xullo de 2015. Consultado o 17 de febreiro de 2011. 
  16. The Futon Critic, ed. (18 de xullo de 2011). "FX Orders "American Horror Story" to Series". Futon Media. Consultado o 10 de novembro de 2015. 
  17. Itzkoff, Dave (22 de decembro de 2011). The New York Times, ed. "'American Horror Story' Will Scare Up a New Cast and New Haunted Home for Season 2". Consultado o 10 de novembro de 2015. 
  18. 18,0 18,1 Luna, Keri (19 de marzo de 2013). "American Horror Story Creators, Cast Tease Season 3". Spinoff.ComicBookResources.com. Arquivado dende o orixinal o 07 de maio de 2013. Consultado o 21 de abril de 2013. 
  19. Stack, Tim (27 de agosto de 2015). Entertainment Weekly, ed. "There could be TWO seasons of American Horror Story in 2016". Consultado o 27 de agosto de 2015. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]