Saltar ao contido

Amarelo

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

O amarelo ou marelo é unha cor cunha lonxitude de onda comprendida entre as faixas 565 nm e 590 nm do espectro de cores visibles. Pódese considerar unha mestura entre as cores vermella e verde. O amarelo é a cor complementaria do azul; o pigmento amarelo absorbe a luz azul.
O amarelo é unha das cores primarias.

Coordenadas aproximadas da cor

[editar a fonte]
Triplete hexadecimal #ffff00
RGB (r, g, b) ( 255, 255, 0 )
CMYK (c, m, y, k) ( 0, 0, 100, 0 )
HSV (h, s, v) ( 60, 100, 100)

Uso, simbolismo e expresións coloquiais

[editar | editar a fonte]
  • É considerado o máis expansivo entre os matices, así como o que máis atrae aos ollos. A exploración do seu uso ten unha grande importancia na obra de Vincent van Gogh.
  • O amarelo era a cor símbolo do Emperador da China, e por consecuencia, da Monarquía chinesa.
  • En moitos países, os taxis son de cor amarela. Esta práctica, aparentemente comezou en Nova York, por mor de Harry N. Allen que pintou o seu vehículo de cor amarela, logo de saber que esta cor era a máis visible a distancia.
  • A cor amarela, no teatro seica dá mala sorte polo contratempo que tivo Moliere, que morreu ó ve-la súa obra Tartufo representada, e onde abundaban no decorado elementos desa cor.
  • A cor amarela tamén acostuma a se usar en moitos países nas "páxinas amarelas", que son directorios telefónicos de compañías.
[editar | editar a fonte]
  • Nin bo Xan, nin bo Pedro, nin boi marelo por riba do rego.
  • A do refaixo amarelo/ vai na popa do navío,/ téndeme conta con ela,/ que non se caia no río.
  • Aínda que estou aquí cantando,/ triste está o meu corazón;/ téñocho máis amarelo/ que unha casca de limón.
  • Maruxiña, Maruxiña,/ a do refaixo amarelo;/ se te atopo no camiño/ non che ha de valer ‘non quero’.
  • Miña nai e maila túa/ van á feira a Paradela/ vende-lo becerro branco/ e maila vaca amarela.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]
  • Gran Enciclopedia Galega, Vigo 2003, tomo 2 s. v. amarelo.

Outros artigos

[editar | editar a fonte]

Lista de cores