Alternaria
Alternaria | |||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Alternaria sp. | |||||||||||||||
Clasificación científica | |||||||||||||||
| |||||||||||||||
Especies | |||||||||||||||
Moitas, véxase abaixo |
Alternaria é un xénero de fungos ascomicetos, cuxas especies son coñecidas como importantes patóxenos vexetais. Son tamén alérxenos comúns en humanos, desenvolvéndose no interior de construcións e causando febre do feo, rinite alérxica ou reaccións de hipersensibilidade que por veces levan á asma. Facilmente causan infeccións oportunistas en persoas inmunocomprometidas, como doentes con SIDA.
Existen 299 especies neste xénero;[1] son ubicuas no ambiente e son unha parte natural da flora fúnxica en case calquera lugar, sendo axentes normais de decomposición. As esporas transpórtanse polo ar e poden atoparse no solo e na auga, así coma no interior de habitacións ou en obxectos. As esporas son singulares ou poden formar longas cadeas. Poden desenvolverse en colonias espesas, xeralmente de cor negra ou cinsenta.
Polo menos o 20% da deterioración de produtos agrícolas é causada por especies de Alternaria. Moitos problema de saúde en humanos poden ser causados por estes fungos, os cales se desenvolven na pel e nas membranas mucosas, incluíndo os ollos e o tracto respiratorio. As alerxias son comúns, mais as infeccións serias son raras, excepto en persoas con sistema imunitario comprometido. Porén, as especies deste xénero producen frecuentemente produtores prolíficos de varios compostos tóxicos. Os efectos da maioría destes compostos na saúde animal e vexetal non son ben coñecidos. Os termos alternariose e alternariotoxicose son usados para os problemas causados por fungos deste xénero en humanos e animais.
Non todas as especies de Alternaria son pragas e patóxenos; algunhas mostraron potencial como axentes biolóxicos no control de especies invasoras.
Especies
[editar | editar a fonte]- Alternaria alternata - causa o mildio da pataqueira e manchas en follas de Withania somnifera[2] podendo infestar moitas outras plantas. Causa tamén infeccións do tracto respiratorio superior en doentes con SIDA, asma en persoas con sensibilidade, e foi implicada na rinosinusite crónica.
- Alternaria arborescens - causa antracnose do talo da tomateira.
- Alternaria arbusti - causa lesións nas follas da pereira Nashi (Pyrus pyrifolia).
- Alternaria blumeae - causa lesións en Blumea aurita.
- Alternaria brassicae - infesta moitos vexetais e roseiras.
- Alternaria brassicicola - infesta brasicáceas (Brassicaceae).
- Alternaria carotiincultae - causa mildio da folla da cenoura.
- Alternaria conjuncta - infesta a cahrouvía e plantas do xénero Pastinaca.
- Alternaria dauci - infesta a cenoura.
- Alternaria euphorbiicola - infesta cultivos de coles.
- Alternaria infectoria - infesta o trigo
- Alternaria molesta - pode causar lesións na pel de toniñas.
- Alternaria panax - causa mildio en ginseng
- Alternaria petroselini - causa mildio nas follas da perixel
- Alternaria selini - ataca o perixel
- Alternaria solani - causa mildio en tomateiras e pataqueiras.
- Alternaria smyrnii - infesta esminios e perixeis.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Kirk PM, Cannon PF, Minter DW, Stalpers JA. (2008). Dictionary of the Fungi. 10th ed. Wallingford: CABI. p. 22. ISBN 0-85199-826-7.
- ↑ http://www.springerlink.com/content/y3pv174017281824/ Arquivado 25 de setembro de 2019 en Wayback Machine. Pati, P.K., Sharma, M., Salar, R.K., Sharma, A., Gupta, A.P., and Singh, B. (2008). Studies on leaf spot disease of Withania somnifera and its impact on secondary metabolites. Indian Journal of Microbiology. 48: 432-437
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Alternaria |
Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Alternaria en Infojardín.com (en castelán)
- Alternaria Online Arquivado 01 de setembro de 2006 en Wayback Machine. (en inglés)
- Galería de fotos Arquivado 17 de xuño de 2018 en Wayback Machine. (en inglés)
- Información en Mycology Online' (en inglés)
- Información na Universidade de California (en inglés)
- Información na Universidade de Minnesota (en inglés)
- Alerxia a fungos, Alternaria (en castelán)