Afirmación
Aparencia
A Afirmación é, xunto coa negación e a dúbida, unha das tres modalidades da enunciación oracional tradicionalmente consideradas.
Calquera enunciado sen marca ningunha de modalidade é de seu afirmativo. Agora ben, é posible salientar mediante marcas o carácter afirmativo: Si, heicho traer.
A afirmación serve frecuentemente para responder secuencias interrogativas. A resposta afirmativa absoluta considerada máis tradicional en galego é a que consiste na repetición do verbo:
- -¿Fostes a cas de Bruno?
- -Fomos
Outras posibles respostas a esa pregunta serían:
- -Fomos, si
- -Si, ho
- -Abofé que si
- -Xaora
- -Efectivamente