Amadou & Mariam
Amadou & Mariam | |
---|---|
Mariam Doumbia e Amadou Bagayoko ó vivo | |
Orixe | Bamaco, Malí |
Período | 1974 - actualidade |
Xénero(s) | Worldbeat e música tradicional de Malí |
Selo(s) discográfico(s) | Because Music e Nonesuch Records |
Membros | Amadou Bagayoko Mariam Doumbia |
Na rede | |
Amadou-Mariam.com | |
Amadou & Mariam é un dúo musical de Malí composto por Amadou Bagayoko (guitarrista e cantante) e por Mariam Doumbia (cantante).
Traxectoria
[editar | editar a fonte]O dúo, coñecido como "a parella cega de Malí", coincidiu no instituto para mozos cegos no que estudaron. Entre 1974 e 1980, Amadou formou parte do grupo Les Ambassadeurs du Hotel. Nese último ano, a parella contraeu matrimonio e comezou a facerse notar no ámbito musical. Pola súa banda, Amadou continuou coa súa exitosa carreira como solista e dirixiu ós programas musicais do instituto para cegos. Porén, será o ano 1985 cando acaden un importante recoñecemento internacional, facendo xiras por Burkina Faso.
No 2003 fan unha colaboración co artista Manu Chao, quen produce o seu disco Dimanche à Bamako. No 2006, participaron na gravación de "Celebrate the day", o himno oficial do Mundial de Fútbol de Alemaña xunto con Herbert Grönemeyer.
O seu oitavo álbum musical chamado Folila saíu á venda o 2 de abril do 2012.
Discografía
[editar | editar a fonte]Álbums musicais
[editar | editar a fonte]- Se Te Djon Ye (1998)
- Sou ni tilé (1999)
- Tje Ni Mousso (2000)
- Wati (2002)
- Dimanche à Bamako (2004)
- Welcome to Mali (2008)
- Folila (2012)
Recompilacións
[editar | editar a fonte]- Je pense à toi: The Best of Amadou & Mariam (2005)
- 1990–1995 Le Meilleur des Années Maliennes (2006)
- Paris Bamako (DVD + CD 12 titres live) (2007)
- The Magic Couple: The Best of Amadou & Mariam 1997–2002 (2009)