Amanda Lear
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 18 de xuño de 1939 (85 anos) Cidade Ho Chi Minh |
Datos persoais | |
Residencia | Saint-Étienne-du-Grès Nell Gwynn House (en) Hotel La Louisiane (en) |
País de nacionalidade | Francia |
Educación | Escola de Arte de Saint Martin Academia de Belas Artes |
Altura | 175 cm |
Cor dos ollos | Castaño |
Cor do pelo | Louro |
Actividade | |
Ocupación | cantante , presentadora de televisión |
Período de actividade | 1965 - |
Xénero artístico | Música disco, música pop, new wave, música para bailar, Eurodance (pt) , música rock, pop dance, Euro Disco (pt) , Jazz e Italo Disco (pt) |
Influencias | |
Lingua | Lingua francesa, lingua italiana e lingua inglesa |
Instrumento | Voz |
Selo discográfico | Ariola Records |
Obra | |
Obras destacables
| |
Familia | |
Cónxuxe | Alain-Philippe Malagnac (1979–2000) |
Parella | Salvador Dalí (–valor descoñecido) Brian Jones (pt) (1966–1969) |
Premios | |
Páxina web | amandalear.com |
|
Amanda Lear, nada como Tap ou Tapp[1] en 1939,[2][3][4][5][6] é unha cantante, letrista, pintora, presentadora de televisión, actriz e modelo francesa.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]As orixes de Lear non están claras, e a cantante deu diferentes informacións sobre a súa ascendencia e mantivo o seu ano de nacemento en segredo para o seu marido.[7] Discutiuse o seu ano e lugar de nacemento, o xénero que se lle asignou ao nacer, os nomes e a nacionalidade do seu pai e o lugar onde creceu. A maioría das fontes indican o 18 de xuño de 1939[4][8] ou o 18 de novembro de 1939 como o seu nacemento, incluída GEMA. Porén, o seu ano de nacemento foi dado como 1941,[9] 1946,[10] e 1950. Durante unha entrevista en 2010 para o xornal francés Libération, Lear amosou o seu carné de identidade ao xornalista, e leu "nada o 18 de novembro de 1950 en Saigón".[11] Non obstante, a data parece fabricada, xa que os rexistros públicos indican que comezou a universidade en setembro de 1964 e que casou en decembro de 1965. Georges Claude Guilbert indica que "a maioría dos biógrafos cren que naceu en 1939, aínda que ela poida declarar o contrario".[3]
Como lugar de nacemento, as versións máis cribles son Saigón e Hong Kong,[7] mais tamén se rumorearon lugares como Singapur, Suíza ou Transilvania. Ela dixo que foi a única filla dos seus pais, que despois se divorciaron.[12] A maioría das fontes, incluído o certificado de voda de 1965 do rexistro de Chelsea,[13] confirman que o seu pai era oficial do exército francés (posiblemente de orixe británica). A súa nai parece que tiña ascendencia rusa-asiática.[14] Segundo a General Register Office for England and Wales, o seu nome de nacemento é Tap.[15][16][13][17][15][18] Segundo a república francesa, o seu nome de nacemento é Tapp.[1][19] Nunha entrevista en 1976 con Carmen Thomas para unha televisión alemá, Lear confirmou que o seu pai era británico e a súa nai rusa e que ambos xa faleceran.[20] Porén, posteriormente afirmou que a súa nai tiña ascendencia francesa.[7]
Lear comezou a súa carreira profesional como modelo a mediados da década de 1960, e traballou con Paco Rabanne ou Ossie Clark, outros artes. Coñeceu o pintor surrealista Salvador Dalí, e continuou a ser unha amiga achegada e a súa musa durante os seguintes quince anos. Lear fíxose coñecida para o público por ser a modelo na carátula do álbum de Roxy Music For Your Pleasure en 1973. Dende mediados da década de 1970 a principios da década de 1980 vendeu un millón de discos, especialmente en Europa continental e Escandinavia, con Ariola Records. Os seus primeiros catro álbums valéronlle unha gran popularidade, entrando no top 10 nas listaxes europeas, incluído Sweet Revenge (1978). Os seus grandes éxitos foron "Blood and Honey", "Tomorrow", "Queen of Chinatown", "Follow Me", "Enigma (Give a Bit of Mmh to Me)", "The Sphinx" e "Fashion Pack".
