Alícuota
Aparencia
A alícuota[1] é a parte que está contida nun todo un número exacto de veces.[2] En ocasións funciona como termo sinónimo de parte proporcional.
En matemáticas
[editar | editar a fonte]- Parte alícuota, divisor propio dun enteiro
- Suma alícuota, a suma das partes alícuotas dun enteiro
- Secuencia alícuota, unha secuencia de enteiros onde cada número é suma alícuota do número anterior.
En música
[editar | editar a fonte]- Cordas alícuotas, o uso de cordas que non se tocan pero que resoan simpaticamente coas notas tocadas.
- Rexistro alícuota, un rexistro de órgano que engade armónicos ou sobretons en lugar do ton primario
En ciencias
[editar | editar a fonte]- Alícuota dunha mostra, en química e outras ciencias, é a porción exacta ou a cantidade total dun líquido ou sólido. Alícuota en laboratorio, en xeral é a parte que se toma dun volume ou masa iniciais, para ser usada nunha proba, cuxa composición e propiedades físico-químicas representan as da substancia orixinal.
- Alícuota en farmacia, un método para medir ingredientes por debaixo da sensibilidade da escala por dilución proporcional con ingredientes coñecidos inactivos
- Alícuota do xenoma, o problema de reconstruír un xenoma ancestral a partir dos xenomas de descendentes poliploides
Outros usos
[editar | editar a fonte]Alén do significado xeral, por exemplo, repartir algo en partes iguais ou proporcionais, alícuota, ten significados tamén nos eidos da pesca e acuicultura, no dereito e administración pública ou no sistema público de agrimensura en varios países,
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "Dicionario". Real Academia Galega. Consultado o 2022-02-12.
- ↑ "bUSCatermos". aplicacions.usc.es. Arquivado dende o orixinal o 14 de febreiro de 2022. Consultado o 2022-02-12.