Al-Khujandi
Biografía | |
---|---|
Nacemento | (fa) ابومحمود حامد بن خضر خجندی c. 940 Khujand (Califato Abbásida) |
Morte | c. 1000 (59/60 anos) |
Relixión | Islam |
Actividade | |
Campo de traballo | Matemáticas e astronomía |
Ocupación | matemático, astrónomo, astrólogo |
Empregador | Dinastia Buyida (pt) |
Abu Mahmud Hamid ibn al-Khidr Al-Khujandi, nado en Khudzhand, hoxe Tadjiikistán, contra o 940 e finado no 1000, foi un astrónomo persa que axudou a construír un observatorio en Ray, preto de Teherán.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Os poucos feitos coñecidos sobre a súa vida proveñen dos seus escritos e dos comentarios de Nasir al-din al-Tusi. Al-Khujandi era un dirixente da tribo mongol da rexión de Khudzhand e, polo tanto, de orixe nobre. Khudzhand está na beira do río Syrdarya no val de Fergana e foi capturada polos árabes no século VIII.
Al-Khujandi traballou baixo a dirección da dinastía Buwayhid de Ray. O emir Fakhr ad-Dawlah axudouno a construír un sextante xigantesco en 994 para o seu observatorio. Nese momento, os científicos árabes acreditaban que, canto maior for un instrumento maior era a súa precisión. O sextante mural de Al-Khujandi foi deseñado por el mesmo e incluía como novidade unha escala que indicaba segundos.
Utilizouno en 994 para observar unha serie de tránsitos solares preto dos solsticios. Coas observacións feitas en xuño e decembro calculou a oblicuidade da eclíptica e a latitude de Ray e publicounas en Sobre a oblicuidade da elíptica e as latitudes das cidades.