A mediados da década de 1980, Lear convereuse nunha personalidade dos medios italianos, onde presentou moitos programas de televisión. Aínda que a televisión tivo prioridade sobre a actividade musical,[21] continuou a gravar, experimentando con diferentes xéneros e tratando de revivir a súa carreira volvendo a gravar e mesturar éxitos anteriores. Ademais, desenvolveu unha carreira con éxito na pintura,[22] que describiu como a súa gran paixón,[23] e expuxo regularmente as súas obras en galerías de toda Europa dende os anos oitenta.[24][25] Escribiu varias autobiografías, como My Life with Dalí.
Dende a década de 1990, dividiu o seu tempo entre a música, a televisión, os filmes e a pintura. A pesar de publicar álbums regularmente, non volveu ter grande éxito na música, mentres que a súa carreir televisiva continuou a ser estelar, presentando numerosos programas de televisión en primetime, especialmente en Italia e Francia, facendo tamén aparicións ocasionais en series de televisión e filmes. A finais da década de 2000, Lear reinventouse como actriz de teatro, interpretando obras en Francia. Segundo indicou, vendeu máis de 27 millóns de discos en todo o mundo.[26] Lear é amplamente recoñecida como icona gay.[27][28]
Discografía
[editar | editar a fonte]- 1977: I Am a Photograph
- 1978: Sweet Revenge
- 1979: Never Trust a Pretty Face
- 1980: Diamonds for Breakfast
- 1981: Incognito
- 1982: Ieri, oggi
- 1983: Tam-Tam
- 1985: A L
- 1986: Secret Passion
- 1989: Uomini più uomini
- 1989: Tant qu'il y aura des hommes
- 1989: Super 20
- 1991: The Collection
- 1993: Cadavrexquis
- 1995: Alter Ego
- 1998: Back in Your Arms
- 2001: Heart
- 2003: Tendance
- 2005: Forever Glam!
- 2005: Sings Evergreens
- 2006: The Sphinx – Das Beste aus den Jahren 1976–1983
- 2006: With Love
- 2009: Brief Encounters
- 2009: Brand New Love Affair
- 2012: I Don't Like Disco
- 2014: My Happiness
- 2016: Let Me Entertain You
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ 1,0 1,1 "Nominations dans l'Ordre des Arts et Lettres de juillet 2006". Ministère de la Culture et de la Communication (en francés). Consultado o 6 de xuño de 2010.
- ↑ Rosato, Federica (11 de abril de 2020). "Amanda Lear: chi è, età, carriera, curiosità e vita privata". ilcorrieredellacitta.com (en italiano). Arquivado dende o orixinal o 22 de xaneiro de 2021. Consultado o 15 de xaneiro de 2021.
- ↑ 3,0 3,1 Guilbert, Georges-Claude (2018). Gay Icons : The (Mostly) Female Entertainers Gay Men Love. Jefferson, North Carolina: McFarland & Company, Inc. p. 101. LCCN 2018019336.
- ↑ 4,0 4,1 "Amanda Lear". IMDb.
- ↑ Renard, Patrick (xuño de 2013). "Amanda Lear travestie" (PDF). Jukebox magazine (318). p. 28. Arquivado dende o orixinal (PDF) o 13 de outubro de 2019.
- ↑ Duchamp, Marcel (2003). Marcel Duchamp & [et] Salvador Dalí (en francés). París, Bordeos: association pour l'étude de Marcel Duchamp. p. 18. OCLC 718104990.
- ↑ 7,0 7,1 7,2 D'Souza, Christa (23 de xaneiro de 2001). "Why would I want to kill my husband?". The Daily Telegraph. Consultado o 16 de marzo de 2013.
- ↑ "Amanda Lear". Rotten Tomatoes.
- ↑ Anthony, Andrew (24 de decembro de 2000). "The bizarre career of Amanda Lear (At the court of Queen Lear)". The Observer. Consultado o 6 de xuño de 2010.
- ↑ Neidhart, Didi (24 de febreiro de 2002). "Amanda Lear - In Every Dreamhome A Heartache". Skug.at (en alemán). Consultado o 16 de xullo de 2018.
- ↑ Dahan, Eric (16 de agosto de 2010). "Drôle de dame". Libération (en francés). Arquivado dende o orixinal o 14 de maio de 2019. Consultado o 19 de febreiro de 2020.
- ↑ Lear (1985), p. 10.
- ↑ 13,0 13,1 Gibson, Ian (1998). "14: Amanda Lear and Other Extravagances". The Shameful Life of Salvador Dalí. Nova York: W.W. Norton & Company. ISBN 0-393-04624-9.
