Saltar ao contido

Altiplano de Siberia Central

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:Xeografía físicaAltiplano de Siberia Central
Imaxe
Tipocordilleira
Russian Large Landscape (en) Traducir
upland (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Situado na entidade xeográficaSiberia Editar o valor en Wikidata
Localización
ContinenteAsia Editar o valor en Wikidata
División administrativaRusia Editar o valor en Wikidata
Mapa
 68°N 95°L / 68, 95
CordilleiraPlanalto Putorana (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Características
Altitude1.701 m Editar o valor en Wikidata
Tamaño2.000 (ancho) × 2.000 (lonxitude) km
Punto máis altoMount Kamen (en) Traducir Editar o valor en Wikidata  (1.701 m Editar o valor en Wikidata )
Superficie3.500.000 km² Editar o valor en Wikidata

O altiplano de Siberia Central (en ruso: Среднесиби́рское плоского́рье, en iacut: Орто Сибиир хаптал хайалаах сирэ) é unha rexión xeográfica siberiana formada por un conxunto de mesetas pouco elevadas que se atopan entre os ríos Ienisei e Lena.[1] Cobre dous terzos de Siberia.[2]

Ten unha extensión de máis de 3 500 000 km² e a parte máis elevada é a meseta de Putorana que chega ata os 1700 m.[3] É unha rexión cun clima hostil, continental e frío e, aínda que posúe unha considerable riqueza mineral, mantívose practicamente deshabitada.

A maior parte do territorio está cuberto por bosques de coníferas. O río máis importante do altiplano é o río Tunguska Inferior. O clima é continental, con veráns curtos e cálidos e longos invernos moi fríos.

Administrativamente, pertence á Federación Rusa, concretamente á república de Sakha, o óblast de Irkutsk e o krai de Krasnoiarsk.

Xeografía

[editar | editar a fonte]

O altiplano de Siberia Central está limitado, ao norte pola chaira de Siberia Setentrional en que se atopa a chaira pantanosa Taimyr; ao sur polos diferentes macizos montañosos de Siberia meridional, como os montes Saian e as montañas Baikal que bordean o lago Baikal; ao oeste polo río Ienisei, que a separa da chaira de Siberia Occidental; ao leste, pola chaira de Iacutia Central, pola que discorre o curso baixo do río Lena. Ao leste do río sitúase a cordilleira Verkhoiansk, que pertence ás montañas de Siberia Oriental.

Está constituída principalmente por mesetas e cadeas montañosas claramente separadas, cunha altitude media de entre 500 e 700 m, pero con algúns subconxuntos que superan os 1000 m. O altiplano culmina na súa parte central a 1044 m, no suroeste aos 1104 m (dentro das montañas do Ienisei) e ao nordés na meseta do Viliui, que separa as concas do río Oleniok e do río Lena, a 962 m. O punto máis alto do altiplano está localizado no noroeste dos montes Putorana (1701 m).

Xeoloxía

[editar | editar a fonte]

O altiplano forma parte da Traps Siberianas, rexión xeolóxica creada por unha importante erupción volcánica hai uns 500 millóns de anos entre os períodos Pérmico e Triásico. O altiplano é rico en recursos minerais e enerxéticos: ouro, diamantes, ferro, carbón, petróleo e gas natural.

O altiplano está cuberto principalmente pola taiga, que cara ao norte vai sendo substituída pola tundra e a tundra boscosa. Esta última caracterízase pola vexetación a nivel do chan de musgos, fieitos e arbustos.

  1. Среднесибирское плоскогорье (Central Siberian Plateau) Arquivado 27 de xullo de 2020 en Wayback Machine. / Great Russian Encyclopedia; in 35 vol.] / Ch. ed. Yu.S. Osipov . - M .: Great Russian Encyclopedia, 2004—2017.
  2. "The Central Siberian Plateau". Encyclopædia Britannica. Consultado o 13-07-2007. 
  3. Russia. Topographic map R-45,46; M 1: 1 000 000

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]