Amanda Peet
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 11 de xaneiro de 1972 (52 anos) Nova York, Estados Unidos de América |
Residencia | Manhattan Beverly Hills |
Relixión | Xudaísmo e cristianismo |
Educación | Universidade Columbia Friends Seminary (en) HB Studio |
Cor dos ollos | Azul |
Actividade | |
Ocupación | actriz de televisión, actriz de teatro, escritora, actriz de cinema, produtora de televisión |
Período de actividade | 1995 - |
Profesores | Uta Hagen |
Familia | |
Cónxuxe | David Benioff (2006–) |
Nai | Penny Peet |
Descrito pola fonte | Obálky knih, |
|
Amanda Peet, nada en Nova York o 11 de xaneiro de 1972, é unha actriz estadounidense.
Biografía
[editar | editar a fonte]Comezos
[editar | editar a fonte]O seu pai, Charles Peet, era un avogado cuáquero, e a súa nai, Penny Levy, unha traballadora social xudía. Graduouse en historia na Universidade de Columbia. Foi nesa época cando acudiu ós obradoiros de Uta Hagen e decidiu ser actriz. Durante os 4 anos que duraron as clases apareceu na obra de Clifford Odets Awake and sing.
Carreira profesional
[editar | editar a fonte]A primeira aparición de Peet na televisión foi un anuncio para a marca Skittles. Entre os seus primeiros traballos destaca un papel na serie Law & Order. Debutou no cine con Animal room (1995). Daquela a súa carreira baseábase en películas de cine independente.
O seu primeiro papel importante foi Jack na serie Jack & Jill (1999), que durou 2 tempadas. Tamén apareceu na oitava tempada de Seinfeld, onde interpretaba a unha camareira do local onde actuaba Seinfeld. O primeiro papel de Amanda nunha película publicitada foi en 2000, con The Whole Nine Yards, elevando o seu nivel ó dunha estrela. Ese ano foi elixida unha das 50 mulleres máis belas pola revista People. Amanda apareceu tamén na película Tres pailáns e unha bruxa (2001) con Jack Black e Steve Zahn. Tamén en Cando menos o esperas (2003), onde facía de filla de Diane Keaton e amante de Jack Nicholson.
En 2005, Peet apareceu na obra teatral This how it goes, onde conseguiu un papel que disputaba con Marisa Tomei. Ese mesmo ano apareceu nas películas Syriana, co seu marido na ficción Matt Damon, e A Lot Like Love , con Ashton Kutcher. En febreiro de 2006 actuou en Broadway na obra Barefoot in the park, de Neil Simon. Peet tamén estivo no elenco de actores da serie Studio 60, onde coincidiu con Matthew Perry, ó que coñecera en The Whole Nine Yards e The Whole Ten Yards, e tamén con Sarah Paulson, á que coñecera en Jack & Jill. Na serie, Amanda é a nova presidenta da NBS. En 2006 tamén participou con Dermot Mulroney en Griffin and Phoenix, onde interpreta unha paciente terminal que vive os seus últimos días ó límite. En 2007 rodou The Ex, con Zach Braff, onde dá vida a unha avogada que queda na casa para coidar do seu fillo.
Filmes
[editar | editar a fonte]Ano | Película | Rol | Notas |
---|---|---|---|
1995 | Animal Room | Debbie | |
1996 | One Fine Day | ||
She's the One | |||
Winterlude | |||
Virginity | |||
1997 | Touch Me | Bridgette | |
Grind | Patty | ||
Sax and Violins | |||
1998 | Playing by Heart | Amber | |
Southie | Marianne Silva | ||
Origin of the Species | Julia | ||
1999 | Body Shots | Jane Bannister | |
Two Ninas | Nina Harris | ||
Jump | Lisa | ||
Simply Irresistible | Chris | ||
2000 | Whipped | Mia | |
The Whole Nine Yards | Jill | ||
Isn't She Great | Debbie | ||
2001 | Saving Silverman | Judith Fessbeggler | |
2002 | Igby Goes Down | Rachel | |
Changing Lanes | Cynthia Delano Banek | ||
High Crimes | Jackie | ||
2003 | Cando menos o esperas | Marin | |
Identidade | Paris | ||
2004 | The Whole Ten Yards | Jill | |
2005 | Syriana | Julia Woodman | |
A Lot Like Love | Emily Friehl | ||
Melinda y Melinda | Susan | ||
2006 | Griffin and Phoenix | Sarah Phoenix | |
2007 | The Ex | Sofia Kowalski | |
The Martian Child | Harlee |