- ↑ Duchossoy, Anne-Claire. "Biographie Amanda Lear". Music-Story.com (en francés). Arquivado dende o orixinal o 10 de xullo de 2013. Consultado o 1 de xuño de 2013.
- ↑ 15,0 15,1 General Register Office for England and Wales. 4 5A. Chelsea, Londres, General Register Office, Southport, Inglaterra. 1837–2005. p. 1452.
- ↑ "Index entry". FreeBMD. ONS. decembro de 1965. Consultado o 2 de marzo de 2020.
- ↑ Antonelli, Carla (2003). "Pierrot-Memorias Trans Capitulo 2º". Carla Antonelli.com (en castelán). Consultado o 25 de xaneiro de 2013.
- ↑ Fallowell, Duncan; Ashley, April (1982). April Ashley's Odyssey. Londres: Jonathan Cape. ISBN 0224018493. LCCN 82145047. OCLC 9491739. Arquivado dende o orixinal o 18 de novembro de 2019. Consultado o 29 de xullo de 2021.
- ↑ Renaud Donnedieu de Vabres (24 de xullo de 2006). Arrêté portant promotion ou nomination dans l'ordre des Arts et des Lettres. Ministerio de Cultura (Francia): República Francesa. Consultado o 2 de marzo de 2020.
- ↑ Webtélé Amanda Lear (28 de abril de 2011). "Amanda Lear - Interview "3nach9" (29 de maio de 1976)". YouTube (en inglés e alemán). Consultado o 25 de agosto de 2012.
- ↑ Monica Romanò (2002). "Le trasformazioni di Amanda" (en italiano). gqonline.it. Arquivado dende o orixinal o 02 de abril de 2003. Consultado o 2018-12-28.
- ↑ Weidemann, Carsten (2007-02-15). "Amanda Lear zeigt ihre Malerei" (en alemán). queer.de. Consultado o 2018-12-28.
- ↑ Pantella, Marco (22 de outubro de 2014). "An Interview with Amanda Lear". The Ground. Arquivado dende o orixinal o 14 de xullo de 2018. Consultado o 14 de xullo de 2018.
- ↑ "Eventi Mostre. Sogni Miti Colori 07/06/2008-30/06/2008". Eventi e sagre.it (en italiano). Pietrasanta (LU), Toscana. Consultado o 28 de febreiro de 2013.
- ↑ "A Londra le esclusive opere di Amanda Lear in mostra con artisti talentuosi". Spoleto Arte.it (en italiano). 10 de maio de 2017. Consultado o 15 de xullo de 2018.
- ↑ Finos, Arianna (28 de xullo de 2016). "La regina Lear: "Che orrore la disco music, quanta robaccia ho fatto ma non-ho più rimpianti"". la Repubblica (en italiano). Consultado o 23 de xullo de 2018.
- ↑ "Amanda Lear : l'icône disco en 10 infos croustillantes". Puretrend.com (en francés). 27 de xuño de 2014. Consultado o 15 de xullo de 2018.
- ↑ "Amanda Lear is back!" (en polaco). innastrona.pl. 2003. Arquivado dende o orixinal o 2 de setembro de 2006. Consultado o 29 de decembro de 2018.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Amanda Lear |
Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Cann, Kevin (2010). David Bowie – Any Day Now – The London Years: 1947–1974. Bicester: Adelita. ISBN 978-0-95520-177-6. OCLC 1020536375. Arquivado dende o orixinal o 12 de setembro de 2017. Consultado o 25 de marzo de 2011.
- Fallowell, Duncan; Ashley, April (1982). April Ashley's Odyssey. Londres: Jonathan Cape. ISBN 0224018493. LCCN 82145047. OCLC 9491739. Arquivado dende o orixinal o 18 de novembro de 2019. Consultado o 29 de xullo de 2021.
- Gibson, Ian (1997). The Shameful Life of Salvador Dali. Nova York: W. W. Norton. ISBN 0393046249. OCLC 1074378942. Gibson.
- Haag, Romy; Schacht, Martin (1999). Eine Frau und mehr (en alemán). Berlín: Quadriga. ISBN 3886793281. OCLC 47260127.
- Lear, Amanda (1985). My Life with Dalí. Londres: Virgin Books. ISBN 0-86369-095-5.
- Quin, Élisabeth (2007). Bel de nuit, Gérald Nanty (en francés). París: Éditions Grasset. ISBN 9782246693413. OCLC 470792050.
Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Páxina oficial
- Official art website (en italiano)
- Official channel at YouTube
- Official VEVO channel at YouTube
- Official channel at Dailymotion