Saltar ao contido

Alakrana

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Alakrana
Historial
Estaleiro Astilleros de Murueta S.A. (Murueta)
Tipo Atuneiro
Operador Echebastar Fleet S.L.[1]
Porto de rexistro Bermeo (Biscaia)
Botado 23 de xullo de 2005[2]
Características xerais
Eslora 104,3 m[1]
Manga 15,4 m
Propulsión 1 motor diésel
Potencia 6.160 cv
Velocidade 18 nós
Tripulación 31 persoas
Capacidade 26 cubas para 2.686 m³ de peixe

O Alakrana é un buque de pesca atuneiro conxelador español,[3] propiedade da empresa Echebastar fleet S.L., que ten o seu porto de rexistro en Bermeo (Biscaia) e que foi construído polos Astilleros de Murueta S.A., de Murueta.

Historial

[editar | editar a fonte]

Primeiro intento de secuestro

[editar | editar a fonte]

O 3 de setembro de 2009, conseguiu eludir un intento de secuestro cando navegaba a 495 millas de Somalia.[4]

Secuestro

[editar | editar a fonte]
Artigo principal: Secuestro do Alakrana.

O Alakrana foi secuestrado por piratas o 3 de outubro de 2009,[5] ben a 413 millas das costas do sur de Somalia (segundo algunhas fontes), ben a 120 millas náuticas (por tanto dentro da ZEE de Somalia) segundo sentenza da Audiencia Nacional;[6] en calquera caso o buque faenaba lonxe da zona protexida pola Operación Atalanta,[7][8] dentro da zona de seguridade en augas internacionais segundo algunhas fontes,[9] e, en augas somalís segundo outras.[6] No seu auxilio acudiu a fragata Canarias, que levantou áncora o 10 de agosto de Rota (Cádiz) para incorporarse á Operación Atalanta, canda outras forzas españolas.[5]

O 17 de novembro de 2009, tras 47 días de secuestro, o Alakrana foi liberado previo pago dun rescate duns 4 millóns de dólares.[10]

Durante a liberación, os helicópteros das fragatas Canarias e Méndez Núñez intentaron sen éxito capturar os últimos piratas que abandonaron o buque, chegando incluso a disparar contra eles. Así mesmo, e do mesmo xeito que ocorreu co Playa de Bakio, tivo de evitarse que fose recapturado por outros piratas doutro clan.[11]

Tras a liberación, o Alakrana dirixiuse ás Illas Seychelles escoltado polas dúas fragatas,[11] arribando a Port Victoria o 20 de novembro de 2009.

A consecuencia do secuestro, a lei española foi modificada o 2 de novembro de 2009[12] para permitir aos vixilantes de seguridade empregar armamento de até 12,70 mm nos buques con bandeira española, sempre que este sexa adquirido a fabricantes ou distribuidores asentados en España. En cambio, nas embarcacións doutras bandeiras si que está permitida a presenza a bordo de militares e a tenencia de armamento superior ao regrado para barcos españois.[13][14][15]

  1. 1,0 1,1 "ALAKRANA". Arquivado dende o orixinal o 28 de novembro de 2009. Consultado o 17 de novembro de 2009. 
  2. Sinaval2007 Arquivado 24 de setembro de 2015 en Wayback Machine. Consultado o 30 de xullo de 2014.
  3. Rexistro de buques (en inglés)
  4. "El "Alakrana" elude un ataque pirata" europapress.es Consultado o 30 de xullo de 2014.
  5. 5,0 5,1 "Trece piratas con lanzagranadas y fusiles controlan el buque 'Alakrana'" El País. Consultado o 30 de xullo de 2014.
  6. 6,0 6,1 Sentencia nº 10/2011 de la Sección Cuarta, Sala de lo Penal de la Audiencia Nacionalp.8, arquivado do orixinal o 2 de novembro de 2013. Consultado o 12 de xullo de 2018
  7. "Defensa dice que el barco secuestrado faenaba 'lejos' de la zona protegida" El Mundo. Consultado o 30 de xullo de 2014.
  8. Ministerio de Defensa. "Misiones en curso. Operaciones con unidades.". Arquivado dende o orixinal o 11 de setembro de 2009. Consultado o 9 de novembro de 2009. ATALANTA - Aguas de Somalia 
  9. ""El Alakrana estaba dentro del área de seguridad; está claro que la operación "Atalanta" hace agua"". Noticias de Gipuzkoa. Arquivado dende o orixinal o 10 de decembro de 2011. Consultado o 30 de xullo de 2010. 
  10. Diario de Navarra Arquivado 11 de decembro de 2011 en Wayback Machine. "Zapatero anuncia el fin del secuestro del 'Alakrana'". Consultado o 30 de xullo de 2014.
  11. 11,0 11,1 El Mundo "Así fue liberado el 'Alakrana'". Consultado o 30 de xullo de 2014.
  12. BOE do 2 de novembro do 2009: Arquivado 22 de novembro de 2009 en Wayback Machine. Orden PRE/2914/2009, de 30 de octubre, que desarrolla lo dispuesto en el Real Decreto 1628/2009, de 30 de octubre, por el que se modifican determinados preceptos del Reglamento de Seguridad Privada, aprobado por Real Decreto 2364/1994, de 9 de diciembre, y del Reglamento de Armas, aprobado por Real Decreto 137/1993, de 29 de enero
  13. El Correo (ed.). "Ocho atuneros embarcarán ex militares de élite desde el viernes para protegerse". Arquivado dende o orixinal o 03 de decembro de 2009. Consultado o 30 de xullo de 2014. 
  14. El Correo (ed.). "Las gestiones para liberar al 'Alakrana' se aceleran al cumplirse una semana de secuestro". Arquivado dende o orixinal o 12 de decembro de 2009. Consultado o 30 de xullo de 2014. 
  15. Público (ed.). "Un atunero vasco repele un nuevo ataque pirata en el Índico". Consultado o 30 de xullo de 2014. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]