Saltar ao contido

Alphonse Daudet

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaAlphonse Daudet

Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento(fr) Louis Marie Alphonse Daudet Editar o valor en Wikidata
13 de maio de 1840 Editar o valor en Wikidata
Nîmes, Francia Editar o valor en Wikidata
Morte16 de decembro de 1897
París, Francia Editar o valor en Wikidata
Causa da morteSífilis Editar o valor en Wikidata
Lugar de sepulturaCemiterio do Père-Lachaise, 26
Grave of Alphonse Daudet (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
ResidenciaClamart Editar o valor en Wikidata
Actividade
Campo de traballoTranslations from Occitan (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Ocupaciónescritor, autobiógrafo, guionista, prosista, novelista, dramaturgo, poeta, escritor de contos Editar o valor en Wikidata
Período de actividade1859 Editar o valor en Wikidata -
Membro de
Xénero artísticoPoesía, conto e drama Editar o valor en Wikidata
Influencias
Pseudónimo literarioPiccolo Editar o valor en Wikidata
Obra
Obras destacables
Arquivos en
Familia
CónxuxeJulia Daudet Editar o valor en Wikidata
FillosLéon Daudet, Lucien Daudet, Edmée Daudet Editar o valor en Wikidata
PaisVincent Daudet Editar o valor en Wikidata  e Adeline Daudet Editar o valor en Wikidata
IrmánsAnna Daudet
Ernest Daudet
Henri Daudet Editar o valor en Wikidata
Cronoloxía
20 de decembro de 1897Funeral (Sainte-Clotilde Church (en) Traducir) Editar o valor en Wikidata
Premios
Sinatura Editar o valor en Wikidata

Descrito pola fonteSvensk uppslagsbok
Grande Enciclopedia Soviética (1926—1947)
Pequeno Dicionario Enciclopédico de Brockhaus e Efron Editar o valor en Wikidata
IMDB: nm0202264 Allocine: 37039 Allmovie: p308785 IBDB: 4102
BNE: XX1150666 Bitraga: 141 Musicbrainz: 587f63de-8afe-422f-9d47-2c632f36125e Discogs: 582663 IMSLP: Category:Daudet,_Alphonse WikiTree: Daudet-2 Find a Grave: 256 Editar o valor en Wikidata


Alphonse Daudet, nado en Nîmes o 13 de maio de 1840 e finado en París o 16 de decembro de 1897, foi un escritor francés.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Alphonse Daudet naceu no seo dunha familia burguesa da Provenza. O seu pai posuía unha fábrica de bufandas mais ao quebrar o negocio en 1848 a familia trasladouse a Lión. En 1856 Daudet tivo que interromper os seus estudos e comezou a traballar como mestre en Alès durante uns meses, ata que o 1 de novembro de 1857 marchou a vivir co seu irmán Ernest a París.

Daudet comezou a escribir poemas, que recolleu en Les Amoureuses (1858), obra que lle deu unha certa celebridade. Conseguiu un emprego en Le Figaro, e entre 1860 e 1865 traballou como secretario do duque de Morny, ministro de Napoleón III. Trala súa morte Alphonse conságrase case por enteiro a escribir e o ano seguinte publica no xornal l'Evénement, logo dunha viaxe pola súa Provenza natal, Cartas desde o meu muíño co título de Crónicas provinciais, no que retrata en forma de contos as tradicións, a paisaxe e os costumes provenzais e que gozaron de gran popularidade antes da súa aparición en libro en 1869. En 1868 edita Le petit chose, novela autobiográfica na que evoca a súa experiencia como mestre. A novela non tivo éxito, pero si o conseguiu en 1872 con Aventures prodigieuses de Tartarin de Tarascon.

Durante a guerra franco-prusiana Daudet alistouse no exército e participou na defensa de París (1870), asediada polas tropas prusianas, e a súa experiencia bélica quedou reflectida en varios relatos seus.

Daudet foi un escritor próximo ao naturalismo, cun estilo cheo de luz e cor e cun lene humor lírico, evitando sempre o pesimismo. Dende 1884 sufriu unha enfermidade incurable, con dores noite e día, que soportou con estoicismo ata a súa morte.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]