Aeroporto de Pittsburgh
Aeroporto de Pittsburgh Pittsburgh International Airport
| |||
---|---|---|---|
Sumario | |||
Tipo | público/militar | ||
Propietario | Condado de Allegheny | ||
Operador | Allegheny County Airport Authority | ||
Cidade/Illa | Pittsburgh | ||
Elevación (msnm) | 367 metros / 1 204 pés | ||
Coordenadas | |||
Web | |||
Pista(s) | |||
Dirección | Longo | Superficie | |
metros | pés | ||
10R/28L | 3 505 | 11 500 | formigón |
10C/28C | 3 284 | 10 775 | asfalto/formigón |
10L/28R | 3 201 | 10 502 | asfalto/formigón |
14/32 | 2 469 | 8 101 | formigón |
Estatísticas (2017) | |||
Pasaxeiros | 8 988 016[1] |
O aeroporto internacional de Pittsburgh (IATA: PIT, OACI: KPIT), anteriormente coñecido como aeroporto internacional de Greater Pittsburgh, é un aeroporto civil e militar estadounidense situado nos suburbios de Pittsburgh, Pensilvania. Está situado nos municipios de Findlay e Moon no condado de Allegheny, a uns 30 quilómetros ao oeste do centro de Pittsburgh.
Foi construído para substituír o aeroporto do condado de Allegheny, máis preto da cidade pero demasiado pequeno para poder manexar o crecente número de pasaxeiros. A construción do novo aeroporto comezou en 1946 e inaugurouse en 1952. Co paso das décadas o tráfico de pasaxeiros foise incrementando, especialmente cando US Airways estableceu un dos seus principais centros de conexións e ampliou os seus servizos domésticos e internacionais dende o aeroporto.
No ano 1987 o condado e a autoridade aeroportuaria levou a cabo unha gran mellora de case 1 000 millóns de dólares a petición de US Airways, que tiña un importante centro de conexións e asumiu gran parte dos gastos. As novas instalacións inauguráronse en 1992. A comezos do novo século as aeroliñas comezaron a ter problemas polos cambios nas condicións da economía, e US Airways comezou a reducir as súas operacións locais, cambiando por Filadelfia e Charlotte. Esta redución de voos cara ao final da década levou ao peche parcial de dous vestíbulos do aeroporto.
Dende o ano 2015 o aeroporto tivo éxito atraendo aeroliñas de baixo custo, como Allegiant Air, Frontier Airlines e Spirit Airlines, xunto coas compañías internacionais Condor Flugdienst e WOW air.
O aeroporto de Pittsburgh é o máis concorrido do oeste de Pensilvania e o segundo do estado tras o aeroporto de Filadelfia. No ano 2017 pasaron polas súas instalacións un total de 8 988 016 pasaxeiros.[1]
Aeroliñas e destinos
[editar | editar a fonte]Pasaxeiros
[editar | editar a fonte]Carga
[editar | editar a fonte]Aeroliñas | Destinos
|
---|---|
FedEx Express | Indianapolis, Memphis, Newark |
FedEx Feeder | State College |
Qatar Airways Cargo | Doha, Luxemburgo[16] |
UPS Airlines | Columbus-Rickenbacker, Detroit, Louisville, Filadelfia |
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ 1,0 1,1 The Times (ed.). "Nearly nine million passengers used Pittsburgh International Airport in 2017". Consultado o 25 de marzo de 2018.
- ↑ TrivLive (ed.). "Pittsburgh International Airport to get nonstop flights to Montreal". Consultado o 25 de marzo de 2018.
- ↑ Alaska Airlines (ed.). "Flight Timetable". Consultado o 25 de marzo de 2018.
- ↑ Pittsburgh Business Times (ed.). "Allegiant Air adds Dominican Republic flights". Consultado o 25 de marzo de 2018.
- ↑ Apple Vacations (ed.). "Pittsburgh, PA Flight Schedule". Consultado o 25 de marzo de 2018.
- ↑ Condor (ed.). "Timetable". Consultado o 25 de marzo de 2018.
- ↑ 7,0 7,1 Delta Air Lines (ed.). "Flight Status & Schedules". Consultado o 25 de marzo de 2018.
- ↑ Elite Airways (ed.). "Route map". Arquivado dende o orixinal o 02 de decembro de 2017. Consultado o 25 de marzo de 2018.
- ↑ 9,0 9,1 9,2 Pittsburgh International Airport (ed.). "OneJet announces new routes from PIT to Palm Beach, Kansas City and Memphis". Consultado o 25 de marzo de 2018.
- ↑ Southern Airways Express (ed.). "Routes". Consultado o 25 de marzo de 2018.
- ↑ Travel Agent Central (ed.). "Southwest Launches New Flights to Cancun in 2018 Schedule". Consultado o 25 de marzo de 2018.
- ↑ Spirit Airlines (ed.). "Where we fly". Consultado o 25 de marzo de 2018.
- ↑ 13,0 13,1 United Airlines (ed.). "Timetable". Arquivado dende o orixinal o 28 de xaneiro de 2017. Consultado o 25 de marzo de 2018.
- ↑ Vacation Express (ed.). "Flight Schedule". Consultado o 25 de marzo de 2018.
- ↑ WOW air (ed.). "Route map". Arquivado dende o orixinal o 30 de xaneiro de 2017. Consultado o 25 de marzo de 2018.
- ↑ Pittsburgh Post-Gazette (ed.). "Qatar Airways freighter service airlines cargo flights Pittsburgh International Airport". Consultado o 25 de marzo de 2018.